August Heinrich Petermann, nado en Bleicherode, preto de Nordhausen, o 18 de abril de 1822 e finado en Gotha o 25 de setembro de 1878, foi un xeógrafo e cartógrafo alemán.
Traxectoria
Estudou na Escola xeográfica de arte de Potsdam e en 1845 trasladouse a Edimburgo para traballar como axudante de Keith Johnston na realización dunha edición inglesa do Atlas de Xeografía Física de Heinrich Berghaus.
En 1847 pasou a residir en Londres e en 1854 converteuse director do Instituto Xeográfico de Justus Perthes de Gotha, e fundou a revista Petermanns Geographische Mitteilungen en 1855. Petermann foi o editor da 4ª, 5ª e 6ª edicións do Stielers Handatlas.
A súa obra axudou a fixar a xeografía do interior de África e das rexións do Polo Norte.
Véxase tamén
Ligazóns externas
- Mapa de Texas, Territorio indio, Louisiana, Arkansas, Missouri e Kansas (1870), realizado por August Petermann e publicado por Justus Perhes (The Portal of the Texas History).