Caroline Lucretia Herschel

Modelo:BiografíaCaroline Lucretia Herschel

(1829) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento16 de marzo de 1750 Editar o valor en Wikidata
Hannover, Alemaña Editar o valor en Wikidata
Morte9 de xaneiro de 1848 Editar o valor en Wikidata (97 anos)
Hannover, Alemaña Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaGartenfriedhof (en) Traducir, 193 52°22′11″N 9°44′50″L / 52.36978, 9.74735 Editar o valor en Wikidata
ResidenciaInglaterra (1772–) Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoAstronomía Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónastrónoma, cantante, matemática, violinista Editar o valor en Wikidata
EmpregadorReino Unido Editar o valor en Wikidata
Membro de
Obra
Arquivos en
Familia
PaisIsaac Herschel Editar o valor en Wikidata  e Anna Ilse Moritzen Editar o valor en Wikidata
IrmánsWilliam Herschel Editar o valor en Wikidata
Premios

Descrito pola fonteDictionary of National Biography, 1885–1900 (en) Traducir
Allgemeine Deutsche Biographie (pt) Traducir
Obálky knih, Editar o valor en Wikidata
Páxina webfembio.org… Editar o valor en Wikidata
WikiTree: Herschel-15 Find a Grave: 35074377 Editar o valor en Wikidata

Caroline Lucretia Herschel, nada en Hannover o 16 de marzo de 1750 e finada o 9 de xaneiro de 1848, foi unha famosa astrónoma alemá.

Traxectoria

Irmá do famoso William Herschel, tamén astrónomo, compartiu con el unha auto-educación científica. Caroline descubriu varios novos cometas, en particular o de tipo periódico 35P/Herschel-Rigollet, que leva o seu nome. No outono de 1772 reuniuse en Inglaterra co seu irmán, que se establecera como profesor de música en Bath. A partir de aí cooperaron nas investigacións astronómicas e os seus deberes profesionais: ela era a cantante principal nos concertos do oratorio, acadando tanta sona que lle foi ofertada unha invitación para o festival de Birmingham, que declinou.

No 1782 o seu irmán aceptou ser o astrónomo real de Xurxo III de Inglaterra. Carolina foi a súa asistente nas observacións, executando asemade os laboriosos cálculos relacionados con elas. A súa diversión principal era escrutar o ceo cun pequeno telescopio newtoniano. Foi así como detectou no 1783 tres nebulosas, e entre 1786 e 1797 oito cometas, en cinco dos que ten incuestionable prioridade, entre eles o Cometa Encke. O primeiro deles, descuberto o 1 de agosto de 1786, foi tamén o primeiro descuberto por unha muller. O ano seguinte comezou a ser asalariada real polo seu traballo de asistente, o que a converteu na primeira muller recoñecida oficialmente como científica. No 1797 presentou á Royal Society un índice de observacións de John Flamsteed, xunto cun catálogo de 561 estrelas omitidas accidentalmente no British Catalogue, e unha lista de erratas dese catálogo.

Volceu a Hannover no 1822 trala morte do seu irmán, pero xa non abandonou os seus estudos astronómicos, e no 1828 completou a redución comezada en xaneiro de 1800, de 2.500 nebulosas descubertas polo seu irmán. No 1828 a Royal Astronomical Society outorgoulle a medalla de ouro, e no 1835 elixiuna membro honorario. No 1846 recibiu a medalla de ouro do Rei de Prusia.

O asteroide 281 Lucretia foi nomeado polo seu segundo nome, e un cráter lunar no Sinus Iridium foi nomeado Caroline Herschel na súa honra.

Véxase tamén

Bibliografía

  • Daniel Roberto Altschuler e Fernando J. Ballesteros (2016). Las mujeres de la Luna. Historias de amor, dolor y valor. Editorial: Next Door Publishers e Jot Down Books (Colección El café Cajal). ISBN: 978-84-944435-4-1
  • Irene Cívico e Sergio Parra (2018). Las chicas son de ciencias. 25 científicas que cambiaron el mundo Penguim Random House. ISBN 978-84-9043-882-4.

Outros artigos