Joy Newsome, tamén coñecida como Ma e o seu fillo Jack de cinco anos viven retidos polo vello Nick nun pequeno alpendre no xardín dunha casa. No cuarto non hai fiestras, agás unha lumieira no teito. Durante o transcurso do filme, Ma e máis Jack realizan distintas actividades para non se aborrecer, e Ma protexe a Jack da realidade, porén decide tomar a decisión de lle contar ao neno o que en realidade acontece e tentan fuxir.
O 3 de setembro de 2013 anunciouse que Lenny Abrahamson dirixiría o filme, con guión de Emma Donoghue baseada na súa propia novela "Room". Ed Guiney produciríaa a través de Element Pictures.[10] O 9 de abril de 2014, Brie Larson uniuse para interpretar o papel principal de Ma.[11] O 10 de novembro, Joan Allen, William H. Macy e Jacob Tremblay uníronse ao filme.[12]
A fotografía principal comezou o 10 de novembro de 2014 na cidade de Toronto e rematou o 15 de decembro de 2014. No seu rol coma "Ma", a actriz Brie Larson consultou con expertos e nutricionistas para poder levar un papel máis realista. Larson despois indicou que a súa nova personaxe era nun filme "cunha historia de amor, liberdade e perseveranza que se sente medrar se converterse nunha propia persoa". Esta película marca a terceira colaboración entre a actriz Joan Allen e William H. Macy despois de protagonizar previamente xuntos en Searching for Bobby Fischer e Pleasantville.
Rodaxe
A rodaxe do filme comezou o 10 de novembro de 2014 en Toronto, e rematou o 15 de decemrbo de 2014.[13]
Lanzamento
A compañía de distribución A24 Films, adquiriu os dereitos do filme nos Estados Unidos. Sóubose que a estrea mundial sería o 4 de setembro de 2015 no Festival de Cine de Telluride. O filme amosouse tamén na sección de presentacións especiais no Festival Internacional de Cinema de Toronto, no ano 2015. Recibiu tamén unha presentación especial no Festival de Cinema de Londres, o 11 de outubro de 2015. O filme comezou unha estrea limitada o 16 de outubro de 2015.[14]
Recadación
A partir do 26 de xaneiro de 2016 calcúlase unha estimación recadada dun total de 9,1 millóns de $ en todo o mundo.
Recepción
Room ten recibido críticas positivas, Metacritic dálle ao filme unha media de 86 puntos sobre 100, baseadas nos comentarios dos críticos, o que indica "aclamación universal".[15]. Algúns críticos describiron a actuación de Brie Larson e Jacob Tremblay coma unha actuación que fai da película un filme inesquecíbel e desgarrador.
Recoñecementos
Room recibiu unha cantidade numerosa de premios e nomeamentos. Brie Larson en particular, sinalouse cos premios da Asociación de Críticos de Cinema de Chicago, e varias outras organizacións de críticos de cinema de adxudicación co galardón de mellor actriz. Larson tamén recibiu nomeamentos para o Premio da Crítica, Screen Actors Guild, e gañou o Globo de Ouro á Mellor Actriz. Emma Donoghue, encargada do guión e Jacob Tremblay tamén teñen recibido atención de premios. Ademais, Room recibiu catro nomeamentos da Academia que se celebrou o día 28 de febreiro de 2016, levando finalmente Larson o Óscar á mellor actriz.