César del Caño
José César Álvarez del Caño, nado en Castrelo de Miño en 1958[1][2][3], é un músico, cantor, compositor e director coral galego, máis coñecido como César del Caño.
Traxectoria
Os seus comezos musicais están ligados á cidade de Ourense, na que cursou os estudos universitarios e onde deu os primeiros concertos, tanto en festivais locais como en emisoras de radio e clubs nocturnos da capital.
A principios dos anos oitenta trasladouse a Barcelona, onde realizou os seus estudos musicais e de canto, fixando naquela cidade a súa residencia.
É autor e arranxador de numerosas obras musicais, así como compositor doutras sobre textos de poetas diversos ou mesmo sobre cantigas medievais, moitas das cales foron publicadas en respectivas edicións gráficas e discográficas.
Como intérprete móvese en diversos xéneros e modalidades, que van dende a música alternativa[4][5] e a canción de autor ata o folk[6] ou a lírica[7].
Paralelamente levou a termo unha importante[8] actividade[9][10] dentro do ámbito da música coral, como compositor de obras polifónicas e mais como fundador e director de diversas entidades, entre as que cabe salientar o Coro Universitario Galego de Barcelona (CUGAB. 1992-2001), Galeuzcamerata (2006-2016) e Don de Son (2016-actualidade), todas elas no seo da Universidade de Barcelona, co apoio institucional do Vicerectorat d'arts, cultura i patrimoni da propia UB. Nesta vertente é de destacar tamén a fundación da Coordinadora Coral Galega de Catalunya[11].
Discografía
- Expreso Estrella. Disco compacto[12][13] (Sons Galiza, 1994)
- As 5 cantigas de Xoán de Requeixo. Disco compacto[14] (Asociación Xohán de Requeixo, 2003)
- Neno orfo con cabalos ao fondo. Canción[15] (Sons Galiza, 1990)
Colaboracións
- Porgaleuzca. Disco compacto/Libro[16][17] (Master Records, 1996).
- I - Homenaxe a Voces Ceibes[18]
- II - Homenaxe ós coetáneos de Euskadi, Cataluña e Portugal[19]
- III - Seoane e as andoriñas ("Obertura", "Ramón Cernadas Senlleiro" e "Ramón Rodríguez Iglesias")[20]
- Marcha espontánea nº 1 e Marcha espontánea nº 3. Obras orquestrais, en O Campo da Fonte[21] (Edigal, 1991).
- Alalá. Texto e música tradicional. Versión para canto e piano: Ángel Barja. Intérpretes: C. del Caño / Marta Cabrero. CD Froita madura do Coro Lonxe da Terra de Barcelona.
- Soneto de la carta. Texto: Federico García Lorca. Música: Amancio Prada. Versión para canto e piano: Ángel Barja. Intérpretes: C. del Caño / Ángel Safont. CD León, por ti, da Coral Virgen del Camino de Barcelona.
Reedicións
- Marcha espontánea nº 1. Obra orquestral, en Folkódromo[22] (Clave Records, 2001).
Outras edicións
- A Far'un día irei. Música: C. del Caño. Texto: Xohán de Requeixo. Coro Lonxe da Terra, Barcelona. CD Froita madura.
- Sediam'eu na ermida de San Simón. Música: C. del Caño. Texto: Meendinho. Coro Lonxe da Terra, Barcelona. CD Froita madura.
- Canto de Vilaver. Texto e música tradicional de Cervantes (Lugo). Arranxo coral: C. del Caño. Intérpretes: Miriam González e Coro Lonxe da Terra, Barcelona. CD Froita madura.
- Soñando Santiago. Texto galego: C. del Caño, sobre a canción Goodnight sweetheart. Música: James Hudson / Robert Sund. Coro Lonxe da Terra, Barcelona. CD Froita madura.
- Brincando no ar. Texto e música: C. del Caño. Intérpretes: Elvira Domínguez e Coro Lonxe da Terra, Barcelona. CD Froita madura.
- Saudade. Texto e Música: C. del Caño. Intérpretes: Coro Saudade. Casete E agora… voa!
Partituras publicadas
- El Rossinyol. (Partitura para coro e solistas) (2006).[23]
- Fui eu, madr', en romaria. (Partitura monódica) (2003).[24].
- A Far'un día irei. (Partitura monódica) (2003).[24]
- Pois vós, filha, queredes mui gram ben. (Partitura monódica) (2003).[24]
- Atender quer'eu mandado. (Partitura monódica)(2003).[24]
- Amiga, quen oj' ouvesse. (Partitura monódica) (2003).[24]
- Brincando no ar. (Partitura para coro e solistas) (1999).[25]
- Samba prá mocedade. (Partitura coral) (1996).[26][27]
- Enterro do neno probe. (Partitura para coro e solista) (1996).[27][28]
- ¡Quen tivera vinte anos! (Partitura para coro e solista) (1996).[27][29]
- María Soliña. (Partitura para coro e solistas) (1996).[27][30]
- O umbral. (Partitura para coro, solista e piano) (1996).[27][31]
- O camaleón. (Partitura coral) (1996).[27][32]
- Ti, Galiza. (Partitura coral) (1996).[27][33]
- Txoria txori. (Partitura para coro e solista) (1996).[27][34]
- Vinyes verdes vora el mar. (Partitura para coro e piano) (1996).[27][35]
- Canto moço. (Partitura coral) (1996).[27][36]
- Seoane e as andoriñas:
- Obertura. (Partitura coral) (1996).[27][37]
- Ramón Cernadas Senlleiro. (Partitura para coro e solista) (1996).[27][38]
Premios
- 1º premio no VII Certame Literario San Xurxo. Barcelona, 2004[39]
- 1º premio no V Certame de Narrativa Castelao. Barcelona, 2004[39]
Notas
- ↑ Diccionario enciclopédico galego universal.
- ↑ Enciclopedia Galega Universal.
- ↑ Dicionario biográfico de Galicia.
- ↑ "Expreso Estrella: nueva música de fusión". La Región. 28 de xuño de 1994. p. 13.
- ↑ César del Caño, creador, compositor e intérprete. La Voz de Galicia. Entrevista con Nacho Mirás e Ignacio Carballo. 02/07/1994.
- ↑ Piñeiro, Xosé Manuel (07/07/1994). "Beber das fontes". La Región (Ourense): Contraportada.
- ↑ Les cançons gallegues dels grans compossitors. Concerto lírico no Paraninfo da UB.
- ↑ MOVEA (Movimento Português de intervenção Artística e Educação pela Arte). "[...] uma nova geração de maestros a quem devemos a renovação do movimento coral". (Domingos Morais Arquivado 12 de xaneiro de 2018 en Wayback Machine., etnomusicólogo, Universidade Nova de Lisboa).
- ↑ Dende o leste cantando ós ventos. (Entrevista). 05/1996. p. 5, 6, 7. Revista Vento do Leste, nº 3. Ed.: Federación de Entidades Culturais Galegas de Catalunya.
- ↑ A editorial DINSIC publica en libro a música que César del Caño escribiu para un poema de Tomàs Garcés, nova en Vieiros, 29/05/2006
- ↑ Terceira Xuntanza de Coros Galegos de Catalunya, nova en Vieiros, 25/03/1999.
- ↑ Expreso Estrella (Disco compacto). Lugo: Sons Galiza. 1994. GF1020-2.
- ↑ Estévez, Xoán Manuel (14/07/1994). "Produto Maduro/César del Caño: Expreso Estrella". Semanario A Nosa Terra (Crítica) (Vigo).
- ↑ CD complementario ó libro Homenaxe poética ao trobador Xohán de Requeixo. Ed. Asociación Xohán de Requeixo (Chantada)/Ajuntament de Sant Andreu de la Barca (Barcelona, 2003),
- ↑ Canción no LP colectivo Homenaxe a Celso Emilio Ferreiro. Ed.: Sons Galiza (Lugo, 1990).
