A súa orixe está na Rede de Acción de Kosovo (KAN) que fundaran en 1997 a escritora norteamericana Alice Mead e activistas internacionais para apoiar as protestas dos estudantes pola ocupación do campus da Universidade de Pristina pola policía iugoslava.Durante a guerra de Kosovo o KAN participou na documentación dos crimes de guerra e nos anos 1999 e 2000 KAN fixo campaña pola liberación dos prisioneiros de guerra albaneses. Un dos líderes das protestas estudantís foi Albin Kurti e so o seu liderado esta rede converteuse nunha organización de activistas locais con sede en Kosovo en 2003[13] que promovía a cidadanía activa e a participación política directa das masas [14].
O 10 de xuño de 2004, 1000 activistas da KAN protestaron contra da Misión de Administración Interina das Nacións Unidas en Kosovo (UNMIK), calificándoa como réxime antidemocrático e organización criminal. O KAN consideraba a UNMIK como un ocupante de Kosovo que lle estaba negando o seu dereito á independencia, ademais de conducilo á erosión económica e social. Noutras actividades, os activistas do KAN opuxéronse á descentralización do goberno local por liñas étnicas e esixiron a devolución dos corpos das persoas desaparecidas na guerra de Kosovo, con independencia da súa etnia [15].
Movemento social
O 12 de xuño de 2005 activistas do KAN empregaron o slogan "Jo Negociata - VETËVENDOSJE!" ("Sen negociacións - AUTODETERMINACIÓN!") nas paredes da UNMIK, o que marcou a transformación oficial do KAN en Vetëvendosje. A continuación seguiu establecemento de sedes de Vetëvendosje na maioría dos concellos de Kosovo e en países cunha importante diáspora albanesa . O 25 de xullo de 2005, os activistas de Vetëvendosje distribuíron exemplares da Resolución 1514 da ONU ante a sede da UNMIK. Seguiron outras actividades contra a UNMIK, que Vetëvendosje consideraba unha organización que non representaba os intereses do pobo de Kosovo. Vetëvendosje estaba pola independencia de Kosovo baseada no dereito á autodeterminación dos pobos, que, segundo Vetëvendosje, estaba garantido pola Resolución 1514 da ONU[15]. Entre os obxectivos dos activistas de Vetëvendosje atopábanse vehículos da UNMIK con sinais da ONU, aos que os activistas engadiron a letra F ao principio e o D ao final dando como resultado FUND, que en albanés significa Fin . Vetëvendosje tamén organizou protestas ante a sede das Nacións Unidas tanto en Nova York como en Kosovo durante as visitas dos xefes de Estado de Serbia ou doe mediadores das negociacións. Activistas de Vetëvendosje lanzaron ovos podres contra de Boris Tadić, o presidente de Serbia, cando visitou Kosovo. Tamén puxeron pintura vermella nas rúas que conducen á residencia presidencial de Kosovo cando Martti Ahtisaari visitou Kosovo, como símbolo do sangue derramado na guerra de Kosovo, e sobre o que, segundo Vetëvendosje, Ahtisaari estaba camiñando co seu plan [15].
En xaneiro de 2007 segundo datos da propia organización contaba con 18 sedes, 1000 activitas e 10000 doadores[16]. O 10 de febreiro de 2007 Vetëvendosje organizou unha gran manifestación contra do Plan Ahtisaari e do proceso de descentralización. A manifestación contou coa asistencia de máis de 60 000 persoas e tivo lugar nas rúas de Pristina. Despregouse a policía antidisturbios logo de ter indicios que, supostamente, planeaban asaltar as oficinas do goberno. Tras este despregamento, comezaron os enfrontamentos entre a policía antidisturbios da UNMIK e os manifestantes. A policía da UNMIK disparou gases lacrimóxenos e balas de goma contra a multitude, o que provocou o caos. Os axentes da policía romanesa da UNMIK mataron dous dos manifestantes disparándolles na cara con balas de goma anticuadas [17]. Morreu un dos manifestantes que estaba entre a multitude, e outro que se agachaba dos gases lacrimóxenos no interior do Hotel Iliria, e alí recibiu un disparo na cabeza. Ademais dos dous falecidos, a protesta provocou outros sete feridos graves e 73 leves [18]. Un manifestante que recibiu un disparo de carón do corazón sobreviviu tras estar durante moito tempo en coma e houbo de vivir co proxectil no peito ata a súa morte natural en 2020[19]. Unha investigación interna da UNMIK revelou que os manifestantes morreron por balas de goma anticuadas que dispararon 10 dos membros da policía romanesa, pero rexeitaron presentar cargos porque non estaba claro quen fixera os disparos mortais [17]. Por outra banda, a policía arrestou o líder de Vetëvendosje, Albin Kurti, ao que acusaron de tres delitos: liderar unha multitude para presuntamente cometer delitos penais, chamar á resistencia e interromper medidas policiais. En 2010 un xuíz da EULEX condenouno a 9 meses de prisión, mais ao levar 5 meses en prisión preventiva e máis outros 5 en arresto domiciliario, quedou en liberdade.
