Johann Georg Justus Perthes, nado en Rudolstadt (Turinxia) o 11 de setembro de 1749 e finado o 2 de maio de 1816, foi un editor alemán e fundador da casa editorial que mantén o seu nome.
Traxectoria
Naceu na cidade turinxia de Rudolstadt e era fillos dun médico da corte de Schwarzburg. Desde 1778 traballou como libreiro nas proximidade de Gotha onde, en 1785, fundou a empresa editorial sobre cartografía Justus Perthes Geographische Anstalt Gotha. Máis tarde, en 1814, se lle uniu seu fillo Wilhelm Perthes (1793–1853), quen estivera na casa editorial dun sobriño de Justus, Friedrich Christoph Perthes, en Hamburgo.
Herdeiros
Á morte de Justus en Gotha, Wilhelm fíxose cargo da empresa e sentou as bases da rama xeográfica da empresa pola que é principalmente coñecida, mediante a primeira publicación do Atlas Manual de 1817-1823, posterior ao de Adolf Stieler (1775-1836).
Wilhelm Perthes contou coa colaboración dos xeógrafos alemáns máis eminentes da época, incluíndo a Stieler, como Heinrich Berghaus (1797–1884),[2] Christian Gottlieb Reichard (1758–1837), quen estivo asociado con Stieler na compilación do atlas, Karl Spruner (1803–1892) e Emil von Sydow (1812–1873). O negocio pasou ao seu neto Bernhardt Wilhelm Perthes (1821–1857),[3] quen estivo asociado con August Heinrich Petermann baixo cuxa dirección a coñecida publicación periódica Petermanns Geographische Mitteilungen foi editada por primeira vez en 1855, e Bruno Hassenstein (1839–1902); e na seguinte xeración ao seu fillo Bernhard Perthes (1858–1919), que naceu despois da morte do seu pai Bernhardt Wilhelm.
Publicacións
Desde 1785 a firma tamén editou o Almanaque de Gotha, unha publicación anual de tipo estatístico, histórico e xenealóxico (en alemán e francés) dos distintos países do mundo (publicado por primeira vez por Carl Wilhelm Ettinger, Gotha, en 1763) e que xunto con outras series publicouse até 1944.[4] e en 1866 produciuse o elaborado Geographisches Jahrbuch baixo a dirección de Ernst Behm (1830–1884), a cuxa morte continuou baixo a do profesor Hermann Wagner.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
- "PERTHES, JOHAN GEORG JUSTUS". The Encyclopaedia Britannica (volume 21: PAYN to POLKA) (en inglés) (11ª ed.). Londres: Cambridge University Press. 1911. pp. 261–262.
Ligazóns externas