Carla naceu en 1986 en Barcelona e creceu en Les Planes d'Hostoles, unha pequena cidade catalá.[1] Os seus pais morreron de sida cando tiña seis anos, e foi vivir cos seus tíos e cunha curmá algo máis nova á Garrocha. A experiencia vivida foi a cerna da súa primeira longametraxe, filmada enteiramente en catalán Estiu 1993 e estreada en 2017.[2][3]
Licenciouse en Comunicación Audiovisual pola Universidade Autónoma de Barcelona en 2009; estudou o máster en Calidade e Innovación TV organizado por Televisió de Catalunya en 2010 e o máster en Artes na London Film School (bolsa de posgrao da Obra Social "la Caixa"). En Londres dirixiu o documental Born Positive e a curtametraxe de ficción Lipstick.[4]
Filmografía
Director
2022 - Alcarràs (longametraxe), - [Estrea o 29 de abril de 2022]
2020 - Correspondencia (curtametraxe), codirixida con Dominga Sotomayor.
2017 - Biznaga de Ouro á mellor película do Festival de Málaga en castelán así como o Premio Feroz Puerta Oscura á mellor longametraxe da sección oficial do mesmo festival -outorgado pola Asociación de Reporteiros Cinematográficos de España (AICE) -. Premio SGAE Dunia Ayaso, Premio SIGNIS, Premio ASECAN