En 1910 fundou, xunto co sacerdote Ángel Ayala, a Asociación Católica Nacional de Propagandistas (ACNP). En 1911 creou a Editorial Católica,[4] editora dalgúns diarios rexionais e mais da segunda época do xornal El Debate, do que foi director durante 22 anos (1911-1933).[4]
Durante os anos 20 desenvolveu un labor de proselitismo e organización das xuventudes católicas. En 1926 creou a Escola de Xornalismo de El Debate.
Cando se proclamou a II República adoptou como táctica ante o novo réxime a súa teoría do accidentalismo, unha adaptación prudente ante unhas circunstancias adversas. Afirmaba que o importante era o contido e a orientación do réxime, non a forma de goberno. Esta postura creou polémica con outros medios, como o diario ABC, defensor radical da institución monárquica.
Cando se creou Acción Nacional, intentou formar unha poderosa forza de dereitas. Foi renomeada como Acción Popular, por non estar autorizado o emprego do termo nacional para designar institucións ou organismos non estatais. Foi designado o primeiro presidente da súa xunta directiva. Presentouse como candidato ás eleccións a Cortes Constituíntes por Madrid, mais non resultou elixido. Tamén creou a Biblioteca de Autores Cristianos (BAC).[4][5]
Volveu a España en 1943, cando foi designado coadxutor da parroquia de Santa Lucía en Santander. Nesta cidade creou un centro de estudo para sacerdotes mozos, do que saíron varios futuros bispos. Desde unha posición indirecta e de forma vocacional continuou na política. En 1945 foi enviado a Roma e a Lausana polo ministro de Asuntos Exteriores, Alberto Martín-Artajo, para sondar a actitude da Santa Sé sobre un hipotético acordo entre o ditador Franco e Juan de Borbón. E a partir desa data, múltiples persoeiros da Asociación Católica Nacional de Propagandistas pasaron a colaborar activamente co réxime franquista.[6]
Episcopado
En 1947 foi nomeado bispo de Málaga. Nesta diocese, as súas homilías dominicais reflectían o seu pensamento social, moi influído pola doutrina do papa León XIII. Nesta provincia creou unhas 250 escolas rurais, que alfabetizaron a máis de 25.000 persoas.[3]
Asistiu ao Concilio Vaticano II, en que participou nos debates sobre O esquema da Igrexa e o mundo moderno. Aos 75 anos dimitiu da sé malagueña por petición do papa Paulo VI, quen o nomeou cardeal o 25 de xaneiro de 1965. [4] Tralo seu pasamento, foi soterrado na catedral de Málaga.
Periodista de Honor, pola Escola de Xornalismo da Igrexa (1955)
A Asociación Católica de Propagandistas (ACdP) dedicoulle a exposición itinerante "Herrera Oria, su tiempo y su obra. Una vida al servicio del bien común", que visitou varios episcopados[5]
García Colorado, Concepción (2006). "El cardenal don Ángel Herrera Oria y su obra social". En Campos y Fernández de Sevilla, Francisco Javier (coord.). La Iglesia española y las instituciones de caridad(en castelán). San Lourenzo do Escorial (Madrid): EDES (Ediciones Escurialenses). pp. 1013–1026. ISBN84-89788-16-2.
García Escudero, José María (1998). De periodista a cardenal: vida de Ángel Herrera. Madrid: Biblioteca de Autores Cristianos. ISBN978-8479143886.
García Escudero, José María (1987). El pensamiento de Ángel Herrera: antología política y social. Madrid: La Editorial Católica. ISBN84-220-1274-X.
Gutiérrez García, José Luis (2009). Estudios sobre Ángel Herrera Oria. Colección Centenario, nº 4 (en castelán). Madrid: CEU Ediciones. ISBN978-84-96860-99-5.
Herrera Oria, Ángel (2009). Gutiérrez García, José Luis, ed. Obras completas(en castelán). (9 vols.). Madrid: Biblioteca Autores Cristianos. ISBN978-8479149499.
Maestre, Agapito (2009). El fracaso de un cristiano. El otro Herrera Oria(en castelán). Madrid: Tecnos. ISBN978-84-309-5017-1.
Herrera Oria, Ángel: Obras completas (9 vols., edición de José Luis Gutiérrez García), Madrid: Biblioteca de Autores Cristianos, 2002-2009.
Sánchez Jiménez, José (1986). El Cardenal Herrera Oria: Pensamiento y acción social(en castelán). Madrid: Encuentro. ISBN9788474901504.