O AK-47, acrónimo de Avtomat Kalashnikova, modelo 1947 (do ruso Автомат Калашникова образца 1947 года), é un fusil de asaltosoviético deseñado por Mikhail Kalashnikov do que se realizou o primeiro prototipo en 1946[1]. Kalashnikov fora combatente ruso durante a segunda guerra mundial e durante unha convalecencia nun hospital comezou a realizar deseños de armas. O AK-47 converteuse no rifle oficial da URSS entre 1949 e 1978, e na arma lixeira por excelencia [2].
Historia
Kalashnikov durante a súa estancia no hospital para se recuperar dunhas feridas de gravidade nun brazo que lle provocara unha bomba, comezou a realizar deseños para fabricar un novo rifle, xa que as anticuadas carabinas soviéticas eran de difícil uso e daban todo tipo de complicacións ós soldados do Exército Vermello. Entón, Kalashnikov realizou o deseño dun fusil baseado no M1 Garand estadounidense pero o exército soviético adoptou o deseño de Sergei Gavrilovich Simonov que deu lugar ao SKS, AK-47, pero o exército precisaba un verdadeiro rifle de asalto. Kalashnikov e o seu equipo enviaron varios deseños, chamados AK-1 e AK-2 que pasaron á seguinte rolda, pero no modelo de 1947 realizáronse modificacións gañando en eficacia[3]. En 1949[4], o modelo usa cartuchos de 7.62 x 39 mm, e permite o disparo totalmente automático, o que o converteu no primeiro rifle de asalto despois do MP 44, o Exército Vermello adoptouna como arma principal da infantaría, substituíndo ao subfusilPPSh-41, aínda que non foi ata 1954 cando entrou en servizo a grande escala. Posteriormente os países do Pacto de Varsovia elixírona como arma regulamentaria para os seus exércitos durante a guerra fría. Debido ao seu excelente rendemento, o AK-47 converteuse na espiña dorsal do Exército Vermello. O fusil foi mellorado; hai varias versións como o AKM, M1986 PA, RPK, Tipo 56 ou Tipo 58 e varios construtores de armas inspiráronse no seu deseño para crearen novos fusís baseados nel como os RK-62, AK-74, RPK- 74, AK-103IMI Galileo, ou o INSAS, entre moitos outros.