Xosé Rubia BarciaNome orixinal | (es) José Rubia Barcia |
---|
|
Nacemento | 31 de xullo de 1914 Mugardos, España |
---|
Morte | 6 de abril de 1997 (82 anos) Santa Monica, Estados Unidos de América |
---|
Educación | Universidade de Granada |
---|
|
Campo de traballo | Filoloxía hispánica, Literatura árabe, lingua árabe e literatura |
---|
Ocupación | crítico literario, ensaísta, xornalista de opinión, dramaturgo, escritor, tradutor, filólogo, profesor universitario |
---|
Empregador | Universidade de California, Os Ánxeles |
---|
Membro de | |
---|
|
|
|
|
Xosé Rubia Barcia, nado en Mugardos o 31 de xullo de 1914 e finado en Santa Monica (California) o 6 de abril de 1997,[1] foi un escritor e crítico literario galego.
Traxectoria
Estudou o bacharelato en Ferrol e posteriormente trasladouse a Granada para estudar Filosofía e Letras. En 1935 obtivo a licenciatura de Letras con premio extraordinario. Colaborou no xornal Política. Foi agregado da Universidade de Valencia e xefe de redacción da revista Armas y Letras, órgano de Milicias de la Cultura. Nos últimos meses da guerra civil española foi xefe de negociado da Subsecretaria de Armamentos do Ministerio da Guerra. Acabada a guerra e logo de pasar por un campo de concentración francés, logrou chegar a Cuba onde deu conferencias e fundou a Escola Libre da Habana e a Academia de Artes Dramáticas. Permaneceu na illa ata 1943, ano en que marchou a Estados Unidos de América para ensinar na Universidade de Princeton, pasando despois a Nova York. En 1944, traballou de comentarista e escritor do programa en español da radio norteamericana da Office of War Information. Ese mesmo ano marchou con Luis Buñuel a Hollywood e traballou como escritor e director de dobraxes nos estudios Warner Brothers. Escribiu con Buñuel guións cinematográficos, tales como, La novia de los ojos ensangrentados e La novia de la medianoche. En 1945 casou coa actriz Eva López, nos Ánxeles. A partir de 1954 pertenceu ao claustro do Departamento de Español e Portugués da Universidade de California, en Los Ángeles, do que chegou a ser titular en 1961, e desde 1985, profesor emérito de Literatura española.
En 1954 estivo a punto de ser deportado pola "Caza de Bruxas" do senador Joseph McCarthy e ao ano seguinte trasládase a Portugal para ver a súa familia; como llo impediron, trasladase coa súa muller a París.
Obtivo o Premio José Vasconcelos en 1983 e ese mesmo ano foi nomeado membro correspondente da Real Academia Galega.[2]
Obra
Poesía
- Noche de Galicia.
- Tres en uno.
Ensaio
- España y IV.
- El esperpento y su signo universal.
- La Pardo Bazán y Unamuno.
- Umbral de sueños.
- Poetas españoles en USA.
- Lengua y cultura.
- Mascarón de proa.
- Memoria de España.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Ligazóns externas