André Leroi-Gourhan

Modelo:BiografíaAndré Leroi-Gourhan

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento25 de agosto de 1911 Editar o valor en Wikidata
11º distrito de París (Francia) Editar o valor en Wikidata
Morte19 de febreiro de 1986 Editar o valor en Wikidata (74 anos)
13º distrito de París (Francia) Editar o valor en Wikidata
Vicedirector Museu Guimet (pt) Traducir
1940 – 1943
Presidente French Prehistoric Society (en) Traducir
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
EducaciónLycée Arago (en) Traducir
Universidade de París Editar o valor en Wikidata
Director de teseMarcel Mauss Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónantropólogo, paleoantropólogo, arqueólogo, etnólogo, profesor universitario, paleontólogo, prehistoriador, investigador Editar o valor en Wikidata
EmpregadorCollège de France (pt) Traducir, catedrático (1969–1982)
Museu Guimet (pt) Traducir, vicedirector (1940–1943)
Universidade de París Editar o valor en Wikidata
Membro de
AlumnosHenri de Contenson Editar o valor en Wikidata
Obra
DoutorandoBrigitte Delluc (en) Traducir, Colette Pétonnet (pt) Traducir, Mariel Jean-Brunhes Delamarre, Yvette Taborin (pt) Traducir, Thérèse Poulain (en) Traducir, Jean Galtier (en) Traducir, Pierre Bonte (pt) Traducir, Alain Le Brun (en) Traducir, Daniel Frimigacci (pt) Traducir, Michel Lorblanchet (en) Traducir, Corneille Jest (en) Traducir, Patrick Plumet (pt) Traducir, Martine Dalas (en) Traducir, Marie-José Tubiana (pt) Traducir, Alain Ichon, Catherine Perlès (en) Traducir, Hélène Balfet, Aliette Geistdœrfer, Nicole Échard, Anne Lavondès (en) Traducir, Henri Lavondès (pt) Traducir, Donatien Laurent (pt) Traducir, Claudine De France (en) Traducir e Françoise Audouze (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Arquivos en
Familia
CónxuxeArlette Leroi-Gourhan Editar o valor en Wikidata
Premios

Descrito pola fonteGrande Enciclopedia Soviética 1969-1978, (sec:Леруа-Гуран Андре)
Obálky knih,
The Great Archaeologists (en) Traducir, (p.268-271) Editar o valor en Wikidata
BNE: XX973338

André Leroi-Gourhan, nado o 25 de agosto 1911 en París e finado o 19 de febreiro de 1986 na mesma cidade, foi un etnólogo, arqueólogo e historiador francés, especialista na prehistoria. Foi tamén un pescudador da tecnoloxía e da cultura, que soubo unir precisión científica e conceptualidade filosófica.

Biografía

Aínda neno devecía polos corredores do Museo Nacional de Historia Natural e lía Les Hommes fossiles (Os homes fósiles) de Marcellin Boule que lle regalara a súa madriña. Alumno de Marcel Granet, logo de Marcel Mauss, que dirixiu a súa tese de doutoramento en letras dedicado a A Arqueoloxía do Pacífico Norte; ademais estudou ruso e chinés. Desde 1933 traballou nos departamentos de etnoloxía de diferentes museos, como o British Museum e o Musée de l'Homme. Deseguido foi nomeado chargé de mission, durante dous anos, no Xapón, para o Musée de l'Homme e mais os Museos nacionais. De regreso en Francia, foi nomeado conservador adxunto do Museo Guimet entre 1940 e 1944. Neste mesmo ano (non esquecer que son os anos da segunda guerra mundial), foi enviado ao castelo de Valençay para velar por algunhas obras evacuadas do Louvre, como a Venus de Milo ou a Vitoria de Samotracia. Colaborou nas actividades da Resistencia, o que lle valeu en 1945 ser recompensado coa medalla da Resistencia, a cruz de Guerra e mais a cruz da Lexión de Honor. En 1946, converteuse en subdirector do Musée de l'Homme.

Comezou unha segunda tese doutoral, en ciencias, dedicada a Trazas de equilibrios mecánicos en cranio de vertebrados terrestres (1954). En 1956, sucedeu a Marcel Griaule na Sorbona, na cátedra de Etnoloxía xeral e Prehistoria, logo foi profesor no Colexio de Francia desde 1969 a 1982 e membro do Instituto de Francia. En 1973, recibiu a medalla de ouro do CNRS (Centro nacional de investigación científica).

Leroi-Gourhan e a arte prehistórica

André Leroi-Gourhan propuxo unha visión radicalmente nova sobre a interpretación da arte rupestre, baseada simultaneamente nos mesmos documentos, na análise das relacións de proximidade das obras e na súa posición respecto da topografía das covas. Procedeu a un tratamento estatístico das representacións e chegou a unha lectura simbólica das figuras, interpretadas como símbolos masculinos ou femininos.

Leroi-Gourhan e os métodos de escavación arqueolóxica

No transcurso das escavacións que dirixiu na gruta dos Furtins en 1945, nas cavernas de Arcy-sur-Cure entre 1946 e 1963, e sobre todo no asentamento magdaleniense de Pincevent a partir de 1964, André Leroi-Gourhan contribuíu a renovar os métodos de escavación arqueolóxica. O sitio, excepcionalmente conservado, de Pincevent permitiulle desenvolver unha análise espacial dos hábitats prehistóricos, grazas á escavación por capas.

Citas

  • «A partir do intre no que o home non pode falar, porque está ausente ou morto, onde os arquivos non existen, dúas testemuñas subsisten: a arte e as técnicas» (L'Homme et la matière, Introduction)
  • «Non se fai mellor Prehistoria amoreando machados puídos, como non se fai Botánica apañando leitugas no horto. »

Principais publicacións

  • L'Homme et la matière, París, Albin Michel, 1943
  • Milieu et techniques, París, Albin Michel, 1945
  • Le geste et la parole, París, Albin Michel, 1964-65
  • Les religions de la Préhistoire, París, PUF, 1964
  • Préhistoire de l'art occidental, París, Mazenod, 1965
  • Dictionnaire de la Préhistoire, París, Presses Universitaires de France

Véxase tamén

Bibliografía

  • Brigitte et Gilles Delluc, « Hommage à André Leroi-Gourhan », Archéologia, n° 212, 1986.
  • Marc Groenen, Pour une histoire de la préhistoire, Éd. J. Millon , 1994, ISBN 2-905614-93-5
  • Michel Lorblanchet, Les grottes ornées de la Préhistoire, Errance, 1995, ISBN 2-87772-112-4