A Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) constituíse a partir dunha xuntanza celebrada o 3 de maio de 1980 en Santiago de Compostela por un grupo de escritores, entre os que se contaban Alfredo Conde , Paco Martín , Xosé Manuel Martínez Oca , Xosé Luís Méndez Ferrín , Alfonso Pexegueiro , Manuel Rivas , Uxío Novoneyra , Xavier Rodríguez Barrio , Bernardino Graña e Xoán Ignacio Taibo que acordan formar unha asociación que defendese os intereses da práctica escrita en galego seguindo o facho da Asociación de Escritores de Galicia que non puido desenvolver o seu labor polo estoupido da Guerra Civil española pouco despois da súa constitución.
A AELG celebrou o I Congreso de Escritores Galegos en 1981 e participou na organización dos encontros Galeusca con escritores cataláns e vascos. Durante anos estivo enfrontada á Real Academia Galega por considerala unha institución inmobilista que non traballaba a prol da cultura galega. A revista Escrita Contemporánea foi o seu voceiro oficial. Está recoñecida pola Academia Sueca para presentar candidatos oficiais ao Premio Nobel de Literatura e forma parte do Congreso de Escritores Europeos .
Ten a súa sede no Edificio de Sindicatos da cidade da Coruña .[ 1] A 1 de xaneiro de 2019 a asociación contaba con 459 socios,[ 2] nese ano convocou un Parlamento de Escritoras.[ 3]
En 2022 foi Premio Rosalía de Castro de Lingua .[ 4]
Presidentes
Sucesivamente:
Composición do consello directivo
Cesáreo Sánchez, presidente da AELG.
Escritor galego universal
Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega destaca aquelas autoras e autores que unen á excelencia literaria o compromiso ético que os converte en referentes na defensa da dignidade nacional e humana, honrando cada ano unha escritora ou escritor.[ 7]
Notas
↑ Páxina de contacto da AELG
↑ Informe do Consello Directivo da AELG , Asemblea xeral de socios celebrada en febreiro de 2019.
↑ "A AELG convoca un parlamento de escritoras polos dereitos civís" . Sermos Galiza . 11 de marzo de 2019. Arquivado dende o orixinal o 16 de outubro de 2019. Consultado o 13 de marzo de 2019 .
↑ "María Canosa, Premio Rosalía de Castro da Deputación da Coruña" . La Voz de Galicia . 2022-05-31. Consultado o 2022-06-01 .
↑ "Novas secci\u00F3ns e incorporaci\u00F3ns na directiva da AELG" . www.aelg.gal . Consultado o 2020-12-03 .
↑ AELG Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega
↑ "Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega" . www.aelg.gal . Consultado o 2020-12-03 .
↑ culturagalega.org (2006-04-07). "Poeta galego de Palestina" . culturagalega.org (en castelán ) . Consultado o 2020-12-03 .
↑ "A AELG nomea Escritor Galego Universal o vasco Bernardo Atxaga" . www.elcorreogallego.es . Consultado o 2020-12-03 .
↑ "A AELG nomea Escritor Galego Universal o vasco Bernardo Atxaga" . www.elcorreogallego.es (en castelán ) . Consultado o 2021-10-17 .
↑ "Vieiros: Galiza Hoxe - Nancy Morejón, 'escritora galega universal' " . www.vieiros.com . Consultado o 2020-12-03 .
↑ "Elena Poniatowska recibirá el título de Escritora Galega Universal o 9 de maio" . La Región . 2009-04-30. Consultado o 2020-12-03 .
↑ "O poeta Juan Gelman, elixido «escritor galego universal»" . La Voz de Galicia . 2009-12-24. Consultado o 2020-12-03 .
↑ asociacionescritoras-es. "Antonio Gamoneda, nomeado Escritor Galego Universal pola AELG Axenda cultural AELG::" . Consultado o 2020-12-03 .
↑ Efe (2012-01-21). "José Luis Sampedro, distinguido como Escritor Galego Universal" . La Opinión de A Coruña . Consultado o 2020-12-03 .
↑ "Lídia Jorge, Escritora galega universal para a AELG" . Nós Diario . Consultado o 2020-12-03 .
↑ "A AELG nomea Escritor Galego Universal a Bernardo Atxaga" . Nós Diario . Consultado o 2020-12-03 .
↑ "Luiz Ruffato, Escritor Galego Universal 2015, en Lugo / Rede Museística provincial de LUGO" . redemuseisticalugo.org . Arquivado dende o orixinal o 2022-05-04. Consultado o 2022-01-28 .
↑ "Pere Gimferrer, Escritor Galego Universal 2016" . Praza Pública . 2016-02-13. Consultado o 2020-12-03 .
↑ "Hélia Correia, Escritora Galega Universal, e Pilar García Negro, Escritora na súa Terra" . Nós Diario . Consultado o 2020-12-03 .
↑ "Falece a autora e xornalista valenciana Isabel-Clara Simó, Escritora Galega Universal 2018" . Nós Diario . Consultado o 2020-12-03 .
↑ "María Teresa Horta, distinguida como Escritora Galega Universal" . Galicia Confidencial . Consultado o 2020-12-03 .
↑ "Mariasun Landa, Escritora Galega Universal 2020 Jakiunde" . www.jakiunde.eus . Arquivado dende o orixinal o 21 de setembro de 2020. Consultado o 2020-12-03 .
↑ "A AELG nomea José Luandino Vieira "Escritor Galego Universal" " . Nós Diario . Consultado o 2021-04-17 .
↑ Diario, Nós. "A AELG nomea a portuguesa Ana Luísa Amaral como Escritora Galega Universal 2022" . Nós Diario . Consultado o 2022-04-05 .
↑ "Escritora Galega Universal 2023: Lydia Cacho" . AELG . Consultado o 2022-04-05 .
Véxase tamén
Outros artigos
Ligazóns externas