Causa Galiza foi unha organización política galega de carácter independentista e socialista. Fundouse no ano 2012 e en 2014 reconverteuse en partido político. Disolveuse en 2023.
Historia
O 31 de outubro de 2015, 9 integrantes de Causa Galiza foron arrestados baixo a acusación de seren membros de Resistência Galega, unha organización cualificada coma terrorista, e sinalados por "glorificaren o terrorismo".[1] Así, en 2016 a Audiencia Nacional suspendeu a organización durante un ano por apoiaren "actividades terroristas".[2]
Causa Galiza relegalizouse en 2016[3], aínda que o proceso xudicial continúa aberto. Ante esta situación, os militantes desta organización e doutros grupos independentistas que se atopan nunhas circunstancias semellantes (caso de Ceivar), comezaron a campaña "Independentismo Galego em Pé", co obxectivo de recoller apoios ante a súa posíbel ilegalización definitiva, que a fiscalía segue a reclamar[4][5][6]. Esta campaña conseguiu o apoio de múltiples organizacións galegas, incluíndo ao Bloque Nacionalista Galego (BNG), Anova-Irmandade Nacionalista ou a Confederación Intersindical Galega (CIG)[7].
Causa Galiza non concorreu coas súas propias siglas en ningún proceso electoral, aínda que si fixo recomendacións de voto en varias ocasións. En particular, nas eleccións xerais de novembro de 2019 e nas eleccións galegas de 2020 o partido deu o seu apoio ao BNG[8].
O 18 de abril de 2023 anuciou a súa disolución por "debilitamento orgánico" e a constitución dun foro de debate.[9]
Ideoloxía
De acordo cos principios básicos da propia organización, o principal obxectivo de Causa Galiza é lograr un estado galego plenamente independente que permita que o país transite cara a un novo modelo socioeconómico. No plano lingüístico o partido apoia as teses reintegracionistas.[10][11]
Notas
Véxase tamén
Outros artigos
Ligazóns externas
|
---|
Partidos políticos | |
---|
Sindicatos | |
---|
Organizacións armadas | |
---|
Asociacións xuvenís e de estudantes | |
---|
Movementos sociais | |
---|