Alfredo González-Ruibal

Modelo:BiografíaAlfredo González-Ruibal
Biografía
Nacemento1976 Editar o valor en Wikidata (48/49 anos)
Madrid, España Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade Complutense de Madrid Editar o valor en Wikidata
Director de teseGonzalo Ruiz Zapatero (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoArqueoloxía Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónarqueólogo, prehistoriador Editar o valor en Wikidata
EmpregadorConsello Superior de Investigacións Científicas (2009–)
Instituto de Ciencias do Patrimonio Editar o valor en Wikidata
Premios

BNE: XX5063539 BUSC: gonzalez-ruibal-alfredo


Alfredo González-Ruibal, nado en Madrid en 1976, é un arqueólogo e etnoarqueólogo galego especializado en investigación da arqueoloxía do pasado contemporáneo.[1] É investigador no Instituto de Ciencias do Patrimonio de Santiago de Compostela.[2]

Traxectoria

Criouse na Galiza[3] porque seus pais (Constantino González de Forcarei[4] e Milagrosa Ruibal) foron profesores de instituto en Pontevedra, onde el estudou secundaria.

Licenciouse en Historia pola Universidade Complutense de Madrid en 1999,[5] e en 2003 doutorouse en Arqueoloxía Prehistórica na mesma universidade coa tese Desarrollo de las comunidades protohistóricas del noroeste de Iberia, dirixida por Gonzalo Ruiz Zapatero.[6] Foi Premio Extraordinario de licenciatura e de doutoramento.[5] En 2004 foi profesor asociado da American University Abroad de Madrid.[5] Tamén ese mesmo ano foi bolseiro no Laboratorio de Arqueoloxía e Formas Culturais da Universidade de Santiago de Compostela.[5]

De marzo de 2005 a setembro de 2006 González-Ruibal foi bolseiro postdoctoral MEC/Fulbright no Archaeology Center da Universidade de Stanford en Stanford, California, Estados Unidos.[5]

En 2005 creou, xunto a Christopher Witmore e Timothy Webmoor, o sitio web colaborativo sobre arqueoloxía Archaeolog.org.[7]

Tras regresar a España, de outubro de 2006 a setembro de 2009 foi profesor axudante no Departamento de Prehistoria da Universidade Complutense de Madrid.[5] [8]

Desde 2009 traballa no Instituto de Ciencias do Patrimonio do Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC) de Santiago de Compostela.[9] Realizou traballo de campo en Italia, Brasil, Sudán, Guinea Ecuatorial, Etiopía, Somalia, India e Yibuti.[10]

As súas investigacións céntranse na arqueoloxía e a prehistoria, historia antiga, medieval, moderna e contemporánea, especialmente en investigacións sobre conflitos bélicos, o capitalismo, o colonialismo, comunidades que resisten a modernidade, enxeñaría aeronáutica e a ditadura. Realizou traballos de campo relacionados con estes temas en España, especialmente na coordinación do traballo arqueolóxico na Guerra Civil e os primeiros anos da ditadura de Franco. Entre 2001 e 2010 estudou o período fascista no oeste de Etiopía e o colonialismo en Guinea Ecuatorial a través dos seus restos arqueolóxicos.[11]

É coeditor da revista Journal of Contemporary Archeology, especializada en arqueoloxía dos séculos XX e XXI.[5] É membro do consello editorial de Monographies in Mediterranean Archaeology e Complutum (revista Scopus); membro do consello asesor da Revista Chilena de Antropoloxía, Menga de la Revista Andaluza de Prehistoria e de Culture & History Dixital Journal do CSIC.[5] Tamén é divulgador sobre historia e arqueoloxía a través da súa canle de X (antes Twitter) @GuerraenlaUni.

Controversias

En 2007, tras publicar en Internet unha foto dun alcalde franquista cuxos familiares entenderon que o estaban acusando de ser un asasino, estes presentaron unha querela contra el, pero a xuíza desestimouna ao entender que exercía a súa liberdade de expresión e que non houbo inxurias.[12]

De familia franquista, propuxo reformar o Valle de los Caídos para que xere incomodidade como testemuño da ditadura; foi expulsado de alí en 2017 por retirar unhas flores da tumba de Franco que foran depositadas no que el consideraba un xesto político contrario á Lei de Memoria Histórica.[13] [14]

As súas escavacións en Jadraque, subvencionadas polo Goberno de España, foron criticadas e vinculadas ao activismo de esquerdas; Defende que alí existía un campo de concentración documentado, que o seu traballo é rigoroso e que os fondos só cobren gastos e non hai beneficios económicos.[15]

Obras

  • La experiencia del Otro: una introducción a la etnoarqueología (2003). Ediciones Akal.
  • Galaicos: poder y comunidad en el noroeste de la península ibérica (2007). Museo Arqueolóxico Provincial de La Coruña.
  • Reclaiming Archaeology: Beyond the Tropes of Modernity (2013). Routledge
  • An Archaeology of Resistance: Materiality and Time in an African Borderland (2014). Rowman & Littlefield Publishers.
  • Ethics and the Archaeology of Violence (2015). Springer.
  • Volver a las trincheras: Una arqueología de la Guerra Civil Española (2016). Alianza Editorial.
  • An Archaeology of the Contemporary Era (2018). Routledge.
  • Arqueología: Una introducción al estudio de la materialidad del pasado (2018). Alianza Editorial. Con Xurxo Ayán.
  • Tierra arrasada. Un viaje por la violencia del paleolítico al siglo XXI (2023). Crítica