O 25 de agosto de 2009 Vetëvendosje organizou protestas en Pristina que se tornaron violentas, coa destrución de 28 vehículos da EULEX e un manifestante e tres policías feridos[20].
Partido político
Vetëvendosje participou por primeira volta nun proceso electoral nas eleccións lexislativas de 2011 e logrou 14 dos 100 escanos posibles, os outros 20 estaban reservados ás minorías. Na Asemblea o partido mantívose na oposición. Non participou no terceiro e último intento das eleccións presidenciais e abandonou a sesión ao alegar que Behgjet Pacolli non era nin persoal nin politicamente idóneo para exercer como presidente[21].
O 31 de marzo de 2011 fusionouse co Partido Novo Espírito que recibira o dous por cento dos votos nas eleccións e non lograra representación no parlamento[22]. O seu máximo dirixente Shpend Ahmeti converteuse en vicepresidente de Vetëvendosje e gañou as eleccións locais en Prishtina en 2013 e de novo en 2017. Para substituír a Behgjet Pacolli, que dimitira o 30 de marzo, Vetëvendosje propuxo o escritor e antigo disidente Adem Demaçi, finalmente Atifete Jahjaga foi a elixida tras un acordo entre o PDK, LDK e AKR. Vetëvendosje non participou na votación e colgou carteis diante o edificio do goberno en Pristina co lema Welcome to the Banana Republic.
En xaneiro de 2012 activistas de Vetëvendosje intentaron bloquear os dous principais pasos fronteirizos entre Kosovo e Serbia. Durante as protestas foron 13 os policías feridos e 50 manifestantes, entre eles o vicepresidente de Vetëvendosje[23]. En outubro Vetëvendosje convocou unha manifestación en Pristina para impedir o comezo das negociacións entre Kosovo e Serbia, e varios centos de manifestantes intentaron asaltar o parlamento e a sede do goberno[24].
O 26 de abril de 2013 o Partido Socialista de Kosovo (PSK), liderado por Ilaz Kadolli, fusionouse con Vetëvendosje [25]. O PSK non tiña presenza na Asemblea de Kosovo, pero tiña varios representantes nas asembleas locais. Pouco despois, o 23 de xullo dese ano incorporouse o Movemento Popular de Kosovo (LPK), coas súas estruturas en Kosovo e no estranxeiro [26][27]. O LPK fundárase en 1982 como unha agrupación nacionalistamarxista de organizacións da diáspora albanokosovar en Europa Occidental con simpatías, ata a súa caída, polo réxime albanés de Hoxha[28] e considérase, tamén, a orixe do UCK[29], e xa boa parte do seu liderado unírase despois da guerra ao Partido Democrático de Kosovo, creado en 1999 por Hashim Thaçi.
En marzo de 2015 Visar Ymeri, único candidato dunhas eleccións internas, sucedeu ao líder do partido, Albin Kurti como novo presdidente do partido[30]. Nas eleccóns lexislativas de 2017 Vetëvendosje medrou significativamenante ata se converter no principal partido parlamentario co 27,5 % dos votos e 32 dos 120 escanos da Asemblea, e en votos pasou de 99 397 a 200 135[31]. Non obstante, Vetëvendosje permaneceu na oposición, xa que se formou a coñecida como coalición PANA que formaron o PDK, a AAK e Nisma que estableceu o goberno de Ramush Haradinaj co AKR e os partidos das minorías étnicas. En marzo de 2016, activistas de Vetëvendosje envorcaron dous camións que transportaban mercadorías serbias en protesta contra da decisión serbia de non aceptar libros escolares editados en Kosovo no val de Preševo, territorio habitado maioritariamente por albaneses, pero fóra de Kosovo, no sur de Serbia[32][33][34][35].
