Spotlight gañou dous premios incluído o de mellor filme, converténdose no primeiro filme desde O maior espectáculo do mundo en gañar só outro premio á parte do principal. Mad Max: Fury Road, con seis galardóns, foi o filme máis premiado da edición.[2]The Revenant gañou tres premios, incluídos o de mellor director (segundo consecutivo na categoría para Alejandro González Iñárritu e mellor actor para Leonardo DiCaprio, primeira vitoria tras cinco candidaturas previas en máis de vinte anos. A audiencia televisiva foi de 34.42 millóns de telespectadores nos Estados Unidos.[3]
A Academia tamén celebrou a sexta edición dos Premios Gobernadores o 14 de novembro de 2015, durante a cal foron presentados os Oscar de Honra e o Premio Humanitario Jean Hersholt.
Pouco despois do anuncio das candidaturas, moitos medios observaron unha falta de diversidade entre os nomeados das principais categorías. Por segunda edición consecutiva, os vinte intérpretes e catrod dos cinco directores candidatos eran caucasianos.[5] O activista April Reign foi acredidato por inicar o cancelo #OscarsSoWhite.[6] Ademais, a actriz Jada Pinkett Smith e o Spike Lee anunciaron plans para boicotear a cerimonia e animaron a non ver a emisión por televisión en protesta da falta de diversidade.[7] O actor e modelo Tyrese Gibson e o rapeiro 50 Cent fixeron presión sobre Chris Rock para que renunciase a presentar a cerimonia.[8]