Non confundir con Ácido graxo poliinsaturado.
A Asociación Galega de Profesionais da Ilustración (AGPI) é unha asociación creada no ano 2000. Agrupa a ilustradores e ilustradoras de distintas xeracións e de todas as áreas da creación visual aplicada, como pode ser o deseño gráfico, a ilustración científica, a ilustración de libros etc. Cada 30 de xaneiro, coincidindo co día do nacemento de Castelao, organizan, colaborando coa Xunta de Galicia, o Día da Ilustración, unha data que serve para reivindicar o papel dos profesionais do mundo da ilustración homenaxeando a un ilustrador ou ilustradora histórico galego. Entre outros, foron protagonista deste día Reimundo Patiño, Lolita Díaz Baliño, María Antonia Dans ou Chichi Campos.[1][2]
Organización
Membresía
AGPI forma parte da Federación de Asociaciones de Ilustradores Profesionales (FADIP) do Estado español, integrada, a data de 2023, polas asociacións de Cataluña, Galiza, Madrid, País Vasco e Valencia, e do European Illustrators Forum (EIF), que inclúe asociacións de ilustradores de toda Europa; á súa vez, a FADIP tamén é membro do EIF.[3]
Obxectivos
Segundo a súa páxina oficial[4] os seus obxectivos son a representación e defensa dos dereitos e intereses dos seus membros, a mellora das condicións laborais, legais e de contratación dos profesionais, facilitar formación e información para o desenvolvemento dos mesmos, acadar maior proxección e recoñecemento sociocultural para a ilustración, e a colaboración con outras asociacións, con órganos de goberno e institucións da industria cultural. Para iso achegan orientación profesional e laboral, asesoría xurídica, directorios, informes etc, e organizan diversos cursos e conferencias.
Xunta directiva
A data de 2023, formaban parte da súa directiva, entre outros, Laura Romero, Augusto Metztli, Álvaro Sempere e Iria Ribadomar.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas