Unha charanga, murga ou fanfarra[1], é unha agrupación musical formada por instrumentos de percusión, vento-metal e vento-madeira que adoita realizar actuacións ao aire libre.
Características
As charangas xurdiron en Galiza a comezos do século XX influenciadas pola aparición das bandas de música. As bandas substituíron nas preferencias do público á tradicional figura do gaiteiro acompañado de tambor, o seu éxito introduciu na música popular galega novos instrumentos como: o bombo, o clarinete, o requinto ou o saxofón. A mestizaxe entre as novas tendencias musicais e as xa presentes orixinou a creación de novedosas agrupacións de músicos. Naceron así, entre outros, o moi popular cuarteto de gaita, clarinete, caixa e bombo, e a charanga, onde os gaiteiros tocaban xunto a saxofonistas e clarinetistas.[2]
A composición da charanga varía en función dos músicos. Normalmente están constituídas por bombo e caixa como instrumentos de percusión e diferentes instrumentos de vento: saxofón, trompeta, trombón, clarinete, gaita,etc. O número de músicos e menor que nas bandas, o que lles concede unha maior versatilidade e uns requirimentos económicos máis reducidos.[3] Por estes motivos as charangas acostuman ser contratadas polas comisións de festas para a animación de todo tipo de seráns, marchas, festas patronais ou procesións relixiosas[4].
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Ligazóns externas
Música, canto e baile tradicional de Galicia |
---|
| Agrupacións | | |
---|
Pezas | |
---|
Instrumentos | Vento | |
---|
Percusión | |
---|
Popularizados | |
---|
| |
---|
|
---|
|
---|
| Alalás | | |
---|
Infantís | |
---|
Narrativos | |
---|
Relixiosos | |
---|
de Festas | |
---|
de Traballo | |
---|
|
---|
| Soltos | | |
---|
| |
---|
De festas e traballos | |
---|
|
---|
| |
---|
Glosario | |
---|