Baloncesto Málaga

Unicaja Málaga
Información xeral
Liga ACB
Fundación 1977
Historia Caja de Ronda (1977−1992)
Cores                Verde, branco, púrpura
Presidente España Eduardo García López
Adestrador Grecia Fotios Katsikaris
Patrocinador Unicaja
Localización
Cidade España Málaga, España
Pavillón Martín Carpena
Capacidade 11 300
Inauguración 1999
Campionatos
Copa Korać 1 (2001)
Liga 1 (2006)
Copa 1 (2005)
unicajabaloncesto.com

O Baloncesto Málaga S.A.D., coñecido por motivos de patrocinio como Unicaja Málaga, é un equipo profesional de baloncesto español con sede na cidade de Málaga. Actualmente compite na Liga ACB, disputando os seus encontros como local no Palacio de Deportes José María Martín Carpena, recinto con capacidade para 11 300 espectadores. Entre os maiores éxitos do club están a consecución dunha Liga ACB, conseguida na temporada 2005−06, unha Copa do Rei, conseguida en 2005, e ser o segundo equipo español en derrotar a un equipo da NBA.

Historia

O Unicaja foi fundado orixinalmente en 1977 como Club Baloncesto Caja de Ronda.[1] Pouco despois da súa fundación, en 1981, o club consegue ascender á Primeira División, despois Liga ACB, naquela altura máxima categoría do baloncesto español. Desde aquela o equipo só abandonaría a elite nas temporadas 1985−86 e 1986−87. Porén, o Caja de Ronda non era o único equipo de Málaga na ACB. O Club Baloncesto Maristas Málaga, máis coñecido por motivos de patrocinio como Mayoral Maristas, era un club fundado en 1953 que conseguira chegar á ACB en 1988. No ano 1992, pouco despois de que a Caja de Ronda pasase formar parte de Unicaja, ambos clubs fusionáronse formando o actual Baloncesto Málaga. A fusión dos dous clubs tiña como obxectivo a creación dun único equipo forte na cidade que unise a todos os seareiros do baloncesto na cidade. A nivel histórico e estatístico o Unicaja é o continuador do Caja de Ronda.

A temporada 1994−95 foi a que supuxo a engalaxe do equipo. Con Javier Imbroda no banco e con xogadores como Nacho Rodríguez, Sergei Babkov, Mike Ansley ou Kenny Miller, o equipo acabou subcampión da ACB perdendo na final ante o FC Barcelona. Cómpre destacar que o Unicaja puido ter gañado de anotar Ansley unha canastra tripla de Ansley nos intres finais do cuarto partido da final. Con todo, o salto definitivo á elite chegou en 1999 coa chegada de Božidar Maljković ao banco. Con el o equipo foi subcampión da Copa Korać no ano 2000, campión en 2001 e de novo subcampión da Liga ACB en 2002.

No ano 2003 chega como adestrador ao club Sergio Scariolo. Con el ao mando, o club consegue gañar a Copa do Rei en 2005. Destacaban no equipo gañador Jorge Garbajosa, Carlos Cabezas, Berni Rodríguez, Stéphane Risacher, Pepe Sánchez, Fran Vázquez, Walter Herrmann e J.R. Bremer. Porén, o grande éxito do equipo chegaría na seguinte temporada, xa que en 2006 o equipo é quen de gañar a Liga ACB. Xunto con Garbajosa, xusto antes de irse á NBA e sendo nomeado mellor xogador da final, os xogadores máis destacados do equipo desa temporada foron Marcus Brown, Pepe Sánchez, Carlos Cabezas, Berni Rodríguez, Sandro Nicević, Walter Herrmann, Florent Piétrus e Daniel Santiago.

Na temporada 2006−07, o Unicaja acadou outro fito dentro da súa historia ao clasificarse por vez primeira á Final Four da Euroliga. O pase a fase final da competición chegou despois de vencer ao FC Barcelona por 67−64 no terceiro e definitov xogo dos cuartos de final. Porén, o club non é quen de chegar a final ao perder no primeiro encontro ante o CSKA Mosvoca. No partido polo terceiro posto o club consegue gañar ao TAU Vitoria. Outro fito destacábel do club foi a vitoria dos malagueños no ano 2007 aos Memphis Grizzlies da NBA. O equipo estadounidense, con Pau Gasol e Juan Carlos Navarro no elenco, perdeu por 102−99 ante 10 000 espectadores no Palacio de Deportes José María Martín Carpena. Esta vitoria converteunos no segundo equipo español en vencer a un equipo da NBA. O último grande éxito do club chegou na temporada 2016−17 coa consecución da EuroCup Basketball.

Pavillón

O Martín Carperna.

