Stratford-upon-Avon

Modelo:Xeografía políticaStratford-upon-Avon
Imaxe

Localización
Mapa
 52°11′34″N 1°42′23″O / 52.1928, -1.7064
EstadoReino Unido
PaísInglaterra
RexiónsMidlands do Oeste - West Midlands
Condado non metropolitanoWarwickshire (pt) Traducir
Distrito non metropolitanoStratford-on-Avon (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Capital de
Poboación
Poboación30.495 (2021) Editar o valor en Wikidata (1.106,4 hab./km²)
Xeografía
Superficie2.756,23 ha Editar o valor en Wikidata
Altitude72 m Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Creación1196 Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Código postalCV37 Editar o valor en Wikidata
Fuso horario
Prefixo telefónico01789 Editar o valor en Wikidata

Sitio webstratford-tc.gov.uk Editar o valor en Wikidata

Stratford-upon-Avon é unha cidade situada ao sur do condado de Warwickshire, en Inglaterra. No ano 2001 contaba cunha poboación de 23.676 habitantes. A principal atracción turística é todo o relacionado coa casa de William Shakespeare e as súas propiedades.

Localización

Stratford-upon-Avon está preto da segunda cidade máis grande do Reino Unido, Birmingham, é fácil acceder a ela grazas á saída 15 da M40. Mediante tren se pode acceder desde Birmingham (Snow Hill station, Moor Street station) así como desde Londres, cun servizo de arredor de sete trens directos desde a estación de Londres Marylebone.

Historia

Lugar de nacemento de William Shakespeare

A cidade ten orixes anglosaxoas e foi crecendo coma un burgo, cidade mercado, durante a Idade Media. Na cidade se atopa río Avon, que a cruza por un parque moi frecuentado polos turistas e mesmo polos habitantes do lugar. “Stratford-upon-Avon”, significa Stratford sobre o Río Avon, tamén chamada só Stratford. Para diferenciar o Distrito da cidade, se empregan os termos upon-Avon para a cidade e on-Avon para o Distrito.

Tamén pode dar confusión con Starford (no London Borough of Newhan) como parte das infraestruturas dos Xogos Olímpicos de Londres no 2012. É mundialmente coñecido por ser o lugar de nacemento e defunción de William Shakespeare. A cidade está unida ao teatro e ó turismo, recibe uns tres millóns de visitantes ó ano procedentes de todo o mundo.

Véxase tamén

Ligazóns externas