Walter Veltroni naceu nunha familia acomodada da capital italiana. O seu pai, Vittorio Veltroni, traballara de alto cargo da RAI e o seu avó, Ciril Kotnik, fora embaixador do reino de Iugoslavia na Santa Sé. Despois de rematar o bacharelato non proseguiu carreira universitaria, e dedicouse ao labor político e ao traballo como xornalista. Porén, licenciouse en xornalismo a mediados dos anos noventa.
En 1994 é proposto como candidato a liderar a súa formación enfrontándose a Massimo D'Alema, e sae derrotado. Dous anos máis tarde, e logo da vitoria da coalición de centroesquerda L'Ulivo, Romano Prodi, o novo presidente do goberno, noméao vicepresidente e ministro de Cultura e de Medio ambiente, con competencias ademais sobre os espectáculos e o deporte.
A alcaldía
En 1998 cae o primeiro goberno de Prodi e Veltroni céntrase na xestión do seu partido, que muda outra vez o nome, desta volta para Demócratas de Esquerda, ao entraren nel diversos sectores republicanistas, católicos, laicos, laboristas etc. É o seu partido quen en 2001 o presenta como candidato á alcaldía de Roma, e obtén o 53% dos votos, converténdose en alcalde e relegando á oposición ao conservador da Casa das LiberdadesAntonio Tajani. Catro anos máis tarde é reelixido co 61,45% dos votos, derrotando nesta oportunidade a Gianni Alemanno.
O 23 de maio de 2007 entra a formar parte do consello nacional do larvario Partido Democrático, que pretendía substituír a anterior formación de Demócratas de Esquerda, e onde empeza a obter apoios para acceder ao posto de secretario xeral. Presenta a súa candidatura o 27 de xuño, cun programa baseado en catro piares: medio ambiente, pacto xeracional, educación e seguridade. O proceso de elección faise aberto a toda a cidadanía, e participan nel tres millóns de italianos, que o escollen claramente por diante dos outros candidatos: Rosy Bindi, Enrico Letta, Mario Adinolfi, Pier Giorgio Gawronski e Jacopo G. Schettini. A creación do Partido Democrático tivo lugar oficialmente pois, o 14 de outubro de 2007, día da convocatoria electoral.
Candidato a presidente do goberno
Cando a comezos de 2008 cae o segundo goberno Prodi, Veltroni postúlase como candidato e para iso dimite do seu cargo de alcalde o 13 de febreiro. As eleccións teñen lugar o 13 e 14 de abril, e Veltroni figura como número dous da lista de centroesquerda nas circunscricións de Sicilia II, Campania II, Lacio I e Lombardía I, ademais de ser o elixido como candidato a presidente do goberno pola coalición do Partido Democrático-A Italia dos Valores.
1981 - Il sogno degli anni '60. Un decennio da non dimenticare nei ricordi di 46 giovani di allora, Milán, Savelli.
1982 - Il calcio è una scienza da amare. 38 dichiarazioni d'amore al gioco piu bello del mondo, Milán, Savelli.
1988 - Diritto all'informazione e normativa anti-trust. La relazione illustrativa della proposta di legge dei gruppi del Pci e della Sinistra indipendente alla Camera sulla regolamentazione del sistema delle comunicazioni di massa. Roma, 23 maggio 1988, Roma, Commissione informazione e propaganda della Direzione del Pci.
1995 - Carlo e Norberto Valentini, Veltroni. Al governo? Il Kennedy della sinistra italiana parla di sé, della politica, dei politici e disegna il futuro del nostro paese, Bologna, Carmenta.
É afeccionado ao baloncesto. É seareiro do Virtus Roma e presidente de honra da Liga de Baloncesto Italiana dende 2007. En fútbol apoia a Juventus. Está casado e ten dous fillos. É ateo.