Caroline Criado-Perez

Modelo:BiografíaCaroline Criado-Perez

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento11 de xuño de 1984 Editar o valor en Wikidata (40 anos)
Brasil Editar o valor en Wikidata
EducaciónKeble College (en) Traducir - Licenciatura
London School of Economics
Oundle School (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoFeminismo, Estudos de xénero, language and gender (en) Traducir, xornalismo e mercadotecnia Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónxornalista, escritora, feminista Editar o valor en Wikidata
MovementoFeminismo Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables
Premios

Sitio webcarolinecriadoperez.com Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm5785648 Twitter: CCriadoPerez BNE: XX6102360 Editar o valor en Wikidata

Caroline Emma Criado Perez, nada no Brasil en 1984, é unha xornalista e activista feminista británica. A súa primeira campaña nacional, o proxecto Women's Room, buscaba que as mulleres expertas estivesen mellor representadas nos medios de comunicación. Opúxose á eliminación da única muller nos billetes británicos, o que levou ao rápido anuncio do Banco de Inglaterra de que a imaxe de Jane Austen aparecería no billete de 10 libras esterlinas en 2017.[1] Esa campaña xeroulle un acoso sostido na súa conta de Twitter e doutras mulleres, polo que a rede social anunciou plans para mellorar os seus procedementos de denuncia. A súa campaña máis recente foi promover a colocación da estatua da sufraxista Millicent Fawcett no Parliament Square, inaugurada en abril de 2018, como parte das celebracións do centenario da obtención do sufraxio feminino no Reino Unido.

Traxectoria

Infancia e educación

Nada no Brasil, a súa nai é unha enfermeira inglesa que traballou con Médicos Sen Fronteiras en varias misións de axuda humanitaria, e o seu pai é un empresario arxentino e director xeral da cadea de supermercados Safeway no Reino Unido.[2][3] A familia viviu en varios países durante a súa infancia, incluíndo España, Portugal e Taiwán, así como o Reino Unido.[3] Cando tiña 11 anos, o seu pai trasladouse aos Países Baixos e ela foi a un internado, a Escola Oundle, onde sufriu acoso escolar.[3][4]

Criado pasou un ano na universidade en Londres, e logo abandonou un curso de historia.[5] Tendo desenvolvido paixón pola ópera durante a súa adolescencia, quixo converterse en cantante de ópera,[6] e varios traballos sufragaron as súas clases de canto.[3] Traballou en mercadotecnia dixital durante algúns anos, e logo estudou para obter un título en Literatura Inglesa. Conseguiu un posto para estudar Lingua e Literatura Inglesa en Keble College, Oxford,[6] e graduouse na Universidade de Oxford en 2012.[3] O estudo da lingua e o xénero e un libro da lingüista Deborah Cameron sobre a relación do xénero cos pronomes, levou a Criado a converterse en feminista.[5]

Foi subcampioa no concurso de escritura para estudantes da Biblioteca de Londres en 2012.[7] Dende entón, traballou como editora dun portal de información e redes da industria farmacéutica, e en 2013 cursou un máster en Estudos de xénero da London School of Economics.[3][8]

Nun perfil de xuño de 2013 da xornalista Cathy Newman para o seu blog no xornal The Daily Telegraph, Criado comentou: "a cultura na que vivimos está feita de pequenos actos sexistas que podes ignorar, pero cando pensas neles colectivamente empezas a ver un patrón".[9]

Campaña

Representación feminina nos medios de comunicación

En novembro de 2012, xunto con Catherine Smith, fundou o sitio web Women's Room, cuxo obxectivo é recoller suxestións para as mulleres profesionais e transmitilas aos xornalistas para aumentar a proporción de mulleres nos medios de comunicación.[10][11] O detonante deste proxecto foron dúas reportaxes no programa Today de BBC Radio 4, emitidas en outubro de 2012, sobre a prevención dos embarazos en adolescentes e o cancro de mama, nos que non se entrevistou a ningunha experta e os entrevistadores tamén eran homes.[12] O presentador John Humphrys tivo que preguntar sobre o último tema: "Se foses muller, non dubidarías en facer unha revisión médica?"[13] Un dos entrevistados no tema dos embarazos adolescentes foi Anthony Seldon, director do Wellington College, unha escola pública. Criado escribiu que Seldon podería ser unha autoridade na historia política británica contemporánea, pero non no tema que estaba a tratarse.[14] Comentou a selección bastante estreita de voces, tanto nas líñas sociais como nas de xénero, nos debates emitidos a principios de novembro de 2012: "Estas voces están a dar forma ao debate, e por tanto exercen unha enorme influencia sobre as nosas políticas públicas, actualmente populistas. Se a política pública vai ser tan sensible aos medios de comunicación, fagamos que os medios de comunicación sexan verdadeiramente representativos do público".[13]

