Atanasii Sheptytskyi (en ucraíno: Атанасій Шептицький; en polaco: Atanazy Szeptycki; en belaruso: Атанасій Шаптыцкі), nado c. 1686 en Voshchantsi (Voivodato de Rutenia, Coroa do Reino de Polonia) e finado o 12 de decembro de 1746 en Lviv, foi un eclesiástico grecocatólico ruteno, metropolita de Kíiv e Galicia e toda a Rus dende 1729 até a súa morte.
Traxectoria
Naceu en 1686 en Voshchantsi nunha familia nobre.[1] En 1703, pola influencia do seu tío, Varlaam Sheptytskyi, entrou no noviciado dos basilianos no mosteiro de Univ, onde Varlaam era arquimandrita.[1] Na vida relixiosa tomou o nome de "Atanasii". Posteriormente estudou filosofía e teoloxía no seminario pontificio de Lviv que levaban os teatinos, onde foi ordenado sacerdote en 1710.[1] Posteriormente, en 1713 foi nomeado el mesmo arquimandrita de Univ.[1]
En 1715 foi nomeado bispo de Lviv, recibindo a consagración episcopal o 13 de setembro de mans do metropolita de Kíiv Lev Kyshka.[1]
O 1 de marzo de 1728 foi elixido arcebispo coadxutor de Kíiv, converténdose o 17 de agosto de 1729 en metropolita.[1]
Notas
- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 P.P. Basiliani, ed. (1959). Epistolae metropolitarum, archiepiscoporum et episcoporum: 1714-1762 (en latín). p. 155.
Véxase tamén
Bibliografía
|
---|
Bispos de Lviv logo da Unión de Brest | |
---|
Arcebispos de Lviv e metropolitas de Galicia | |
---|
Arcebispos Maiores de Lviv | |
---|
Arcebispos de Lviv | |
---|
|
---|
Até o Gran Cisma | |
---|
Logo do Unión de Florencia | |
---|
Metropolitas de Kíiv e Galicia logo da Unión de Brest | |
---|
Metropolitas de Kíiv (1807 - 1838) | |
---|
Metropolitas de Galicia | |
---|
Arcebispos Maiores de Lviv | |
---|
Arcebispos Maiores de Kíiv-Galicia | |
---|