Acción Galega foi unha organización que actuou coma un partido político conformado por exmilitantes do BNG, do PPdG e outros independentes[1], ademais de cinco partidos galeguistas de centro (Partido Galeguista, o Partido Galeguista Demócrata[2], Coalición Galega, Partido Nacionalista Galego-Partido Galeguista[3] e Terra Galega.[4][5]
Acción galega, e polo tanto as formacións que o integran, forma parte de Compromiso por Galicia.
Ten como principais referentes públicos ao ex-militante do PPdG Rafael Cuíña, á ex-conselleira do BNG Teresa Táboas e ao exsenador do Bloque Nacionalista Galego Xosé Manuel Pérez Bouza e ó secretario xeral do PNG-PG Xosé Mosquera.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos
Ligazóns externas
|
---|
Partidos políticos | |
---|
Sindicatos | |
---|
Organizacións armadas | |
---|
Asociacións xuvenís e de estudantes | |
---|
Movementos sociais | |
---|