Tanto o Baloncesto Málaga como o Mayoral pasaron por diferentes recintos deportivos da cidade. Antes da fusión, o Caja de Ronda disputaba os seus partidos no Pavillón de Tiro Pichón até que en 1981 se trasladou ao Pavillón de Ciudad Jardín. Por outro lado, o Maristas facíao no Pavillón do Colexio Maristas e posteriormente no Pavillón de Carranque. Tras a fusión, o novo club xogou os seus encontros en Ciudad Jardín. Despois de alzarse co subcampionato de liga en 1995, a demanda de entradas para ver os xogos disparouse, estando o aforamento do pavillón estaba vendido para os socios. Por iso, o Concello de Málaga aprobou a construción dun novo palacio de deportes. Este pavillón, o actualmente chamado Martín Carpena, foi inaugurado en setembro de 1999.

Xogadores

Cadro actual

Unicaja 2021−2022
Xogadores Adestradores
Pos. # Nac. Nome Altura Peso Procedencia
E 3 España Fernández, Jaime 1,86 m (6 ft 1 in) 79 kg (174 lb) MoraBanc Andorra (2018)
A 7 Galiza Barreiro, Jonathan 2,03 m (6 ft 8 in) 90 kg (198 lb) Casademont Zaragoza (2021)
E 8 España Brizuela, Darío 1,88 m (6 ft 2 in) 75 kg (165 lb) Movistar Estudiantes (2019)
B 9 España Díaz, Alberto 1,88 m (6 ft 2 in) 86 kg (190 lb) Categorías inferiores (2012)
E 13 España Alonso, Francis 1,91 m (6 ft 3 in) 75 kg (165 lb) Oviedo Baloncesto (2020)
AP 21 Abromaitis, Tim 2,03 m (6 ft 8 in) 107 kg (236 lb) Zenit San Petersburgo (2020)
B 30 Cole, Norris 1,88 m (6 ft 2 in) 79 kg (174 lb) ASVEL (2021)
P 32 España Guerrero, Rubén 2,13 m (7 ft 0 in) 110 kg (243 lb) Samford Bulldogs (2018)
AP 43 España Suárez, Carlos 2,03 m (6 ft 8 in) 108 kg (238 lb) Real Madrid (2013)
P 50 Nixeria Eric, Micheal 2,10 m (6 ft 11 in) 120 kg (265 lb) CSKA Moscova (2021)
A 83 Francia Bouteille, Axel 2,01 m (6 ft 7 in) 95 kg (209 lb) Bilbao Basket (2020)
A 00 España Vicedo, Edgar 2,04 m (6 ft 8 in) 95 kg (209 lb) Movistar Estudiantes (2021)
Adestrador
Grecia Fotios Katsikaris
Asistente(s)
España Paco Aurioles
España Ángel Sánchez Cañete

Lenda
  • (C) Capitán
  • Lesionado Lesionado

Cadro
Actualizado: 08−102021

Dorsais retirados

O Baloncesto Málaga retirou o dorsal número 5 na honra de Barni Rodríguez o 26 de xuño de 2012.[2]

Dorsais retirados polo Baloncesto Málaga
Xogador Posición Etapa
5 Berni Rodríguez Escolta 1998–2012

Destacados

Galardóns individuais

MVP da Final da ACB

Mellor quinteto da ACB

Segundo mellor quinteto da ACB

Campión do Concurso de Triplas da ACB

Campión do Concurso de Mates da ACB

MVP da Copa do Rei

Segundo Equipo da Euroliga

MVP das Finais da EuroCup

Adestradores

A seguinte é unha lista dos adestradores do Caja Ronda e do Unicaja desde 1977.

  • España Alfonso Queipo de Llano (1977–1979)
  • España José María Martín Urbano (1979–1980)
  • España Damián Caneda (1980–1981)
  • España Ramón Guardiola (1981–1982)
  • España José María Martín Urbano (1982)
  • España Moncho Monsalve (1982–1984)
  • España Ignacio Pinedo (1984–1985)
  • España José María Martín Urbano (1985)
  • España Alfonso Queipo de Llano (1985–1986)
  • España Arturo Ortega (1986–1987)
  • España José María Martín Urbano (1987)
  • Serbia Zoran Slavnić (1987–1988)
  • España Mario Pesquera (1988–1990)
  • España José María Martín Urbano (1990–1992)
  • España Javier Imbroda (1992–1998)
  • España Pedro Ramírez (1998–1999)
  • Serbia Božidar Maljković (1999–2003)
  • España Paco Alonso (2003)
  • España Chechu Mulero (2003)
  • Italia Sergio Scariolo (2003–2008)
  • España Aito García Reneses (2008–2011)
  • España Chus Mateo (2011–2012)
  • España Luis Casimiro (2012)
  • Croacia Jasmin Repeša (2012–2013)
  • España Joan Plaza (2013–2018)
  • España Luis Casimiro (2018–2021)
  • Grecia Fotios Katsikaris (2021–presente)

Palmarés

Berni Rodríguez.

