Está considerada unha das autoras modernas máis importantes de literatura catalá. Foi galardoada en múltiples ocasións; entre outras distincións, en 1978 co Premio Víctor Català por És quan miro que hi veig clar; en 1993 recibiu o premio Sant Jordi por La salvatge, en 1999 foille concedida a Cruz de Sant Jordi pola súa traxectoria literaria, no 2001 outorgáronlle o premio Andròmina de narrativa por Hum... Rita!: L'home que ensumava dones, o Premio da Crítica dos Escritores Valencianos en ensaio, por En llegítima defensa e o Premio Joanot Martorell de narrativa por Amor meva.
Como xornalista, foi directora do semanario Canigó e é columnista no diario Avui. Foi Delegada do Libro do Departamento de Cultura da Generalitat de Cataluña.
Traxectoria
Isabel-Clara Simó licenciouse en filosofía pola Universidade de Valencia[3] e en xornalismo, ademais de ser doutora en filoloxía románica. Exerceu como profesora en Buñol e, posteriormente, no Instituto Ramón Muntaner de Figueras, onde naceron os seus fillos, e no Instituto Sant Josep de Calasanç de Barcelona. Pasou ao xornalismo no ano 1972 como directora do semanario Canigó, colaborando ademais habitualmente con distintos medios de comunicación. Creou nos seus propios contos e novelas personaxes complexos que manteñen relacións conflitivas, como La Nati (1991), Raquel (1992), Històries perverses (1992) ou os de T'imagines a vida sense ell? (2000). Obras como Júlia ou D'Alcoi a Nova York (1987) foron ambientadas en Alcoi, o seu lugar de nacemento.[4]
Foi galardoada, entre outros, co Premio Sant Jordi de Novela 1993, pola súa obra La salvatge. Tamén foi delegada do Libro do Departamento de Cultura da Generalitat de Cataluña. En 1999 foi distinguida coa Creu de Sant Jordi, pola súa traxectoria. O libro de relatos Dones (1997) foi obxecto dunha adaptación cinematográfica, o ano 2000. De publicación máis recente, foron libros como L'home que volava en el trapezi (2002) ou a súa recompilación de artigos no xornal Avui, co título En legítima defensa. Tamén debe destacarse o éxito de crítica e público da obra teatral Còmplices, levada a escena por Pep Cortès.
En 1993 gañou o Premio Crítica Serra d'Or de Narración por Històries perverses. O ano 2001, élle outorgado o premio Andrómeda polo seu libro Hum... Rita!: L'home que ensumava dones, e o 2004 o Premio da Crítica dos Escritores Valencianos na súa modalidade de ensaio, por En legítima defensa. O ano 2007, conseguiu o Premio de Novela Cidade de Alcira coa súa obra El meu germà Pol.
Como xornalista, foi directora do semanario Canigó, foi columnista do xornal Avui e actualmente éo do Punt Avui. Foi delegada do Libro do Departamento de Cultura da Generalitat de Cataluña.
O ano 2009 recibiu o premio Traxectoria no marco da Semana do Libro en Catalán. Segundo a organización, este galardón recoñecía a extensa obra da escritora e a súa implicación na defensa da lingua catalá.[5] En 2013, tamén foi recoñecida polo Concello de Alcoi coa concesión da medalla de ouro da cidade e o nomeamento de filla predilecta.[4]