Carola Rackete
Carola Rackete, nada en Preetz en 1988, é unha capitá e activista social alemá. Tornouse famosa internacionalmente en xuño de 2019, tras o desembarque forzoso na illa italiana de Lampedusa co barco humanitario Sea-Watch 3.[1] Como resultado das súas accións, foi detida polas autoridades italianas arriscándose a unha pena de 10 anos de prisión. Aínda que non foi a única persoa procesada por axudar migrantes en Europa, a súa detención considerouse un símbolo.[2] TraxectoriaCarola Rackete naceu en Preetz, unha cidade media do norte de Alemaña preto de Kiel, mais creceu en Hambühren. O seu pai, Ekkehart Rackete é enxeñeiro electrónico e un exmilitar do exército alemán.[3] Despois de graduarse en ciencias náuticas na Universidade de Jade (Baixa Saxonia), navegou durante dous anos en expedicións científicas no Ártico e na Antártida no marco das accións do Instituto Alemán Alfred Wegener para a investigación polar e mariña. Notas
|