Sobre a controversia de Wikipedia de abril de 2013 sobre a creación dunha subcategoría para as novelistas estadounidenses, Criado dixo: "Perpetúa a idea de que os homes son os predeterminados e non necesitan ser marcados de ningunha maneira, mentres que as mulleres seguen sendo vistas como os valores atípicos."[15]

As mulleres nos billetes

Noutra campaña, criticou a decisión do Banco de Inglaterra de substituír a Elizabeth Fry por Winston Churchill no billete de 5 libras, co que non quedou ningunha muller no reverso dos billetes.[16] A raíña Isabel II está representada na fronte dos billetes, con persoas historicamente prominentes no reverso. Desestimando a Churchill como "outro home branco", Criado sinalou que a Lei de Igualdade de 2010 compromete ás institucións públicas a "eliminar a discriminación", mentres que a proba de que o Banco actuara coa "debida consideración" requirida estaba ausente porque os detalles do proceso de toma de decisións non se fixeron públicos.[17] Criado reuniuse coa xefa de billetes Vitoria Cleland e o xefe de caixa Chris Salmon no Banco para discutilo.[16][18]

A campaña, secundada por 35.000 persoas, e co apoio financeiro para unha potencial batalla legal,[16][19] obrigou ao gobernador do Banco de Inglaterra, a anunciar que a imaxe de Jane Austen aparecería nun novo billete de 10 libras, substituíndo a de Winston Churchill.[1][18] "A xente dixo que isto non era algo tan importante para abordar, pero non escollín por un motivo especial os billetes", comentou Criado a Vanessa Thorpe de The Observer. "Acababa de ver o novo billete [proposto] e pensei: 'Non vou a ter isto'. E o Banco de Inglaterra non é unha institución pequena".[20] Jane Austen non era a súa figura histórica feminina preferida, pero aínda así Criado aprobou a elección: "Ela empregou o seu tempo burlándose do sistema. Todos os seus libros tratan de como as mulleres están atrapadas e mal representadas. É moi triste que dixese iso fai 200 anos e que aínda hoxe eu teña que dicilo".[18]

Nun artigo publicado no London Evening Standard en setembro de 2017, Criado escribiu que doaría o seu primeiro "billete de 10 libras de Austen" ao refuxio de mulleres da súa localidade: "Parece a forma correcta de terminar este capítulo da miña vida".[21] Outros seguiron o exemplo, doando os seus billetes a diferentes organizacións de beneficencia.[22][23]

Acoso en Twitter

A decisión do Banco de Inglaterra con respecto aos billetes en xullo de 2013 xerou unha onda de ameazas en Twitter, incluíndo ameazas de violación e asasinato, contra Criado e outras mulleres.[24] Nese momento, Criado denunciou que estaba a recibir unhas 50 ameazas deste tipo cada hora, e atopou algo inadecuada a suxestión de encher un formulario para Twitter detallando o que sufrira.[25][26] No punto máis álxido do ataque, Criado explicou que non podía nin comer nin durmir: "Non sei se tiven unha especie de crise nerviosa. Fun incapaz de funcionar, incapaz de ter interaccións normais".[27]

Estatua de Millicent Fawcett

O 8 de marzo de 2016, Día Internacional da Muller, Criado notou a ausencia dunha estatua de muller no Parliament Square en Westminster. As once estatuas, incluíndo a Winston Churchill e Nelson Mandela, conmemoraban a homes.[28][29]

Lanzou unha campaña para que se erixise unha estatua dunha sufraxista en Parliament Square con motivo do centenario do Representation of the People Act 1918. "Se vivísemos nun mundo xusto, as mulleres históricas e que non pertencen á realeza non constituirían un mísero 2,7% de todas as estatuas do Reino Unido", escribiu no New Statesman. "Pero non vivimos nun mundo xusto. E son realista sobre o ritmo do cambio".[28] A súa carta aberta ao recentemente elixido alcalde de Londres, Sadiq Khan, publicada por The Daily Telegraph en maio seguinte, foi asinada por varias mulleres relevantes.[30] Khan declarou deseguido estar de acordo pero non se comprometeu co lugar que ela desexaba, o Parliament Square.[31] Unha petición asinada por 74.000 persoas foi presentada por Criado en xuño nun evento nas Salas de Estado da Casa do Presidente da Cámara de Representantes, auspiciado pola Fawcett Society suxerindo agora a Millicent Fawcett como a figura a representar. Criado estivo de acordo.[32]

En abril de 2017, Sadiq Khan anunciou que se encargara á artista Gillian Wearing a creación dunha estatua da sufraxista Millicent Fawcett. A primeira ministra Theresa May tamén deu a súa aprobación.[33] Fawcett é a primeira muller que aparece nunha estatua na praza, e Wearing é a primeira muller escultora que ten unha estatua situada alí.[34] Ao anunciar o plan para a estatua de Fawcett, Khan dixo: "Simplemente non está ben que case un século despois do sufraxio feminino, a Praza do Parlamento siga sendo unha zona só para homes, e estou encantado de que isto cambie pronto grazas á inspirada campaña de Caroline".[34] A estatua foi inaugurada o 24 de abril de 2018 para a conmemoración da extensión do dereito de voto ás mulleres en 1918, aínda que esta extensión foi nun principio en termos desiguais para os homes.[35] No zócolo da estatua atópanse os nomes e as fotos de 55 mulleres (e 4 homes) que loitaron polo dereito ao voto feminino.[36][37]

Recoñecementos

Debido ao éxito da súa campaña sobre a falta de representación de mulleres nos billetes, Criado gañou o premio á defensora dos dereitos humanos do ano do grupo de presión Liberty en novembro de 2013.[38] Ese mesmo ano, tamén foi nomeada unha das 100 mulleres da BBC.[39] En 2015, durante a celebración dos aniversarios da raíña Isabel II, Criado foi nomeada Oficial da Orde do Imperio Británico (OBE) polos seus servizos á igualdade e a diversidade, particularmente nos medios de comunicación. En 2019, foi tamén galardoada co Royal Society Insight Investment Science Books Prize e o Financial Times Business Book of the Year polo seu libro Invisible Women (en galego, A muller invisible).[40][41]'