Artigos en revista e capítulos de libros

  • González Ruibal, A. (2007). Making things public: archaeologies of the Spanish Civil War (1936-39). Public Archaeology 6(4): 259-282.
  • González Ruibal, A. (2008). Time to Destroy. An archaeology of Supermodernity. Current Anthropology 48(2): 247-279.
  • González Ruibal, A. y Hernando Gonzalo, A. (2010). Genealogies of destruction: an archaeology of the contemporary past in the Amazon forest. Archaeologies 6(1): 5-28.
  • González Ruibal, A., Sahle, Y. and Ayán, X. (2011). A social archaeology of colonial war in Ethiopia. World Archaeology 43(2): 40-65.
  • González-Ruibal, A., Hernando, A. and Politis, G. (2011). Ontology of the self and material culture: Arrow-making among the Awá hunter-gatherers (Brazil). Journal of Anthropological Archaeology 30(1):1-16.
  • González Ruibal, A. (2012). From the battlefield to the labour camp. Archaeology of civil war and dictatorship in Spain. Antiquity 86(332): 456–473.
  • González Ruibal, A. (2012). Archaeology and the study of material culture: synergies with cultural psychology. En J. Vaalsiner (ed.): Oxford Handbook of Cultural Psychology. Nueva York: Oxford University Press, 132-162.
  • González Ruibal, A. (2014). Archaeological Revolution(s). Current Swedish Archaeology 22: 41-45.

Premios e recoñecementos

  • Premio Nacional de Ensaio 2024, por Tierra arrasada: un viaje por la violencia del Paleolítico al siglo XXI.[16] O xurado destacou “a apaixonante e nova forma de presentar os conflitos armados desde a experiencia e o punto de vista da arqueoloxía de campo. Na precisión do narrado, subxace a experiencia directa do autor en diferentes xacementos, o que fai posible oír as voces habitualmente silenciadas no relato frío e convencional das guerras, elevando a categoría da arqueoloxía de ciencia a ética”.[17]

Notas

  1. "Alfredo González-Ruibal Independent Researcher - Academia.edu". independentresearcher.academia.edu. Consultado o 2024-10-26. 
  2. "Incipit". www.incipit.csic.es. Consultado o 2024-10-26. 
  3. "Alfredo González-Ruibal: «É falso que a violencia bélica sexa cada vez máis brutal e máis total»". La Voz de Galicia (en castelán). 2024-10-16. Consultado o 2024-10-26. 
  4. Calros Solla (15 de outubro de 2016). "Saudade do profesor Constantino González Penas (I)". Faro de Vigo. 
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 5,4 5,5 5,6 5,7 Facultade de Xeografía e Historia, Universidade de Santiago de Compostela (ed.). "Plan Docente del Máster Universitario Arqueología y Ciencias de la Antigüedad" (PDF). 
  6. González Ruibal, Alfredo (2003). "Desarrollo de las comunidades protohistóricas del noroeste de iberia" (en castelán). Universidad Complutense de Madrid. 
  7. "About Archaeolog archaeolog". web.archive.org. 2014-05-13. Archived from the original on 13 de maio de 2014. Consultado o 2024-10-26. 
  8. "Reclaiming archaeology: beyond the tropes of modernity WorldCat.org". search.worldcat.org (en inglés). Consultado o 2024-10-26. 
  9. "Incipit · Directorio de Personal". Consultado o 21 de mayo de 2019. 
  10. Soufi, Daniel (2024-11-04). "Alfredo González Ruibal, premio nacional de ensayo: “Las fosas comunes son testimonio del más profundo fracaso humano”". El País (en castelán). Consultado o 2024-11-04. 
  11. Ruibal, Alfredo González; Vila, Xurxo M. Ayán (2014). "Cultura material, etnicidad y colonialismo en Etiopía Occidental y Guinea Ecuatorial" (1): 43–61. ISSN 2341-3573. Consultado o 21 de maio de 2019. 
  12. "La jueza archiva la querella contra el investigador Alfredo González". La Voz de Galicia (en castelán). 2008-07-02. Consultado o 2024-10-26. 
  13. "“Quién sabe qué lleva en los bolsillos la momia de Franco”". La Vanguardia (en castelán). 2018-09-07. Consultado o 2024-10-26. 
  14. "Expulsado del Valle de los Caídos por retirar flores de la tumba de Franco". El Español (en castelán). 2017-07-24. Consultado o 2024-10-26. 
  15. "Denuncian la «farsa» del campo de concentración de Jadraque". La Razón (en castelán). 2022-05-09. Consultado o 2024-10-26. 
  16. Morales, Manuel (2024-10-15). "El arqueólogo Alfredo González Ruibal gana el Premio Nacional de Ensayo de 2024 con un recorrido por la historia de la violencia". El País (en castelán). Consultado o 2024-10-26. 
  17. Redacción (2024-10-15). "O arqueólogo galego Alfredo González-Ruibal, Premio Nacional de Ensaio 2024". GCiencia. Consultado o 2024-10-26.