Bai Juyi (chinés tradicional e simplificado: 白居易; pinyin: Bái Jūyì; Wade-Giles: Pai2 Chü1-i4), nome de cortesía Letian (樂天), nado en Xinzheng (Henan) o 28 de febreiro de 772 e finado en Luoyang o 23 de setembro de 846, foi un poeta chinés da dinastía Tang.[1] Tamén foi gobernador de varias provincias chinesas.[2] A súa obra máis coñecida é o poema Chang hen ge (長恨歌, "A balada da eterna tristeza"), sobre a consorte Yang Guifei.[3]
Traxectoria
Naceu no seo dunha familia de letrados con escasos recursos. Aos dez anos a súa familia enviouno preto de Chang'an para se educar, pasou o grao jinshi no ano 800. Escribiu máis de 2800 poemas, nos que empregou unha lingua sinxela e temas directos, os seus poemas máis famosos son Balada da eterna tristeza, que conta a historia de Yang Guifei e Balada do tanxedor de laúde. Os seus poemas foron e continúan a ser moi populares na China. Tamén tivo un papel fundamental no desenvolvemento da poesía xaponesa.[4]
Notas
- ↑ "Bai Juyi - Tang Dynasty, Poetry, Politics - Britannica". www.britannica.com (en inglés). Consultado o 2023-12-04.
- ↑ Foundation, Poetry (2023-12-04). "Bai Juyi". Poetry Foundation (en inglés). Consultado o 2023-12-04.
- ↑ "Tang Dynasty Revolution and Poetry: Bai Juyi's "Construction" of Yang Guifei". Association for Asian Studies (en inglés). Consultado o 2023-12-04.
- ↑ Arntzen, Sonja (2008). "A Shared Heritage of Sensibility?: The Reception of Bai Juyi's Poetry in Japan". Japan-China Cultural Relations.
Véxase tamén
Ligazóns externas
- 白居易 (La literatura china en España)