O seu nome galego segue a súa denominación noutros idiomas próximos (castelán, capelán ou capelín; portugués, capelim; francés, capelan; italiano, capelano, inglés, capelin).
É un peixe pequeno que viven a uns 300 m de profundidade. As súas míllaras están consideradas como un produto de alto valor comercial, sobre todo no Xapón, onde se combina co wasabi e véndese como «caviar de wasabi». Aparece na moeda de 10 coroas de Islandia.
Corpo esvelto de até uns 20 cm de lonxitude, aínda que ordinariamente roldan os 15 cm.[7] O tamaño máximo rexistrado foi o dunha femia que medía 25,2 cm,[7] e o peso máximo rexistrado alcanzou os 52 g.[8]
Os machos teñen unhas longas excrecencias pilosas sobre as grandes escamas da liña lateral.
Aleta dorsal sostida por de 10 a 14 raios brandos, e a anal por de 16 a 23 raios, así mesmo brandos. Presenta unha aleta adiposa de base longa e co extremo externo só lixeiramente curvado. Os machos teñen as aletas torácicas máis longas que as femias.
Malllotus villosus é un peixe mariño que tamén se pode encontrar en augas doces e salobres (é anádromo), que frecuenta augas frías (duns 32 °C). Nos océanos é peláxico, vivindo agrupado en cardumes a profundidades de entre os 0 e os 725 m, usualmente a 150–200 m.[6] Durante o día encóntrase xeralmente contra os 150 m de profundidade, e de noite na superficie do mar.[4]
Alcanzan a madurez sexual entre os 2 e os 5 anos de vida, cando acadan un tamaño de entre os 15 e os 19 cm (13,5 cm de media).[5][6]
Os individuos maduros desprázanse na primavera e no verán até as costas en grandes cardumes para a desova. Os machos adoitan chegaren ás áreas de reprodución antes do que as femias.[5][6]
As femias producen entre 6 000 e 12 000 óvulos adherentes, de entre 0,6 e 1,2 mm de diámetro, que depositan en sucos na area do fondo, ou entre algas ou rochas, a unha profundidade de entre os 2 e os 100 m.[4][5] No mar de Barents encontráronse até 400 millóns de ovos por quilómetro cadrado. A maio´ría dos adultols, especialmen te os mac hos, morren despois da desova,[4][5]
Os ovos eclosionan, en augas dunha temperatura din 4 °C, ao cabo duns 40 días, e as larvas miden uns 5 mm ao naceren. Os capelán alcanzan unha lonxevidade duns 7 anos.[5] A idade máxima rexistrada foi de 10 anos.[11]
En canto a especie xa fora descrita moito antes, en 1776, polo naturalista danésOtto Friedrich Müller, que a denominou Clupea villosa,[12] polo seu parecido coa sardiña ou o arenque e outros clupeidos. Posteriormente foi reclasificada nos xéneros Salmo e Osmerus, até que definitivamente foi situada como única especie do xénero Mallotus.
Etimoloxías
Nome xenénerico
O nome do xénero, Mallotus, é un substantivo do latín científico tirado do grego antigo μαλλoτός mallotós, "laúdo", derivado de μαλλόσ mallós, "estriga (ou guedella) de la" e -oτος -otos, sufixo grego formador de adxectivos, en referencia ás excrecencias pilosas sobre as escamas da liña lateral dos machos.
Nome específico
En canto ao epíteto específico, villosus, é o nominativo masculino singular do adxectivo latinovillosus, -a, -um, "viloso", "peludo", "cuberto de pelo", que fai referencia á mesma característrica das escamas da liña lateral dos machos.
Nome vulgar
O nome vulgar, capelán, deriva do nome vulgar francés capelan, que vén do francés antigochapelain, vía o occitanocapelan, derivado do latín eclesiásticocapellānus, -i, "capelán", sacerdote a cargo dunha capelanía. As denominacións nas outras linguas modernas (citadas ao principio do artigo, e tamén a alemá, Kapelan), derivan da francesa.
