Vjosa Osmani veu á luz na entón denominada Mitrovica e Titos que formaba parte de Iugoslavia no seo dunha familia de etnia albanesa[3] medrou con catro irmáns, e completou a súa educación primaria e secundaria na súa cidade natal [4]. Osmani era adolescente durante a Guerra de Kosovo e os soldados chegaron a asaltar a casa familiar armados con AK-47[5].
Osmani foi dende 2006 profesora asistente na Universidade de Pristina [7], lectora no RIT Kosovo dende 2010, [7][4] e profesora visitante en 2009, 2010 e 2015 na Universidade de Pittsburgh, que lle outorgou o premio Sheth International Young Alumni Achievement en 2017 [8].
Política
Osmani principiou a súa actividade política na adolescencia, como activista da formación de centrodereita Liga Democrática de Kosovo (LDK). O 27 de agosto de 2009 o entón presidente Fatmir Sejdiu[4] elixiuna como xefa do seu gabinete. Osmani tamén serviu como asesora xurídica e máis de política exterior do presidente. [8]. O 12 de decembro de 2010 accedeu por primeira volta á Asemblea de Kosovo e permaneceu durante tres mandatos, ata o 4 de abril de 2021 [8][4].
Osmani contribuíu á independencia de Kosovo como representante do presidente na Comisión da Constitución, o órgano que elaborou a constitución de Kosovo. Representou a Kosovo nun caso na Corte Internacional de Xustiza, e alí defendeu a legalidade da independencia de Kosovo [9].
Como parte das súas funcións parlamentarias exerceu como presidenta da Comisión de Asuntos Exteriores, Diáspora e Investimentos Estratéxicos e máis da Comisión de Integración Europea. Tamén actuou como vicepresidenta do Comité de Reformas Constitucionais de Kosovo[8]. En 2014 Osmani enfrontouse coa dirección do LDK, incluído o líder do partido Isa Mustafa, ao criticar ao LDK por formar un goberno de coalición co seu histórico rival, o Partido Democrático de Kosovo (PDK), incumprindo os compromisos realizados [10][11]. Osmani tamén boicoteou a elección do presidente en 2016 e na que no marco do acordo de coalición a Asemblea elixiu o líder do PDK, Hashim Thaçi[10][12]
Eleccións de 2019
O LDK considerouna para o posto de primeira ministra de Kosovo nas eleccións parlamentarias anticipadas de 2019 [9] e durante campaña electoral, a propia Osmani afirmou que o pobo kosovar estaba preparado para ter unha muller como primeira ministra e que iría loitar contra da corrupción e facer reformas en favor do libre mercado [13][14]. Así e todo, perdeu as eleccións ante Albin Kurti, líder do partido de esquerdas antisistema Vetëvendosje, e recibiu 176.016 votos.
Presidenta da Asemblea
Logo de establecerse un acordo de goberno entre Vetëvendosje! e máis o LDK, ela convértese na presidenta da Asemblea de Kosovo o 3 de febreiro de 2020.
O 20 de xuño de 2020 a Osmani destituírona como vicelíder do seu partido, logo do líder do LDK, Mustafa, pedise a súa destitución por mor da oposición pública ás decisións tomadas polo partido. [11][15]. O primeiro ministro Avdullah Hoti substituíuno como número dous do partido [11]. O 7 de setembro Osmani deixou o LDK e afirmou que o partido non lle deixara opción, mais engadiu que volvería se o partido se reformaba [16][17].
Presidenta en funcións
En 2020 Osmani converteuse na presidenta en funcións de Kosovo despois do presidente Thaçi dimitir por unha acusación do Tribunal Especial para Kosovo na Haia[18].
Como preparación para as eleccións parlamentarias de Kosovo de 2021, Osmani anunciou o 2 de xaneiro de 2021 que ía fundar un partido político, Guxo[19] e axuntouse co partido Vetëvendosje de Kurti nunha plataforma anticorrupción, ambos os dous partidos lograron vitorias contundentes, e Osmani recibiu persoalmente máis de 300.000 votos[18]. Nesas eleccións aumentou o peso das mulleres, ao lograr un terzo dos escanos e seis postos de quince no gabinete, algo que non tiña precedente [18].
Pola contra, o LDK, o antigo partido de Osmani, foille moi mal nas eleccións, tal e como prognosticaran varios membros do LDK que criticaran publicamente o cesamento de Osmani en 2020 [20][11][21], quedou terceiro coa perda da metade dos seus deputados, e o líder do partido Mustafá cesou o 14 de marzo[22][23][24].
Presidencia
O 4 de abril de 2021 a asemblea elixiuna como presidenta de Kosovo na terceira rolda de votacións [2][6]. Aínda que á votación non acodiron dous partidos da oposición nin a Lista Serbia, 82 dos 120 parlamentarios votaron no segundo día da sesión extraordinaria [25][18][26]. Así e todo, algún dos deputados da oposición non participou no boicot [27] e Osmani logrou 71 votos, houbo tamén 11 votos inválidos, e xa que logo, ao obter a maioría suficiente xurou por un mandato de cinco anos, converténdose na segunda muller en asumir a Kosovo[25][6]. Osmani afirmou que esperaba normalizar as relacións entre Kosovo e Serbia, ao tempo que pediu as desculpas de Belgrado pola guerra que levou á declaración de independencia de Kosovo e o procesametno dos que cometeran crimes de guerra[2][25].
Como esixe a lexislación kosovar, antes de xurar o cargo, Osmani deixou a dirección do seu partido [28][29][30] e a nova ministra de Asuntos Exteriores Donika Gërvalla substituíuna á fronte de Guxo [31].