En xaneiro de 2018 Kurti volveu á presidencia do partido. Para evitar a votación no parlamento dun acordo fronteirizo con Montenegro os deputados de Vetëvendosje utilizaron gases lacrimóxenos e granadas de fume[36]. Non obstante, esa estratexia tronzou á formación e en marzo Vetëvendosje dividiuse, e así 12 dos 32 deputados marcharon en protesta contra do estilo autoritario e métodos radicais da dirección que encabezaba Kurti e crearon un grupo parlamentario independente[37]. Tamén deixou a formación o vicepresidente,Shpend Ahmeti, para se unir ao Partido Socialdemócrata de Kosovo (PSD). Así e todo, Kurti levou ao partido a novos éxitos nas eleccións lexislativas de 2019 ao converter a Vetëvendosje no partido máis forte do parlamento co 26,3% dos votos e 29 dos 120 escanos. Tras acordar unha coalición co conservador LDK e máis a Lista Serbia, Kurti tornouse o primeiro ministro en febreiro de 2020. Non obstante, o acordo de coalición rematou en marzo de 2020 por diferenzas na forma de xestionar a pandemia de COVID-19. En xuño de 2020 o antigo viceprimeiro ministro Avdullah Hoti, do LDK, formou un goberno sen Lëvizja Vetëvendosje, que volveu liderar a oposición. Para as eleccións lexislativas anticipadas de febreiro de 2021 a formación concorreo en coalición con Guxo, o partido que creara tras deixar o LDK a presidenta do parlamento Vjosa Osmani. Co 50,3% dos votos emitidos e 58 escanos no parlamento, a lista conxunta acadou o resultado electoral máis alto xamais conseguido por unha formación en Kosovo e Kurti pasou a ser de novo primeiro ministro.
Ideoloxía e premisas
Identíficase a Vetëvendosje como de centroesquerda[38] e de esquerdas que basea o seu programa en tres eixos principais: meritocracia, estado de desenvolvemento e estado de benestar [39]. Vetëvendosje apoia a economía de libre mercado cun papel activo do estado a través da propiedade de industrias clave, a promoción das exportacións e a substitución de importacións. A meritocracia, denominada alternativamente Estado de xustiza por Vetëvendosje, consiste nunha transparencia radical, controles e equilibrios, así como a separación de poderes e ningunha interferencia do goberno na xustiza. Por último, cre que estado de benestar ha garantir a igualdade de resultados, e non só de oportunidades, que se consegue mediante unha fiscalidade progresiva e a protección das minorías e dos grupos vulnerables[40]. Ademais, Vetëvendosje adhírese ao nacionalismo e ao populismo albanés nas súas políticas sobre o futuro de Kosovo, as relacións con Albania e os albaneses étnicos nos Balcáns e a diáspora máis ampla[41][42]. Está considerado como o principal partido nacionalista no mundo albanés contemporáneo e avogou pola protección dos albaneses no val de Presevo e Macedonia do Norte, así como por un referendo sobre a posible unificación de Kosovo coa veciña Albania[43]. Así e todo, o partido está pola plena independencia de Kosovo sen control internacional nin descentralización por orientación étnica, polo que está contra do Plan Ahtisaari e considera que a soberanía debe recaer exclusivamente no pobo kosovar.
Estado de xustiza
O primeiro piar do programa político de Vetëvendosje é o estado de xustiza, a través do que busca cambiar a lexislación, combater a corrupción e aumentar a confianza dos cidadáns nas institucións estatais. Vetëvendosje quere modificar a constitución de Kosovo e eliminar, entre outras, as partes que derivan do Plan Ahtisaari, a normativa da UNMIK e a lexislación iugoslava. Tamén avoga por garantir unha clara independencia do poder xudicial e introducir máis controis e contrapesos[40].
A loita contra da corrupción é un dos piares do estado de xustiza segundo Vetëvendosje, que quere tomar medidas concretas como unha lei de confiscación de patrimonios ilegais, unha lei antimafia ou unha lei anticorrupción, que, entre outras, permitiría aos tribunais confiscar o patrimonio que se obtivera ilegalmente, independentemente de cando ou onde se conseguiu, así como investigar a conexión do crime organizado co goberno e os abusos da administración pública [40].
