Yason Smohozhevskyi (en ucraíno: Ясон Смогожевський; en polaco: Jason Smogorzewski; en belaruso: Ясон Смагаржэўскі), nado o 3 de maio de 1715 e finado o 1 de novembro de 1788 en Varsovia (Voivodato de Mazovia, Coroa do Reino de Polonia), foi un eclesiástico grecocatólico ruteno, metropolita de Kíiv e Galicia e toda a Rus dende 1780 até a súa morte.
Traxectoria
O 3 de xullo de 1740 foi ordenado sacerdote.
O 5 de setembro de 1758 foi nomeado arcebispo coadxutor da arquieparquía de Polack, sendo consagrado bispo o 31 de decembro do mesmo ano polo arcebispo de Durrës Giuseppe Schirò, e tendo como principais co-consagrantes ao arcebispo titular de Teodosia Giorgio Maria Lascaris e ao bispo emérito de Făgăraș Inocențiu Micu-Klein.
O 18 de xullo de 1762, á morte de Floriian Hrebnytskyi, sucedeuno como arcebispo de Polack.
En 1779 foi nomeado administrador da arquieparquía de Kíiv logo do pasamento de Lev Sheptytskyi. Ao ano seguinte foi elixido metropolita de Kíiv, Galicia e toda a Rus, renunciando ao cargo de arcebispo de Polack.
Finou o 1 de novembro de 1788 en Varsovia.
Véxase tamén
Bibliografía
|
---|
Arcebispos de Polack logo da Unión de Brest | |
---|
Bispos auxiliares | |
---|
Administradores apostólicos | |
---|
|
---|
Até o Gran Cisma | |
---|
Logo do Unión de Florencia | |
---|
Metropolitas de Kíiv e Galicia logo da Unión de Brest | |
---|
Metropolitas de Kíiv (1807 - 1838) | |
---|
Metropolitas de Galicia | |
---|
Arcebispos Maiores de Lviv | |
---|
Arcebispos Maiores de Kíiv-Galicia | |
---|