David Mark Rylance Waters, nado en Ashford (Kent) o 18 de xaneiro de 1960 é un actor director e dramaturgo inglés coñecido como Mark Rylance.
Traxectoria
Fillo de Anne Skinner e David Waters, profesores de inglés, mudouse con eles a Connecticut en 1962 e a Wisconsin en 1969. O seu pai era profesor na Escola Universitaria de Milwaukee, á que asistiu Rylance. Traballou en moitas obras teatrais da escola co director Dale Gutzman, incluíndo o papel protagonista de Hamlet en 1976.[1]
Elixiu como nome artístico o de Mark Rylance porque a súa elección inicial, Mark Waters, xa estaba rexistrada. En 1982 e 1983 actuou coa Royal Shakespeare Company (RSC) en Stratford-upon-Avon e Londres. En 1990 fundou a súa propia compañía teatral, "Phoebus' Cart", coa que se converteu na súa dona, Claire van Kampen
Como actor de cinema destacou en filmes como Intimacy (2001). En outubro de 2015 estreou Bridge of Spies, dirixido por Steven Spielberg, co que logrou boas críticas e gañou varios premios.[2]
En 1995 converteuse no primeiro director artístico do teatro Shakespeare's Globe, posto que mantivo ata 2005. En 2013 o teatro levou a Broadway dúas producións con elencos masculinos. Rylance gañou o Tony pola súa interpretación de Olivia en Twelfth Night e foi candidato por interpretar a Ricardo III na obra homónima.
Filmografía
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
- Mark Rylance: Play – A Recollection in Pictures and Words of the First Five Years of Play at Shakespeares's Globe Theatre. Photogr.: Sheila Burnett, Donald Cooper, Richard Kolina, John Tramper. Shakespeare's Globe Publ., Londres, Reino Unido. 2003. ISBN 0-9536480-4-4.
- The Wisdom of Shakespeare Series by Peter Dawkins (Foreword by Mark Rylance):
- The Wisdom of Shakespeare in As You Like It. I.C. Media Productions, 1998. Paperback. ISBN 0-9532890-1-X.
- The Wisdom of Shakespeare in The Merchant of Venice. I.C. Media Productions, 1998. Paperback. ISBN 0-9532890-0-1.
- The Wisdom of Shakespeare in Julius Caesar. I.C. Media Productions, 1999. Paperback. ISBN 0-9532890-2-8.
- The Wisdom of Shakespeare in The Tempest. I.C. Media Productions, 2000. Paperback. ISBN 0-9532890-3-6.
- The Wisdom of Shakespeare in Twelfth Night. I.C. Media Productions, 2002. Paperback. ISBN 0-9532890-4-4.
- Peter Dawkins. The Shakespeare Enigma (Foreword by Mark Rylance). Polair, UK. 2004. Illustrated paperback, 476pp. ISBN 0-9545389-4-3.
- John Abbott. Improvisation In Rehearsal (Foreword by Mark Rylance). Nick Hern Books, UK. 2009. Paperback, 256pp. ISBN 978-1-85459-523-2.
- Dave Patrick. The View Beyond: Sir Francis Bacon: Alchemy, Science, Mystery (The View Series) (Foreword by Mark Rylance, Ervin Lazslo, Rose Elliot). Deep Books, UK. 2011. Paperback, 288pp. ISBN 978-1-905398-22-5.
Ligazóns externas