Estado de desenvolvemento
O segundo piar do programa de Vetëvendosje é o modelo de estado de desenvolvemento. A través do estado de desenvolvemento, Vetëvendosje busca desenvolver a economía de Kosovo mediante políticas fiscais e monetarias, así como o desenvolvemento da agricultura, a industria e a educación. Tamén está a prol dunha fiscalidade progresiva sobre a renda e as vendas, así como por introducir cambios nos impostos sobre beneficios e propiedade. O sistema fiscal apoiaría á clase media e aos pobres, así como ás empresas que reinvistan os seus beneficios. Ademais, Vetëvendosje está a favor de Kosovo ter unha moeda común con Albania e o abandono do euro, o que segundo Vetëvendosje encarece as exportacións de Kosovo[40][44].
Vetëvendosje ten como obxectivo desenvolver a agricultura subvencionándoa de acordo coas directivas e regulamentos da UE, para que Kosovo sexa independente na produción de alimentos e para combater o desemprego. Ademais, quere apoiar as pemes e empresas públicas a través dun banco de desenvolvemento público [40][45]. Vetëvendosje tamén busca aumentar a produción de enerxía e minerais construíndo unha nova central eléctrica baseada en carbón, revitalizar as minas de Trepça e apoiar as industrias relacionadas. Ademais, quere investigar alternativas verdes á produción de enerxía e aumentar a cooperación con Albania no sector enerxético [40].
No eido na educación, Vetëvendosje pretende adoptar o sistema de educación dual, que se practica principalmente en Alemaña, Austria e Suíza, países cunha importante diáspora albanesa e considera necesario o cambio ao sistema de educación dual para aumentar a calidade da educación en xeral[46].
Estado do benestar
O estado do benestar é o terceiro piar do programa político de Vetëvendosje, que quere combater a desigualdade de ingresos, a discriminación das mulleres e das minorías e pretende mellorar a prestación dos servizos sanitarios introducindo un seguro de saúde baseado no Modelo Bismarck [40]. Vetëvendosje tamén etá a favor de reformar a lei laboral e permitir que os país poidan acollerse ao permiso parental, que a lexislación vixente permite só para a nai. Vetëvendosje busca ademais limitar a xornada laboral a 40 horas por semana e introducir indemnizacións para os traballadores despedidos. Ademais, quere combater o emprego informal e aumentar o poder dos sindicatos de traballadores para o que quere mudar a lei dos sindicatos [40].
Outras cuestións
Vetëvendosje oponse ás relacións bilaterais con países que non respectan a soberanía de Kosovo e quere cooperar con todos os países baseándose no principio de reciprocidade[40][47][48]. Vetëvendosje ten criticado a posición de Kosovo nas súas negociacións con Serbia, e alega que o diálogo habería de se basear en condicións e reciprocidade. Vetëvendosje pretende que Kosovo condicione o diálogo con Serbia a que devolva os cadáveres das persoas desaparecidas da guerra de Kosovo soterrados en fosas comúns en Serbia, e que esta pague as reparacións de guerra a Kosovo e devolva os fondos de pensións e os obxectos roubados do Museo de Kosovo[49]. Vetëvendosje considera inxusto e prexudicial o diálogo con Serbia sen condicións previas e quere que Kosovo negocie primeiro coa súa minoría serbia e coa Unión Europea, e despois de acadar un consenso interno[50] negociar con Serbia. Tamén apoia os principios de democracia directa e feminismo.
Vetëvendosje tamén se identifica coma un partido nacionalista[51]que quere modificar a constitución de Kosovo para eliminar o artigo terceiro, que prohibe a unificación de Kosovo con outros países. Segundo o líder de Vetëvendosje, Albin Kurti, Kosovo deberíase poder unir con Albania de o pobo expresar esta vontade mediante un referendo[52].
Vetëvendosje considera o proceso de privatización das empresas públicas un modelo de corrupción, que contribuíu a aumentar o desemprego, arruinar a economía e frear o desenvolvemento económico do país [40] e está pola disolución da Axencia de Privatización de Kosovo[53].
A formación quere introducir o recrutamento militar obrigatorio en Kosovo, baseado nos estándares da Unión Europea e máis da OTAN e pretende armar Kosovo mediante a cooperación coa OTAN e unirse á alianza no futuro[40][54].