- ↑ Porgaleuzca (Disco compacto/Libro). Barcelona: Master Records. 1996. SGAE-MR-1100-C. Disco compacto gravado polo Coro Universitario Galego de Barcelona (CUGAB). Colaboración como compositor/versionador de tódolos temas musicais gravados e como director do CUGAB. Disco acompañado dun libro que inclúe as partituras das obras interpretadas e outros datos.
- ↑ Coro das voces ceibes. Faro de Vigo. Entrevista con Salvador Rodríguez. 01/11/1996. p. 4. Noticia e recensión pormenorizada da publicación do CD.
- ↑ Sete versións corais de César del Caño, interpretadas polo CUGAB, sobre cancións do colectivo de cantautores universitarios Voces Ceibes: Xerardo Moscoso, Bibiano Morón, Benedicto García Villar, Guillermo Rojo, Xavier del Valle, Vicente Araguas e Miro Casabella.
- ↑ Tres versións corais de César del Caño, interpretadas polo CUGAB, sobre cancións de Mikel Laboa (Ez Dok Amairu), Lluís Llach (Els Setze Jutges) e Zeca Afonso (Portugal)
- ↑ Obras musicais de César del Caño que constitúen, entre outras, a banda sonora da rapsodia escénico-coral Seoane e as andoriñas, sobre textos de Luís Seoane, con libreto de Camilo Valdehorras, estreada na Universidade de Barcelona en maio de 1994 polo CUGAB e maila Aula Universitaria Galega de Teatro (AUGATEBA), e incluída posteriormente (1996) no CD Porgaleuzca.
- ↑ Obras musicais de C. del Caño pra diversos instrumentos, compostas por encargo da Asociación Cova da Serpe de Barcelona, pra o seu LP O Campo da Fonte, interpretadas conxuntamente co grupo Marexada en Fisterra (Cova da Serpe), dirixido por Manoel Muxico Rei. Ed.: Edigal, Santiago de Compostela, 1991. EDL-70.030, DL C 31-91
- ↑ Obra musical de C. del Caño pra diversos instrumentos, composta inicialmente por encargo da Asociación Cova da Serpe (Barcelona, 1991), pra seu o LP O Campo da Fonte, interpretada conxuntamente co grupo Marexada en Fisterra (Cova da Serpe), dirixido por Manoel Muxico Rei.
Reeditada en 2001 no CD colectivo Folkódromo. Ed.: Clave Records, Santiago de Compostela - 4053-CD / DL C 535-2001
- ↑ Partitura coral (SATB + Solistas) sobre un poema de Tomàs Garcés, publicada no libro Mollet a capella. Ed. DINSIC (Barcelona). 2006. ISMN M-69210-435-3
- ↑ 24,0 24,1 24,2 24,3 24,4 Partitura monódica sobre un poema do trobador Xohán de Requeixo (S. XIII), publicada no libro Homenaxe poética ao trobador Xohán de Requeixo conxuntamente co CD As 5 cantigas de Xohán de Requeixo. Ed. Comisión organizadora Homenaxe a Xohán de Requeixo. Barcelona, 2003. DL B 51658-2003
- ↑ Partitura coral (SATB + Solistas) en Revista Ciutat. Ed. Amics de les Arts i Joventuts Musicals (Terrassa, Barcelona, 1999).
- ↑ Obra coral (S2ATB) a partir dunha canción de Bibiano Morón sobre un poema de Celso Emilio Ferreiro.
- ↑ 27,00 27,01 27,02 27,03 27,04 27,05 27,06 27,07 27,08 27,09 27,10 27,11 Porgaleuzca. Barcelona: CUGAB/BuleBule Produccions/Master Records. 1996. SGAE-MR-1100-C.
- ↑ Obra coral (SATB + Solistas) a partir dunha canción de Benedicto García Villar sobre un poema de Luís Pimentel
- ↑ Obra coral (2SATB + Solistas) a partir dunha canción de Guillermo Rojo.