Sinónimos
A especie coñeceuse, ademais de polo nome actualmente válido, e polo que lle impuxo Müller, coñeuse tamén polos sinónimos:[12]
Algúns autores cosideran, dentro da especie, as dúas subespecies seguintes:[13]
Mallotus villosus
Mallotus villosus socialis (Pallas, 1814) – capelán do Pacífico.
Mallotus villosus villosus (Müller, 1776) – capelán do Atlántico.
Importancia económica e usos
O capelán é unha das especeis clave no ecosistema ártico, xa que constitúen un dos elementos principais da dieta de bacallaus, carboeiros,[14]baleas, focas e diversas aves mariñas.[4][5] No maior evento de depredación xamais observado, dez millóns de capeláns (dun cardume de 23 millóns de individuos) foron depredados por un grupo de 2,5 millóns de bacallaus.[15]
As súas míllaras convertéronse nunha delicatesse en Noruega.[5] Pero quizais onde este produto alcanza o maior valor comercial é sobre todo no Xapón, onde se combina co wasabi e véndese como «caviar de wasabi».
Os machos empréganse sobre todo para a fabricación de fariña de peixe,[5][6] pero tamén son obxecto de consumo humano, comercializándose en fresco, conxelado ou en conserva. Consómese fresco, fritido, ou seco.[6]
Así mesmo utilízase como carnada para a pesca de bacallau con cana.[4]
As súas capturas anuais varían moito de ano en ano, pero durante uns anos foron de entre un e dous millóns de toneladas.[5]
Ovos de capelán, moi apreciados gastronomicamente.
Capeláns secos, listos para comer.
Capturas comerciais de capelán entre 1950 e 2010. Datos da FAO.
Notas
↑Lahuerta Mouriño, Fernando e Francisco X. Vázquez Álvarez (2000): Vocabulario multilingüe de organismos acuáticos. Santiago de Compostela: Xunta de Galicia / Termigal. ISBN 84-453-2913-8, p. 59.
↑ 7,07,1Muus, B. & P. Dahlström (1978): Meeresfische der Ostsee, der Nordsee, des Atlantiks. München: BLV Verlagsgesellschaft.
↑Velikanov, A. Y. (1993): "Capelin", p. 105-109 en F. S. Terziev, ed. Project "The seas". Hydrometeorology and hydrochemistry of the seas. Vol. 9. Sea of Okhotsk. Sankt-Peterburg: Gidrometeoizdat.
↑Hart, J. L. (1973): "Pacific fishes of Canada". Bull. Fish. Res. Board Can. 180, 740 p.
↑Muus, B. J. & J. G. Nielsen (1999): Sea fish. Scandinavian Fishing Year Book. Hedehusene, Denmark. 340 p.
↑Beverton, R. J. H.; J. R. Beddington & D. M. Lavigne (1985): Marine mammals and fisheries. Boston: G. Allen & Unwin.
Bauchot, M. L. e Pras, A. (1982): Guía de los peces de mar de España y Europa. Barcelona: Ediciones Omega, S. A. ISBN 84-282-0685-6.
Burton, Maurice & Robert Burton (1984): Encyclopedia of Fish. Saint Louis, EE.UU: BPC Publishing. ISBN 0-7064-0393-2.
Eschmeyer, W. N.; E. S. Herald & H. Hammann (1983): A field guide to Pacific coast fishes of North America. Boston, U.S.A.: Houghton Mifflin Company.
Muus, Bent J.; Jørgen G. Nielsen; Preben Dahlstrøm e Bente O. Nyström (1998): Peces de mar del Atlántico y del Mediterráneo. Barcelona: Ediciones Omega, S. A. ISBN 84-282-1161-2.
Nelson, Joseph S. (2006): Fishes of the World (4th ed.). Nova York: John Wiley & Sons, Inc. ISBN 0-4712-5031-7.
Van der Land, J.; Costello, M. J.; Zavodnik, D.; Santos, R. S.; Porteiro, F. M.; Bailly, N.; Eschmeyer, W. N.; Froese, R. (2001): "Pisces", en: Costello, M. J. et al. (Eds.) European register of marine species: a check-list of the marine species in Europe and a bibliography of guides to their identification. París: Muséum national d'Histoire naturelle. Collection Patrimoines Naturels, 50. ISBN 2-85653-538-0, pp. 357–374.