Presidentes de Vetëvendosje
#
Presidente
Nacido-Finado
Inicio do mandao
Fin do mandato
Tempo no cargo
1
Albin Kurti
1975–
12 de xuño de 2005
28 de febreiro de 2015
2
Visar Ymeri
1973–
1 de marzo de 2015
2 de xaneiro de 2018
3
Albin Kurti
1975–
21 de xaneiro de 2018
Titular
Eleccións
Eleccións lexislativas
Despois de cinco anos de participar na escena política de Kosovo mediante protestas e manifestacións, Vetëvendosje tomou a decisión de concorrer ás eleccións lexislativas de Kosovo de 2010, que coincidía co seu quinto aniversario como movemento político. Despois de tomar a decisión a EULEX detivo a Albin Kurti pola súa relación coa protesta do 10 de febreiro de 2007 [55][56][57] Kurti sería condenado a 9 meses de prisión, pero ao levar 5 meses en prisión preventiva e outros 5 en arresto domiciliario polo ese caso, quedou en liberdade [58][59].
En decembro de 2010 Vetëvendosje participou nas eleccións nacionais de 2010 en coalición co Movemento para a Unificación (LB) e obtivo o 12,66% dos votos, o que se traduciu en 14 escanos no parlamento[60]. Os observadores locais e internacionais detectaron moitas irregularidades, entre elas unha taxa de participación do 95% en certos concellos, que eran bastións do PDK[61][62]. Vetëvendosje e LDK impugnaron os resultados electorais en tres centros de votación e as eleccións repetíronse en tres concellos, o que provocou un lixeiro aumento nos votos de Vetëvendosje[63][64]. Vetëvendosje e LB puxeron fin á coalición o 20 de setembro de 2011, despois de desacordos sobre a distribución dos fondos. Os dous deputados de LB abandonaron o grupo parlamentario de Vetëvendosje, polo que se reduciu logo a 12 membros [65].
Eleccións lexislativas de 2014
Nas eleccións de 2014, Vetëvendosje recibiu o 13,59% (99.397 votos), e pasou a terceira forza política da Asemblea de Kosovo con 16 escanos. A pesar da vitoria electoral do PDK, Vetëvendosje e a coalición LDK - AAK - Nisma tentaron formar un novo goberno de coalición. Unha decisión do Tribunal Constitucional de Kosovo que considerou inconstitucional a elección de Isa Mustafa como presidente da Asemblea de Kosovo, levou á ruptura da coalición LDK-AAK-Nisma e o LDK formou co PDK un novo goberno, no que Isa Mustafa asumiu ocargo de primeiro ministro[66]. Xa que logo, Vetëvendosje asumiu o papel de líder da oposición, con AAK e NISMA formando tamén parte dela; esa oposición liderada por Vetëvendosje foi moi agresiva, e opúxose á demarcación da fronteira entre Kosovo e Montenegro e tamén á formación da Asociación de Municipios Serbios. A oposición acusou ao LDK de traizoala e manter o PDK no poder e organizou manifestacións masivas nas rúas e asemade dentro do parlamento utilizou gases lacrimóxenos para bloquear as reunións[67][68].
Eleccións lexislativas de 2017
Nas eleccións de 2017 recibiu o 27,49% (200.132 votos) e converteuse no principal partido político da Asemblea de Kosovo con 32 escanos[69]. En comparación coas eleccións de 2014 duplicou os seus escanos. Malia ser o primeiro partido e grupo parlamentario mantívose na oposición ao se formar a coalición PANA. En 2018 12 deputados abandonaron Vetëvendosje e crearon o Grupo dos Deputados Independentes, que máis tarde se uniu ao Partido Socialdemócrata de Kosovo (PSD). Ademais, a deputada de Vetëvendosje Donika Kadaj-Bujupi reincorporouse á Alianza para o Futuro de Kosovo. Esta división reduciu o grupo parlamentario de Vetëvendosje a 19 escanos[70].
