A Súa Alteza Real
Catarina de Gales (2023) |
Nome orixinal | (en) Catherine Elizabeth, Princess of Wales |
---|
|
Nacemento | (en) Catherine Elizabeth Middleton 9 de xaneiro de 1982 (42 anos) Royal Berkshire Hospital, Reino Unido (en) |
---|
|
Princesa de Gales (pt) |
---|
9 de setembro de 2022 – ← Camila de Cornualles |
|
|
Residencia | Adelaide Cottage (pt) (2022–) Anmer Hall (pt) (2013–2018) Palacio de Kensington (2012–2022) Castelo de Windsor |
---|
Educación | Universidade de St Andrews - historia da arte (–2005) St Andrew's School, Pangbourne (en) (1986–) British Institute of Florence (en) Marlborough College (pt) Downe House (en) Port Regis School (en) |
---|
Altura | 175 cm |
---|
Cor dos ollos | Verde |
---|
Cor do pelo | Cabelo castaño |
---|
|
Lugar de traballo | Palacio de Kensington |
---|
Ocupación | empresaria, filántropa, socialité, aristócrata |
---|
Instrumento | Piano |
---|
|
|
29 de abril de 2011 | Casamento de Guilherme de Gales e Catarina Middleton (pt) |
| 2011 royal tour of Canada (en) |
| Lista de viagens oficiais ao exterior feitas por Guilherme, Príncipe de Gales, e Catarina, Princesa de Gales (pt) |
|
|
Título | Princesa de Gales (pt) (2022–) Duchess of Cornwall (en) (2022–) Duquesa de Cambridge (pt) (2011–) Countess of Strathearn (en) (2011–) |
---|
Familia | Casa de Windsor e Família de Catherine, Princesa de Gales (pt) |
---|
Cónxuxe | Guillerme de Cambridge (2011–) |
---|
Fillos | Xurxo de Cambridge, Carlota de Cambridge, Lois de Cambridge |
---|
Pais | Michael Middleton e Carole Middleton |
---|
Irmáns | Pippa Middleton James Middleton |
---|
Parentes | Arthur Matthews, sobriño Grace Matthews, sobriña Edith Eliza Chandler, bisavó |
---|
|
|
29 de abril de 2011 | Casamento de Guilherme de Gales e Catarina Middleton (pt)
|
|
|
|
Sinatura |
|
|
|
|
Descrito pola fonte | Lentapedia |
---|
Sitio web | royal.uk… |
---|
|
Catarina, duquesa de Cambridge, nada como Catherine Elizabeth Middleton, en Reading, Berkshire, o 9 de xaneiro de 1982, é a esposa do príncipe Guillerme, duque de Cambridge. Antes do seu matrimonio, era coñecida popularmente como Kate Middleton.
Primeiros anos
Catherine foi a primeira filla de tres irmáns nacida de Michael Middleton (nado en 1949) e Carole Goldsmith (nada en 1955). Os seus irmáns son Pippa Middleton e James Middleton.
A duquesa Catarina creceu no condado de Berkshire. Asistiu a Marlborough College e posteriormente ingresou na Universidade de St Andrews. Alí coñeceu ao príncipe Guillerme no ano 2001, quen tamén se atopaba estudando na mesma universidade. Empezaron a saír xuntos en 2003 e, aínda que tiveron unha breve ruptura en 2007, retomaron a súa relación.
Matrimonio e descendencia
A duquesa e Guillerme de Cambridge, entón coñecido coma Príncipe Guillerme anunciaron o seu compromiso en outubro de 2010.
A voda celebrouse o 29 de abril de 2011, onde a sùa irmá, Pippa Middleton, foi a dama de honra. A voda foi moi comentada nos medios e retransmitida en directo en moitos países.
O 3 de decembro de 2012 anunciouse publicamente que a Duquesa de Cambridge estaba embarazada, esperando o seu primeiro fillo.[1] O príncipe George de Cambridge (George Alexander Louis)[2][3][4] naceu en Londres, o 22 de xullo de 2013[5][6], é o terceiro na liña de sucesión ao trono británico, despois do seu avó e seu pai, aos tronos de 16 estados independentes, aínda que residirá principalmente e estará directamente ligado ao Reino Unido, o máis antigo destes dominios.
O 2 de maio de 2015 naceu a súa segunda filla, a princesa Carlota de Cambridge.[7]
O 23 de abril de 2018 naceu o seu terceiro fillo, o príncipe Lois de Cambridge.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos