Benito Arias Montano, nado en Fregenal de la Sierra en 1527, e finado en Sevilla o 6 de xullo de 1598, foi un relixioso e humanista español, eminente políglota, teólogo, bibliólogo e poeta en latín.
Influído pola reforma protestante e a conseguinte contrarreforma e cunha boa relación coa monarquía hispánica, participa no Concilio de Trento e vive o ambiente cultural dende Roma e Flandres, onde comeza correspondencia e amizade cos principais humanistas da época. Humanista cristián, o seu pensamento harmoniza razón e fe, plásmase na produción intelectual, e baseáse nos seus coñecementos do mundo greco-latino e no dominio das linguas clásicas e bíblicas.
É coñecido sobre todo por ser o editor científico da Biblia Políglota de Antuerpen, onde supervisa a súa edición, traduce algunhas partes e é o autor do apparatus crítico. Tamén é coñecido por ser o primeiro bibliotecario da Biblioteca Real do mosteiro do Escorial, onde dirixe a súa instalación, programa as adquisicións e efectua a ordenación do fondo bibliográfico. O seu traballo intelectual céntrase nos comentarios bíblicos e na doutrina cristiá, utilizando a poesía como un complemento da súa obra científica.
Véxase tamén