A xelea real é unha substancia segregada polas glándulas hipofarínxeas da cabeza de abellas novas, de entre 5 e 15 días, que mesturan con secrecións estomacais e que serve de alimento ás larvas depositadas pola abella mestra. É unha masa viscosa dunha suave cor amarela e sabor ácido.
Características
Todas as larvas consomen esta xelea, mais aquelas que serán as futuras mestras reciben unha xelea máis pura, sen pole, mentres que as que serán obreiras recíbena con algúns grans de pole. Ao terceiro día, as obreiras deixan de recibir xelea e pasan a consumir un concentrado de mel, auga e pole, mentres que as futuras mestras continúan consumindo a xelea real toda a súa vida. Isto asegura a supervivencia das abellas mestras, o seu maior tamaño e gran vitalidade para a reprodución. Cabe salientar que a esperanza de vida dunha abella obreira é de 30 a 45 días, mentres que unha mestra pode chegar a vivir até 5 anos. As abellas xeran entre 250 g e 300 g de xelea para a alimentación das mestras.
Retarda o proceso de envellecemento da pel e mellora a súa hidratación e elasticidade.
Aumenta a vitalidade e a lonxevidade.
Debido a que se deteriora axiña, debe ser conservada a baixas temperaturas de entre 0 e -2 graos centígrados e en recipentes opacos que impidan o paso da luz.