O alalá é un canto individual, pausado e de carácter melancólico, característico da tradición popular galega.
Características
O alalá está composto por coplas octosilábicas dispostas en estrofas de tres ou catro versos que finalizan coa repetición cantada da sílaba "la": ailalá, ailalá. Esta pensado para o canto en solitario, se ben en tempos recentes engadíronselle frases instrumentais de gaita ou zanfona. As letras adoitan ser de temática seria e a interpretación é un valor de suma importancia que, ao seren de ritmo libre, favorece a improvisación e a presenza de melismas.[1]
O alalá é considerado pola maioría dos autores como a forma de música tradicional galega máis antiga e característica. A súa orixe non está totalmente clara, pero a teoría máis aceptada é que están relacionados co canto gregoriano. Os alalás utilizábanse para alixeirar as tarefas, para harmonizar o ritmo do traballo ou para anunciala presenza dos traballadores ambulantes, polo que están na orixe doutros xéneros como os cantos de arrieiro, cantos de oficios ou os cantos de andar o camiño. Ao igual que no caso das regueifas, chegaron a celebrarse competicións de alalás, o que dá idea da súa importancia na cultura popular.[2]
Perfecto Feijoo (1858-1935), fundador do primeiro coro galego "Aires da Terra", foi un gran compilador e intérprete de alalás. Tamén o zanfonista ourensán Faustino Santalices recuperou, e gravou en disco, moitos cantos que poderían terse perdido.[3]
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
Música, canto e baile tradicional de Galicia |
---|
| Agrupacións | | |
---|
Pezas | |
---|
Instrumentos | Vento | |
---|
Percusión | |
---|
Popularizados | |
---|
| |
---|
|
---|
|
---|
| Alalás | | |
---|
Infantís | |
---|
Narrativos | |
---|
Relixiosos | |
---|
de Festas | |
---|
de Traballo | |
---|
|
---|
| Soltos | | |
---|
| |
---|
De festas e traballos | |
---|
|
---|
| |
---|
Glosario | |
---|