Se non se indica outra cousa, os datos están tomados en condicións estándar de 25 °C e 100 kPa.
A 5-metiluridina, tamén chamada ribotimidina[1], é un nucleósido de pirimidina. É o equivalente como ribonucleósido do desoxirribonucleósidotimidina, ao cal lle falta un grupo hidroxilo na posición 2'. A 5-metiluridina contén unha base timina enlazada ao azucre ribosa. Pode obterse ao degradar os ARNt,[2] xa que é unha das bases raras que se encontra no brazo T (ou TΨC) do ARNt.