En 1885 graduouse en física e matemática pola Universidade de San Petersburgo, prolongando a súa formación durante os dous anos seguintes en diversas universidades europeas. A partir de 1890 foi profesor de mineraloxía e cristalografía na Universidade de Moscova, onde se doutorou en 1897. Membro da Academia Rusa de Ciencias dende 1912, traballou para esta institución ata a súa morte. Á vez foi fundador (1918) e primeiro presidente da Academia Ucraína de Ciencias. Por este e outros motivos é considerado compatriota tanto polos ucraínos como polos rusos.
Vernadskii foi discípulo de Vasili Dokuchaiev (1840-1903), fundador da edafoloxía, quen lle transmitiu unha comprensión integradora da natureza. Eduard Suess, que tamén fora influído por Dokuchaiev, forxou a palabra biosfera sen chegar a definila, sendo Vernadski quen a popularizóu no eido científico. Vernadskii é especialmente célebre polo seu libro A biosfera (1926), onde presenta a vida como a forza xeolóxica que dá forma á terra. Vernadskii foi fundador de varias novas disciplinas como a xeoquímica, a bioxeoquímica e a radioxeoloxía. Por darlle ao concepto de biosfera o seu contido actual, é considerado como un dos fundadores da ecoloxía e o pai da visión moderna do sistema Terra.[6]
Concibía a Terra como a superposición de cinco realidades integradas: a litosfera, entendida como esfera sólida da Terra; a atmosfera; a biosfera; a tecnosfera, o resultado da alteración producida polo home; e a noosfera, a esfera do pensamento. Á vez vía a historia do planeta como unha evolución autónoma con tres etapas dominadas respectivamente pola evolución xeolóxica, a evolución biolóxica e a evolución da cultura. Foi un dos primeiros científicos en recoñecer o osíxeno, nitróxeno e dióxido de carbono da atmosfera terrestre como resultado de procesos biolóxicos. Vernadskii observou a dependencia da composición atmosférica con respecto á actividade biolóxica, ofrecendo da Terra un concepto moi próximo ao proposto máis tarde por James Lovelock coa súa hipótese Gaia.[6][7]
Foi un dos primeiros científicos en recoñecer a radioactividade como fonte da enerxía térmica xeolóxica.[4][8]
Vladimir Vernadskii deixou unha grande estela de seguidores na Unión Soviética, a cal constituíu unha escola separada. A influencia de Vernadskii na ecoloxía occidental produciuse a través dalgúns dos seus discípulos, e da tradución ao inglés de dúas das súas obras: Geochemistry (1924) e The Biosphere (1926). Cómpre salientar a influencia das súas nocións sobre Teilhard de Chardin e Lyndon LaRouche, no que o uso do concepto de noosfera deriva directamente do de Vernadskii.[6]
Obras
Geochemistry, publicada en ruso en 1924.
The Biosphere, publicada en ruso en 1926.
Essays on Geochemistry & the Biosphere (recompilación dos seus ensaios, publicada en 2006)
Diarios
Dnevniki 1917–1921: oktyabr 1917-yanvar 1920 ("Diarios 1917–1921"), Kíiv, Naukova dumka, 1994, ISBN5-12-004641-X, 269 pp.
Dnevniki. Mart 1921-avgust 1925 ("Diarios 1921–1925"), Moscow, Nauka, 1998, ISBN5-02-004422-9, 213 pp.
Dnevniki 1926–1934 ("Diarios 1926–1934"), Moscova, Nauka, 2001, ISBN5-02-004409-1, 455 pp.
Dnevniki 1935–1941 v dvukh knigakh. Kniga 1, 1935–1938 ("Diarios 1935–1941 en dous volumes. Volume 1, 1935–1938"), Moscova, Nauka, 2006,ISBN5-02-033831-1,444 pp.
Dnevniki 1935–1941 v dvukh knigakh. Kniga 2, 1939–1941 ("Diarios 1935–1941. Volume 2, 1939–1941"), Moscova, Nauka, 2006, ISBN5-02-033832-X, 295 pp.
↑Samson, Paul R.; Pitt, David C. (1999). The Biosphere and Noosphere Reader: Global Environment, Society, and Change. Londres: Routledge. ISBN978-0-415-16644-7.
↑ 6,06,16,2Margulis, Lynn; Sagan, Dorion (2009). "2". ¿Qué es la vida?(en castelán) (3ª ed.). Barcelona: Tusquets Editores S.A. pp. 44–47. ISBN978-84-7223-799-5.|data-acceso= require |url= (Axuda)
↑Margulis, Lynn; Sagan, Dorion (2003). "8. El planeta Gaia". Captando genomas(en castelán) (1ª ed.). Barcelona: Kairós. pp. 178–87. ISBN84-7245-551-3.|data-acceso= require |url= (Axuda)
↑Margulis, Lynn; Sagan, Dorion (2009). "2". ¿Qué es la vida?(en castelán) (3ª ed.). Barcelona: Tusquets Editores S.A. p. 44. ISBN978-84-7223-799-5.|data-acceso= require |url= (Axuda)
Vernadsky, Vladimir Ivanovich. La biosfera, A.Machado Libros, S.A. 1997.
Margulis, Lynn; Sagan, Dorion (2009). ¿Qué es la vida?(en castelán) (3ª ed.). Barcelona: Tusquets Editores S.A. ISBN978-84-7223-799-5.
Samson, Paul R. The Biosphere and Noosphere Reader: Global Environment, Society and Change. Routledge, 1999.
Imperial Moscow University: 1755–1917: encyclopedic dictionary. Moscova: Russian political encyclopedia (ROSSPEN). A. Andreev, D. Tsygankov. 2010. pp. 120—122. ISBN978-5-8243-1429-8.
"Science and Russian Cultures in an Age of Revolutions" ISBN0-253-31123-3