EuroCup

  • Campións (1): 2017

Copa Korać

  • Campións (1): 2001
  • Subcampións (1): 2000

Liga ACB

Copa do Rei

  • Campións (1): 2005
  • Subcampións (2): 2009, 2020

Copa Andalucía

  • Campións (13): 1997, 2001, 2003, 2007, 2008, 2010, 2011, 2012, 2014, 2015, 2016, 2017, 2018
  • Subcampións (5): 1998, 1999, 2000, 2004, 2005

Historial

Carlos Cabezas.
Ano Nivel Liga Pos. V–D Copa do Rei Outras copas Competicións europeas
Caja de Ronda
1978–79 2 1ª Div. B 10º 6–16
1979–80 2 1ª Div. B 13–17
1980–81 2 1ª Div. B 19–2–5
1981–82 1 1ª Div. 10º 10–1–15 Oitavos de final
1982–83 1 1ª Div. 12º 6–20 Cuartos de final
1983–84 1 Liga ACB 10º 14–16
1984–85 1 Liga ACB 14º 13–19
1985–86 2 1ª Div. B 18–15
1986–87 2 1ª Div. B 24–10
1987–88 1 Liga ACB 14º 3–30 Copa Príncipe OF
1988–89 1 Liga ACB 23–15 Cuartos de final
1989–90 1 Liga ACB 21–17 Oitavos de final 3 Copa Korać 1R 1–1
1990–91 1 Liga ACB 10º 19–21 Terceira rolda 3 Copa Korać 1R 0–2
1991–92 1 Liga ACB 14º 16–23 Segunda rolda
Unicaja
1992–93 1 ACB 19–14 Primeira rolda
1993–94 1 ACB 12º 13–18 Cuartos de final
1994–95 1 ACB 32–16 Primeira rolda
1995–96 1 ACB 27–14 Cuartos de final 1 Euroliga FG 8–8
1996–97 1 ACB 22–17 3 Copa Korać CF 9–3
1997–98 1 ACB 20–17 3 Copa Korać OF 7–3
1998–99 1 ACB 18–16 Cuartos de final 3 Copa Korać FG 2–4
1999–00 1 ACB 22–17 Cuartos de final 3 Copa Korać 11–5
2000–01 1 ACB 30–11 Cuartos de final 3 Copa Korać 14–2
2001–02 1 ACB 33–10 Semifinais 1 Euroliga TR 6–8
2002–03 1 ACB 29–15 Semifinais 1 Euroliga T16 8–12
2003–04 1 ACB 23–19 1 Euroliga TR 4–10
2004–05 1 ACB 27–16 Campión Supercopa 1 Euroliga TR 6–8
2005–06 1 ACB 35–10 Semifinais Supercopa 1 Euroliga T16 15–5
2006–07 1 ACB 17–20 Cuartos de final Supercopa 1 Euroliga 14–11
2007–08 1 ACB 19–19 Cuartos de final 1 Euroliga T16 13–7
2008–09 1 ACB 27–11 Subcampión 1 Euroliga T16 10–6
2009–10 1 ACB 21–18 1 Euroliga T16 9–7
2010–11 1 ACB 19–17 1 Euroliga T16 6–10
2011–12 1 ACB 17–17 Cuartos de final 1 Euroliga T16 4–12
2012–13 1 ACB 18–16 1 Euroliga T16 15–9
2013–14 1 ACB 26–15 Cuartos de final 1 Euroliga T16 11–13
2014–15 1 ACB 29–13 Semifinais 1 Euroliga T16 8–16
2015–16 1 ACB 20–16 Supercopa 1 Euroliga T16 11–13
2016–17 1 ACB 24–14 Cuartos de final 2 EuroCup 13–9
2017–18 1 ACB 19–17 Cuartos de final Supercopa SF 1 Euroliga 13–17
2018–19 1 ACB 22-15 Cuartos de final 2 EuroCup CF 12–7
2019–20 1 ACB 10º 15–13 Subcampión 2 EuroCup 11–5
2020–21 1 ACB 11º 17–19 Cuartos de final 2 EuroCup T16 8–8

Notas

  1. "Historia". unicajabaloncesto.com (en castelán). 
  2. "El Unicaja retira el dorsal 5 en honor a Berni Rodríguez" [O Unicaja retira o dorsal 5 na honra de Berni Rodríguez] (en castelán). 26 de xuño de 2012. Arquivado dende o orixinal o 11 de agosto de 2017. Consultado o 02 de xuño de 2018. 

Véxase tamén

Ligazóns externas