Os cantos das labradas son cantos de traballo cos que en Galiza se acompañaban tradicionalmente as labradas colectivas das leiras, nos meses de abril e maio.[1]
Características
Durante o proceso da labranza primaveral dos terreos entoábase, cando menos nas comarcas do sur de Pontevedra, un conxunto de cantos para acompañaren o traballo. Deste xeito, as labradas non eran só un labor agrario senón tamén unha festa. A celebración permitía esquecer por momentos a dureza da tarefa, alén de fortalecer as relacións entre os membros da colectividade.
Nos cantos das labradas inclúense cantos que abranguen todo o ciclo de preparación das veigas:
O cantar de arada,[3] cantares que se botan ao marcar os regos co arado.
A aña,[4] un cantar que se botaba ao remate dunha competencia amigábel entre dous grupos de labregos. O grupo vencedor, o que primeiro remataba a súa parte, gañaba a aña, é dicir o dereito a cantarlle ao outro grupo cantigas de escarnio. Os cantos da aña acompañábase dos petos das pedras contra os sachos a ritmo de muiñeira ou xota e, nalgúns lugares, daban lugar a un baile na propia veiga, o baile das labradas.[5]
O agradecemento,[6] finalizado o traballo era tradición que o "amo", o dono da leira labrada, ofrecese aos veciños unha merenda campestre durante a que botaban cantigas en agradecemento polo banquete.
En xuño, a veciñanza volvíase xuntar para sachar o veiga, é dicir, rarear o millo e remover as malas herbas. Para esta ocasión volvían a existir cantigas específicas: os cantos de sachadas.[7]
Notas
“
'
Viva o noso amo d'hoxe,
que é un ramo d'alegria
Que nos puxo de comer-e,
Ai!!! A gusto de señoría.
”
—Cantar de agradecemento
↑Camafeita, Olga (2001). "Cantos de labradas". A música popular en Galicia(PDF). Proxecto de fin de carreira (Universidade de Vigo).
↑Carpintero, Pablo. "Ferramentas agrícolas". Os Instrumentos Musicais na Tradición Galega. Consello da Cultura. Consultado o 2021-04-08.
↑Camafeita, Olga (2001). "Cantar de arada". A música popular en Galicia(PDF). Proxecto de fin de carreira (Universidade de Vigo).
↑Camafeita, Olga (2001). "Aña". A música popular en Galicia(PDF). Proxecto de fin de carreira (Universidade de Vigo).
↑Camafeita, Olga (2001). "Baile das labradas". A música popular en Galicia(PDF). Proxecto de fin de carreira (Universidade de Vigo).
↑Camafeita, Olga (2001). "Agradecemento". A música popular en Galicia(PDF). Proxecto de fin de carreira (Universidade de Vigo).