Anthony Mann
Emil Anton Bundesmann, nado en San Diego (California) o 30 de xuño de 1906 e finado en Berlín o 29 de abril de 1967, foi un actor e director de cine estadounidense coñecido como Anthony Mann. TraxectoriaO seu pai, Emile Theodore Bundsmann, era un emigrante austríaco, e a súa nai Bertha Waxelbaum (apelido orixinal: Weichselbaum), proviña dunha familia xudía de Macon, Xeorxia. Comezou a súa carreira de actor en Nova York, en salas pequenas do Off-Broadway. No 1938 trasladouse a Hollywood e en 1942 comezou a traballar como asistente de dirección. Comezou a sobresaír en Hollywood ó destacar no cinema negro clásico con filmes como He Walked by Night (1948), Railroaded!, T-Men e Raw Deal. Tamén recibiu un significativo éxito no xénero western, especialmente nunha serie de colaboracións con James Stewart: Winchester '73, Far Horizons, The Naked Spur, The Far Country, O home de Laramie e O home do Oeste con Gary Cooper, considerado por moitos críticos como a súa obra mestra. Os anos 60 centrouse en facer dúas grandes producións épicas co produtor Samuel Bronston: El Cid (1961) e A caída do Imperio Romano (1964). Estivo casado con Sara Montiel, coa que traballou en Serenade xunto con outras estrelas como Joan Fontaine, Mario Lanza e Vincent Price. Polo seu traballo ten unha estrela no Paseo da Fama de Hollywood no 6229 de Hollywood Boulevard. Filmografía
Véxase tamén
Ligazóns externas |