Sylvestr Sembratovych (en ucraíno: Сильвестр Сембратович, en polaco: Sylwester Sembratowycz), nado o 3 de setembro de 1836 en Desznica (entón parte do Reino de Galicia e Lodomeria, actual Polonia) e finado o 4 de agosto de 1898 en Lviv, foi metropolita de Lviv e primado da Igrexa Católica Bizantina Ucraína entre 1885 e 1898.
Traxectoria
Sylvestr Sembratovych naceu o 3 de setembro de 1836 en Desznica, unha vila entón parte do Reino de Galicia e Lodomeria, no Imperio Austríaco.
O 1 de novembro de 1860 foi ordenado sacerdote.
O 28 de febreiro de 1879 foi nomeado bispo auxiliar de Lviv e bispo titular de Iuliopolis. Recibiu a consagración episcopal o 20 de abril de mans do metropolita de Lviv Yosyf Sembratovych.
O 12 de febreiro de 1885 foi elixido para dirixir a Igrexa Católica Bizantina Ucraína como metropolita de Lviv. O 29 de novembro de 1895 o papa León XIII creouno cardeal, co título de Cardeal-Presbítero de Santo Stefano al Monte Celio.
Finou en Lviv o 4 de agosto de 1898.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
|
---|
Bispos de Lviv logo da Unión de Brest | |
---|
Arcebispos de Lviv e metropolitas de Galicia | |
---|
Arcebispos Maiores de Lviv | |
---|
Arcebispos de Lviv | |
---|
|
---|
Até o Gran Cisma | |
---|
Logo do Unión de Florencia | |
---|
Metropolitas de Kíiv e Galicia logo da Unión de Brest | |
---|
Metropolitas de Kíiv (1807 - 1838) | |
---|
Metropolitas de Galicia | |
---|
Arcebispos Maiores de Lviv | |
---|
Arcebispos Maiores de Kíiv-Galicia | |
---|