Xesús Palmou

Modelo:BiografíaXesús Palmou
Biografía
Nacemento17 de agosto de 1949 Editar o valor en Wikidata (75 anos)
Rodeiro, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor en Wikidata
Partido políticoPartido Popular Editar o valor en Wikidata
Membro de

BUSC: palmou-lorenzo-xesus-1949

Xesús Carlos Palmou Lorenzo, nado en Rodeiro en 1949, é un político de corte conservadora galeguista ligado ao PPdeG. É doutor en Dereito, cunha tese sobre a histórica fórmula de relación entre propietarios e caseiros.

Traxectoria

Comezou a súa militancia no PPdG en 1985, seguindo a liña autonomista e galeguista (proposta de administración única, concepto de autoidentificación...), marcada en parte por Xosé Cuíña, de grande influencia na comarca do Deza. Nas eleccións municipais de 1987 resultou escollido concelleiro na Estrada, onde chegou a a ser tenente de alcalde baixo os mandatos de Elvira Fernández e Ramón Campos Durán. Nas Eleccións ao Parlamento de Galicia de 1989 foi elixido deputado.

Compaxinou as responsabilidades no concello e no parlamento ata maio de 1996, cnado pasou a formar parte da Xunta de Galicia, ao ser nomeado Conselleiro de Xustiza polo seu presidente, Manuel Fraga Iribarne. Desde ese posto realizou un labor de esixencia de transferencias competenciais a Galicia perante o Goberno do Estado, de introdución do galego na administración de xustiza e de atribucións policiais propias.

Secretaría xeral

En outubro de 1999 foi elixido Secretario Xeral do PPdeG, substituíndo a Xosé Cuíña, ante o cal renunciou como Conselleiro de Xustiza para centrarse nas súas responsabilidades á fronte do partido. Dende este posto, e por indicación de Fraga, levou aos órganos estatais do PP propostas de resolución sobre o avance no estado das autonomías, un Senado autonómico, e a participación autonómica nas institucións europeas. Seguiu coa liña identitaria dos anos anteriores dos que eran manifestación simbólica a organización de actos populistas como a romaría do Monte Faro xunto a políticos como Fraga, Victorino Núñez, Cuíña ou Diz Guedes.

Con todo, na derradeira lexislatura presidida por Fraga, Palmou levou a cabo as directrices de José María Aznar para minar a rebeldía de conselleiros galeguistas como Cuíña ou Aurelio Miras Portugal trala catástrofe do Prestige.

Palmou non volvería aínda á Xunta de Galicia na remodelación de xaneiro de 2003. Tivo que esperar a xuño dese ano para volver ser Conselleiro de Xustiza, mantendo a Secretaría Xeral do Partido. Nese intervalo produciuse a rebelión de cinco deputados populares ourensáns, antigos membros de Centristas de Galicia, que ameazaron con deixar a Fraga Iribarne sen maioría absoluta no Parlamento de Galicia responsabilizando a Palmou da saída de Cuíña do Gabinete [1]

Era post-Fraga

Trala derrota do PPdeG nas eleccións autonómicas de 2005, Palmou seguiu no Parlamento de Galicia como deputado da oposición. Participou activamente na Lei de Dereito Civil de Galicia e propiciou no relatorio para a reforma do Estatuto de Autonomía importantes e avanzados acordos cos Grupos Parlamentarios do BNG e do PSdeG, se ben ao final non se chegou a un acordo por mor da posición final de Alberto Núñez Feijóo no seu encontro co presidente Touriño e o vicepresidente Anxo Quintana para pechar un texto definitivo.

En 2009 entrou a formar parte do Consello de Contas como conselleiro en substitución de Pedro Puy Fraga.


Predecesor:
Juan Miguel Diz Guedes
 
Conselleiro de Xustiza e Interior
 
1996 - 1999
Sucesor:
Antonio Pillado
Predecesor:
Antonio Pillado
 
Conselleiro de Xustiza e Interior
 
2003 - 2005
Sucesor:
José Luis Méndez Romeu
(Presidencia, Administracións Públicas e xustiza)

Recoñecementos

En 2010 foille concedida a Medalla ó Mérito no Servizo da Avogacía.

Notas

  1. Artigo en El Mundo sobre o destacado papel de Cuiña na política galega con mención á rebelión dos deputados ourensáns. (en castelán)

Véxase tamén

Ligazóns externas