- ↑ Obra coral (2SATB + Solistas) a partir dunha canción de Xavier del Valle sobre un poema de Celso Emilio Ferreiro.
- ↑ Obra coral (SA + Solistas + piano) a partir dunha canción de Xerardo Moscoso.
- ↑ Obra coral (SATB + Solistas) a partir dunha canción de Vicente Araguas.
- ↑ Obra coral (SATB + Percusión) a partir dunha canción de José Mário Branco e Luis Pedro Faro sobre un poema de Miro Casabella e Xavier Costa Clavell
- ↑ Obra coral (SATB + Solistas) a partir dunha canción de Mikel Laboa sobre un poema de José Antonio Arze.
- ↑ Obra coral (SMzA + Piano) a partir dunha canción de Lluís Llach sobre un poema de Josep Maria de Sagarra.
- ↑ Obra coral (SATB) a partir dunha canción de Zeca Afonso.
- ↑ Obra coral (SATB) feita por encargo para a rapsodia escénico-coral Seoane e as andoriñas.
- ↑ Obra coral (SATB + Solista), sobre un poema de Luis Seoane, feita por encargo para a rapsodia escénico-coral Seoane e as andoriñas.
- ↑ 39,0 39,1 "Círculos". Revista Alborada. Centro Galego de Barcelona. 12/2004. p. 24.
Véxase tamén
Bibliografía
- "Dende o leste cantando ós ventos". Vento do Leste (Revista) (Barcelona: Federación de Entidades Culturais Galegas de Catalunya) (3): 5, 6, 7. 5/1996.
- Porgaleuzca (Libro/Disco compacto). Barcelona: CUGAB/BuleBule Produccions/Master Records. 1996. DL B 2284-96 / SGAE-MR-1100-C.
- "Caño, César del". Diccionario enciclopédico galego universal 12. La Voz de Galicia. 2003-2004. p. 122. ISBN 84-7680-429-6.
- "Caño, César del". Enciclopedia Galega Universal 4. Ir Indo Edicións. 1999. p. 375. ISBN 84-7680-292-7.
- "Caño, César del". Dicionario biográfico de Galicia 1. Ir Indo Edicións. 2010-2011. pp. 175–176. ISBN 978-84-7680-665-4.
- Barrera, Feliciano, ed. (2002). "Del Caño, César (José César Álvarez del Caño)". Gallegos. Quién es quien en la Galicia del siglo XXI (en castelán). Santiago de Compostela: El Correo Gallego. p. 158. ISBN 84-8064-113-4.
- Estévez, Xoán Manuel; Losada, Óscar (2000). "César del Caño". Crónica do folk galego. Galicia: Tris Tram. p. 218/265. ISBN 84-89377-26-X.
- Fernández, Camilo (1995). "Debut do Coro Universitario Galego de Barcelona". Eduardo Blanco Amor e o teatro. Barcelona: Universitat de Barcelona. p. 16. ISBN 84-475-1060-3.
- Fernández Valdehorras, Camilo (2003). Decenario, 1993-2003, do Coro Universitario Galego de Barcelona, CUGAB. Barcelona: CUGAB. DL B 25.733-2003.
- Méndez López, Xosé; García, Xosé Lois (2003). Homenaxe poética ao trobador Xohán de Requeixo (Libro/Disco compacto). Barcelona: Comisión organizadora Homenaxe a Xohán de Requeixo. DL B 51658-2003.
- Sotelo Blanco, Olegario (2004). Centro Galego de Barcelona. 80 anos de historia. 1923-2003. Ronsel. ISBN 848841322X.
- Souto Eiroa, Xurxo; Nicolás, Ramón (2008). "Samba prá mocedade". Celso Emilio Ferreiro, Fotobiografía sonora. Ouvirmos. p. 188. ISBN 9788466103282. Arquivado dende o orixinal o 17 de xaneiro de 2018. Consultado o 16 de xaneiro de 2018.
Outros artigos
Ligazóns externas
|
|