Obra

Notas

  1. 1,0 1,1 "Jane Austen to be face of the Bank of England £10 note". BBC News. 24 de xullo de 2013. 
  2. "Alison Criado-Perez". Arquivado dende o orixinal o 05 de marzo de 2021. Consultado o 25 de xuño de 2018. 
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 3,5 "Caroline Criado Perez: 'Twitter has enabled people to behave in a way they wouldn't face to face'". 4 de agosto de 2013. Consultado o 20 de abril de 2015. 
  4. Ing, Lucy (decembro 2014). "Speaking Up For Women". Arquivado dende o orixinal o 20 de maio de 2021. Consultado o 20 de maio de 2021. 
  5. 5,0 5,1 Thompson, Jennifer (10 de novembro de 2017). "'Who expects death threats for asking for a woman on a banknote?'". Financial Times. Consultado o 10 de novembro de 2017. 
  6. 6,0 6,1 "The London Library Student Prize Winner and Runners Up 2012" (PDF). The London Library Magazine. =March 2012. p. 22. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 29 de outubro de 2012. Consultado o 17 de xaneiro de 2020. 
  7. "Winner announced". 30 de marzo de 2012. Arquivado dende o orixinal o 29 de xuño de 2013. Consultado o 17 de xaneiro de 2020. 
  8. "Caroline Criado Perez". Eye for Pharma. Consultado o 15 de abril de 2018. 
  9. Cathy Newman (6 de xuño de 2013). "Meet the woman fighting the Bank to keep females on fivers". The Daily Telegraph. Consultado o 9 de xuño de 2019. 
  10. Driscoll, Brogan (15 de marzo de 2013). "Caroline Criado Perez, The Women's Room Co-Founder, On Female Experts, Feminism And Media". 
  11. Szalai, Georg (5 de novembro de 2012). "U.K. Web Site to Help BBC Get More Female Experts on Air". 
  12. "About Us". Arquivado dende o orixinal o 12 de febreiro de 2020. 
  13. 13,0 13,1 Criado-Perez, Caroline (5 de novembro de 2012). "Female experts for BBC interviews wanted. Your suggestions please". The Guardian. 
  14. Criado-Perez, Caroline (5 de noviembre de 2012). "Finding female experts – doing the BBC's job for them". New Statesman. 
  15. Rawlinson, Kevin (26 de abril de 2013). "Wikipedia in sexism row after labelling Harper Lee and others 'women novelists' while men are 'American novelists'". 
  16. 16,0 16,1 16,2 Criado-Perez, Caroline (4 de xullo de 2013). "Women on bank notes: is the Bank of England finally listening?". 
  17. Hinge, Daniel (11 de xuño de 2013). "Bank of England faces legal challenge over all-male banknote roster". 
  18. 18,0 18,1 18,2 Allen, Katie; Stewart, Heather (24 de xullo de 2013). "Jane Austen to appear on £10 note". 
  19. Bennhold, Karin (4 de agosto de 2013). "Bid to Honor Austen Is Not Universally Acknowledged". The New York Times. 
  20. Thorpe, Vanessa (27 de xullo de 2013). "What now for Britain's new-wave feminists – after page 3 and £10 notes?". The Observer. 
  21. Criado-Perez, Caroline (13 de setembro de 2017). "Caroline Criado-Perez on her fight to bring a woman onto the new £10 note". Consultado o 14 de setembro de 2017. 
  22. "Councillor donates Jane Austen tenner to help vulnerable women at homeless centre". Labour Party. Arquivado dende o orixinal o 25 de novembro de 2020. Consultado o 28 de abril de 2018. 
  23. "A Bloody Good Year". Arquivado dende o orixinal o 29 de abril de 2018. Consultado o 28 de abril de 2018. 
  24. "After the Jane Austen announcement I suffered rape threats for 48 hours, but I'm still confident the trolls won't win". 27 de xullo de 2013. 
  25. "Calls for action as female journalists get bomb threats on Twitter". 2 de agosto de 2013. 
  26. "Twitter criticised for failing to respond to Caroline Criado-Perez rape threats". 29 de xullo de 2013. 
  27. "Caroline Criado Perez: 'I don't know if I had a kind of breakdown'". 8 de decembro de 2013. 
  28. 28,0 28,1 Criado-Perez, Caroline (26 de marzo de 2016). "I sorted the UK’s statues by gender – a mere 2.7 per cent are of historical, non-royal women". Consultado o 14 de setembro de 2017. 
  29. Criado-Perez, Caroline (24 de abril de 2018). "Despite a barrage of hate, I put a statue of a woman where only men stand". CNN. Consultado o 24 de abril de 2018. 
  30. Criado-Perez, Caroline; Cohen, Claire (10 maio 2016). "Emma Watson is calling on Sadiq Khan to put a suffragette outside Parliament - and you can too". Consultado o 14 de setembro de 2017. 
  31. Cohen, Claire (12 maio 2016). "Victory! Mayor of London Sadiq Khan agrees to suffragette statue". Consultado o 14 de setembro de 2017. 
  32. Cohen, Claire (7 de xuño de 2016). "Suffragette statue campaign calls on Parliament to honour Millicent Fawcett". Consultado o 14 de setembro de 2017. 
  33. Chandler, Mark (2 de abril de 2016). "Millicent Fawcett: Suffragist to be first woman with Parliament Square statue after JK Rowling-backed campaign". London Evening Standard. Consultado o 14 de setembro de 2017. 
  34. 34,0 34,1 Brown, Mark (13 de abril de 2017). "Statue of suffragist to break male monopoly on Parliament Square". The Guardian. Consultado o 14 de setembro de 2017. 
  35. "First statue of a woman in Parliament Square unveiled". The Guardian. Press Association. 24 de abril de 2018. Consultado o 24 de abril de 2018. 
  36. Topping, Alexandra (24 de abril de 2018). "First statue of a woman in Parliament Square unveiled". The Guardian. Consultado o 24 de abril de 2018. 
  37. "Millicent Fawcett statue unveiling: the women and men whose names will be on the plinth". iNews. Consultado o 25 de abril de 2018. 
  38. Bowcott, Owen (25 de novembro de 2013). "Guardian wins Liberty award for articles about GCHQ and NSA spying". 
  39. "100 Women: Who took part?". BBC News. 22 de novembro de 2013. Consultado o 15 de abril de 2018. 
  40. "2019 Royal Society Insight Investment Science Book Prize | Royal Society". 
  41. Graphics, FT Interactive. "Invisible Women by Caroline Criado Perez". 
  42. "'Do It Like a Woman … and Change the World' by Caroline Criado Perez – review". 9 de maio de 2015. 
  43. "Do It Like a Woman by Caroline Criado Perez, book review: Fuel to feminist fire, but little more". 30 de abril de 2015. 
  44. "The deadly truth about a world built for men – from stab vests to car crashes". 23 de febreiro de 2019. 

Véxase tamén

Ligazóns externas