Jayson Antonie Granger Amodio, nado o 15 de setembro de 1989 en Montevideo, é un xogador profesional de baloncesto internacional uruguaio que xoga para o Reyer Venezia da Lega Basket Serie A. Cunha estatura de 1,89 metros pode xogar nas posicións de base e escolta.
Traxectoria
No ano 2006, con tan só 16 anos, Granger asinou co CB Estudiantes, e debutou co primeiro equipo na tempada 2007-08. Tras rematar o seu contrato co Estudiantes, fichou polo Unicaja da Liga ACB.[1]
O 26 de xuño de 2015, asinou un contrato de dous anos co Anadolu Efes SK turco.[2]
O 16 de agosto de 2017, Granger asinou un contrato de tres anos co Baskonia da Liga ACB.[3]
O 1 de agosto de 2020, Granger asinou co Alba Berlin da Basketball Bundesliga.[4]
O 13 de xullo de 2021, anunciouse a volta de Granger ó Saski Baskonia da Liga ACB, asinando un contrato por dúas tempadas.[5]
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas