Este artigo contén varias ligazóns externas e/ou bibliografía ao fin da páxina, mais poucas ou ningunha referencia no corpo do texto. Por favor, mellora o artigo introducindo notas ao pé, citando as fontes.
A rexión austríaca da Polonia, que formaría parte máis tarde de Ucraína, era coñecida co nome de Galicia, mentres que a zona do norte de Hungría anexionada coñecíase na época como Lodomeria. Deste xeito costituíuse o Reino de Galicia e Lodomeria.
Lemberg foi a capital da Galicia austríaca, que estaba dominada en gran parte pola aristocracia polaca, aínda que a poboación fose case toda ucraína ou rutena.
Numerosa era tamén a poboación xudía na zona, concentrada na parte oriental da provincia.
Durante o primeiro decenio do goberno austríaco, Galicia foi gobernada directa e firmemente desde Viena, que fixo moitas e significativas reformas na burocracia local, levadas a cabo por alemáns e checos xermanizados.
A aristocracia tiña garantidos os seus dereitos, aínda que estes foron considerabelmente limitados. A servidume, neste contexto da reforma, non foi eliminada, pero en cambio foi sometida a unha lei que garantía aos seus compoñentes algunhas liberdades individuais, como a liberdade de matrimonio. As súas obrigas de traballo foron definidas e limitadas, e non estaban excluídos da xustiza ordinaria.
En 1859, a consecuencia das derrotas militares austríacsas en Italia, o Imperio austríaco entrou nun período de reformas costitucionais e, en 1860, o goberno de Viena emitiu o Diploma de outubro co cal se realizou unha primeira federación do imperio coa conseguinte descentralización das súas institucións.
Así, en 1861 o Reino de Galicia e Lodomeria obtén a posibilidade de dispoñer dunha asemblea lexislativa (o Sejm de Galicia).
O Reino de Galicia e Lodomeria continuou a costituír parte integrante do Imperio Austrohúngaro até a súa disolución como consecuencia da derrota do exército imperial á fin da primeira guerra mundial.
Moi pronto foron reestruturados os territorios polacos adquiridos na primeira partición de Polonia, que eran coñecidos como Kreise (círculos) (voivodatos en Polonia). En novembro de 1773 creáronse 59 Kreisdistriktes (distritos administrativos, mentres que os círculos foron suprimidos. Algúns ex voivodatos incorporáronse completamente, mentres que a maioría deles só o foron parcialmente. Entre eles estaban o ex voivodato de Belz, Rutenia, Cracovia, Lublin, Sandomierz e Podolia. Tamén durante a guerra ruso-turca de 1769Bucovina foi ocupada polo Imperio ruso que a cedeu en 1774 ao Imperio austríaco como unha "mostra de aprecio".
Principais cidades
Divisións administrativas
O Reino dividiuse en numerosos condados (powiat) que, en 1914, eran uns 75.[1]
Ademais de ser Lwów (hoxe Lviv) a capital do reino, Cracovia era considerada como a capital non oficial da parte occidental de Galicia, sendo a segunda cidade máis importante da rexión.
Davies, Norman (2011): Vanished Kingdoms: The History of Half-Forgotten Europe. Londres: Allen Lane. ISBN 978-1-84614-338-0.
Hann, Christopher e Paul Robert Magocsi, eds. (2005): Galicia: A Multicultured Land. Toronto: University of Toronto Press. ISBN 0-8020-3781-X. Lectura parcial.
Magocsi, Paul Robert (1983): Galicia: A Historical Survey and Bibliographic Guide. Toronto: University of Toronto Press. ISBN 0-8020-2482-3. Lectura parcial.
Taylor, A.J.P. (1990): The Habsburg Monarchy 1809–1918. A History of the Austrian Empire and Austria-Hungary Londres: Penguin Books UK. Lectura parcial.