Camilo Fernández González-Valdehorras, nado no Barco de Valdeorras o 25 de xuño de 1959, é un filólogo, profesor e escritor galego.
Traxectoria
Tras vivir en Ribadeo, Mondoñedo e Lugo, estudou Filoloxía Hispánica e Dereito na Universidade de Santiago de Compostela. En 1980 fixou a súa residencia en Barcelona. É diplomado en dramaturxia, linguaxe audiovisual e dirección escénica polo Institut del Teatre de Barcelona e licenciado en Filoloxía Románica (Galego-portugués) e doutor en Filoloxía Románica pola Universidade de Barcelona, exercendo como profesor de Filoloxías galega e portuguesa na Facultade de Filoloxía de dita Universidade desde 1986.
Alí promoveu a creación da licenciatura en Filoloxía Galega, sendo redactor do plano de estudos de Filoloxía Galega e do Lectorado de Galego 1994, estando detrás de diversas actividades relacionadas co galego e coa cultura galega. Foi tamén profesor convidado na Universidade Autónoma de Barcelona entre 1995 e 1998, inaugurando o actual Lectorado de Galego en 1997.
Foi un dos fundadores da Asociación de Escritores en Lingua Galega, e membro do Grupo Rompente. É tamén presidente do Foro Cívico Galego de Barcelona.
Obras
Poesía
- A morte natal e outros poemas, 1999, Madrid.
Teatro
- Progreso e andrómena de Antroido. Farsa veraz e alegoría festiva, 1978, Edicións do Rueiro.
- Seoane e as andoriñas, 1996, Bule-Bule produccións-Maratón-Estudio.
Ensaio
Obras colectivas
Premios
Vida persoal
É irmán de Xosé-Carlos Fernández González, consultor de empresas que, entre 2015 e xullo de 2018, exerceu o cargo de director xeral da Fundació Navegació Oceànica Barcelona (FNOB) e promotor da Barcelona World Race 2018-2019 (BMR), que se suspendeu por falta de apoio dos patrocinadores.[1]
Notas