Eleccións lexislativas de 2019
Nas eleccións anticipadas de 2019, convocadas debido á dimisión do primeiro ministro Ramush Haradinaj, Vetëvendosje recibiu o 26,27% (221.001 votos), e de novo volveu ser o primeiro partido da Asemblea de Kosovo con 29 escanos, a pesar de dividirse un ano antes ás eleccións. Os seus votos aumentaron máis dun 10% en relación ás eleccións anteriores, pero debido á maior taxa de participación, recibiu unha menor proporción de escanos no parlamento. Vetëvendosje formou unha coalición con LDK en febreiro de 2020 despois de meses de negociacións, e Albin Kurti converteuse en primeiro ministro de Kosovo. Despois dun desacordo sobre como tratar a pandemia de COVID-19, Kurti detituíu o ministro de LDK, Agim Veliu[71] e como represalia o LDK iniciou unha moción de censura contra o goberno de Kurti, que o parlamento aprobou e , xa que logo, cesou o goberno. O LDK acusou a Vetëvendosje de arruinar as relacións de Kosovo cos Estados Unidos logo dunha tirapuxa co enviado estadounidense para o diálogo Kosovo-Serbia Richard Grenell[72][73][74]. Vetëvendosje seguiu na oposición e Kurti e máis os antigos ministros do goberno de Vetëvendosje non puideron volver ao parlamento porque cesaran antes de asumir funcións executivas, deixándoos fóra da vida institucional de Kosovo ata as vindeiras eleccións [75].
Eleccións lexislativas de 2021
Despois da caída do goberno de Kurti o LDK xunto con AAK, NISMA, a Lista Serbia e outras forzas minoritarias formaron un novo goberno o 3 de xuño de 2020 tras lograr 61 votos, o mínimo necesario para formar goberno. En decembro de 2020, o Tribunal Constitucional declarou ilegal o goberno liderado polo LDK, por estar un dos deputados que o votaron condenado por corrupción, polo que perdera a validez do seu mandato antes da votación [76]. Isto conduciu a novas eleccións, que se celebraron o 14 de febreiro de 2021. Vetëvendosje concorreu xunto con Guxo. Por mor dunha condena por lanzar gases lacrimóxenos, Albin Kurti non puido optar a un escano no parlamento [77]. Vetëvendosje gañou as eleccións e experimentou un aumento significativo na súa porcentaxe de votos, recibindo o 50,28% do total de votos. A lista común con Guxo logrou 58 escanos, con 51 para VV e 7 para Guxo [78]. Como dous membros electos de Guxo entraron no goberno e Osmani converteuse na nova presidenta, tres dos escanos de Guxo pasaron aos seguintes nomes da lista, e así aumentou o número de escanos de VV ata os 53[79]. En abril de 2021 Adelina Grainca, ex-deputada do PDK, uniuse a Vetëvendosje e a formación pasou a 54[80].
Vetëvendosje participou nas eleccións locais de 2013, qo ue significou a primeira participación do partido nas eleccións locais, o seu candidato, Shpend Ahmeti, gañou as eleccións na capital Pristina, un bastión do LDK, ao derrotar ao ata entón alcalde Isa Mustafa. Vetëvendosje logrou tamén postos nas asembleas locais da maioría dos municipios de Kosovo, pero non gañou ningunha outra alcaldía, e en dez concellos non entrou na súa asemblea local: Dragaš, Leposavić, Zvečan, Zubin Potok, Novo Brdo, Gračanica, Mamuša, Parteš, Klokot e Mitrovica Norte[81]. En xeral, Vetëvendosje quedou cuarto cunha diminución de votos en comparación coas eleccións parlamentarias de 2010 [82]. Consideráronse uns resultados non óptimos e o 15 de decembro de 2013 convocouse unha sesión do Consello Xeral do partido para tratar estes resultados así como as medidas necesarias para dar resposta a eles. Segundo as palabras de Shpend Ahmeti durante unha entrevista con Top Channel, tamén houbo cambios no estatuto de Vetëvendosje, que saíron da reunión do Consello Xeral.
Eleccións locais 2017
Nas eleccións locais de 2017, Vetëvendosje gañou en tres municipios: logrou un segundo mandato en Pristina con Shpend Ahmeti, en Prizren con Mytaher Haskuka e en Kamenica con Qendron Kastrati. En Prizren o PDK gobernara durante 18 anos e coñecíase informalmente como a "Xerusalén" do PDK [83]. Non obstante, Shpend Ahmeti e Qendron Kastrati deixaron Vetëvendosje a principios de 2018 despois da división do movemento [84]. No verán de 2019 Agim Bahtiri, alcalde de Mitrovica, uniuse a Vetëvendosje [85]. Despois da dimisión do alcalde, Agim Veliu, celebráronse eleccións extraordinarias en Podujeva o 29 de novembro de 2020 e Shpejtim Bulliqi de Vetëvendosje gañou as eleccións e pasou a ser o alcalde ata as eleccións municipais de 2021[86].
