Elvira Fernández Díaz, nada en Becerreá o 22 de decembro de 1939, é unha política galega do PPdeG.
Traxectoria
Mestra. Foi funcionaria da Xunta de Galicia como axente de Extensión Agraria na Estrada dende 1968. Foi elixida concelleira da Estrada pola UCD nas eleccións municipais de 1979 e nas municipais de 1983 como independente, sempre baixo o liderado de Jesús Durán Martínez, alcalde de 1979 a 1983. Tralo falecemento de Durán en setembro de 1984 pasou a ocupar seu escano na Deputación de Pontevedra e o liderado do grupo político no concello. Posteriormente integrouse en Coalición Galega, e trala escisión do sector afín a Pablo González Mariñas pasou a formar parte do Partido Nacionalista Galego (PNG). Nas eleccións municipais de 1987 encabezou a candidatura do PNG á alcaldía da Estrada e foi elixida alcaldesa ó ser a forza máis votada, volvendo ser deputada provincial. Posteriormente ingresou no PPdeG polo cal foi elixida senadora en 1989. Nas municipais de 1991 encabezou a candidatura do PPdeG na Estrada e, pese a ser a forza máis votada, perdeu a alcaldía tras un pacto entre o PSdeG, os independentes de Ramón Campos Durán (escisión do PP) e o BNG. Ó ano seguinte abandonou a política municipal para facilitar o regreso de Durán á disciplina popular, o cal pasaría a ocupar a alcaldía mediante unha moción de censura tralo seu reingreso no partido. Continuou como senadora en Madrid e en 1993 foi elixida deputada no Congreso dos Deputados, onde se mantivo ata 1996. Despois foi xefa do Servizo de Publicacións e Estatística de Agricultura.
Vida persoal
Fernández Díaz está viúva e ten dous fillos.
Véxase tamén
Outros artigos
Ligazóns externas