Área sanitaria de Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos
A área sanitaria de Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos é unha das sete áreas sanitarias en que se divide o sistema público de saúde galego. O seu territorio coincide co da provincia de Lugo, e divídese en tres distritos sanitarios: o Distrito sanitario de Lugo, no centro da provincia, o Distrito sanitario da Mariña ao norte da provincia, e o Distrito sanitario de Monforte de Lemos ao sur.[1]
O Distrito sanitario de Lugo conta co Complexo Hospitalario Universitario de Lugo, que ofrece atención sanitaria a unha poboación de 205.737 cidadáns con tarxeta sanitaria.[3] O Distrito sanitario da Mariña conta pola súa banda co Hospital Público da Mariña que dá servizo aos 65.567 cidadáns con tarxeta sanitaria do distrito.[4] Por último, no Distrito sanitario de Monforte de Lemos, o Hospital Público de Monforte ten adscritas 41.992 tarxetas sanitarias.[5]