Eleccións locais de 2021
Vetëvendosje participou nas eleccións locais de 2021 e gañou 4 concellos e 193 cargos nos consellos municipais.
En abril de 2019 estableceuse a seccion de Vetëvendosje en Albania[87], que a diferenza de Kosovo non opera como un partido político, senón como unha organización civil, mais que nas eleccións lexislativas de Albania de 2021 apoiou tres candidatros independentes[88].
Controversias
Controversia Madeleine Albright
O 10 de decembro de 2012 a embaixadora dos Estados Unidos Tracey Ann Jacobson acusou a Vetëvendosje de enviar unha carta ameazante á exsecretaria de Estado Madeleine Albright[89]. Vetëvendosje respondeu oficialmente catro días despois, e afirmou que "estaban abraiados coas acusacións, e que Kurti nunca enviara carta ningunha á Sra. Albright, pero se alguén tivese probas debería poñelas a disposición do público" [90] e que eles instaran aos cidadáns de Kosovo a enviaren correos electrónicos ás empresas que estaban a competir pola privatización de PTK para comentarlles do dano que a privatización estaba a causar na economía do país e as prácticas incorrectas que se aplicaran durante o proceso. Ao parecer, un dos participantes era un consorcio de Portugal Telecom con Albright Capital Management [91][92] que abandonou a competición en xaneiro de 2013 [93].
Controversia de protesta de 2013
O 27 de xuño de 2013 o movemento organizou unha protesta contra da ratificación do acordo entre o primeiro ministro de Kosovo, Hashim Thaçi, e o primeiro ministro de Serbia, Ivica Dačić, durante a última rolda de negociacións políticas entre Pristina e Belgrado en Bruxelas que organizou Catherine Ashton. Vetëvendosje tentou bloquear todas as entradas ao edificio do parlamento, para impedir a entrada dos asembleístas, e evitar así que a ratificación do acordo. A protesta non tivo éxito e o acordo votouno a maioría dos membros do parlamento. Durante a protesta, a embaixadora estadounidense Tracey Ann Jacobson resultou cunha ferida no brazo dereito mentres entraba por un acceso secundario canda algúns membros da asemblea. Aínda que as probas do vídeo [94] non mostraban contacto físico entre os manifestantes e a embaixadora, confirmado tamén polo asembleísta do LDK Haki Demolli que entrou no edificio canda o embaixador, o incidente agravou a xa difícil relación entre o Departamento de Estado dos Estados Unidos e Vetëvendosje. A reacción foi rápida, tras a declaración oficial da embaixada dos Estados Unidos, a Vetëvendosje criticárono membros do goberno de Kosovo, políticos e a opinión pública. Incluso un partidario de longa data de Vetëvendosje, o antigo embaixador da OSCE Willim Walker, cualificou a acción como un "grande erro". Segundo o xornal Zëri, o Departamento de Estado dos Estados Unidos chamou ao embaixador de Kosovo, Akan Ismajli, en Washington e requiriulle explicacións oficiais, aínda que non procedeu ningún comentario de fontes oficiais de Kosovo.
A reacción de Vetëvendosje foi imprecisa, e Alma Lama, que axiña deixou a vida pública, foi a primeira en pedir desculpas persoalmente á embaixadora dos Estados Unidos. O 1 de xullo de 2013, Glauk Konjufca pediu desculpas a todos os representantes estranxeiros que visitaron ese día o parlamento de Kosovo e Shpend Ahmeti declarou que lamentaba se alguén resultara ferido, mais os efectos negativos do acordo superaban os efectos secundarios da protesta e engadiu que o goberno estaba intentando amosalos como antinorteamericanos, o que non eran. O asistente adxunto do secretario de Estado na Oficina de Asuntos Europeos e Eurasiáticos Philip Reeker, durante a súa visita a Pristina uns días despois, foi duro e moi directo con Vetëvendosje, e referiuse a eles como "pallasos que queren ser violentos". Vetëvendosje respondeu cualificando as acusacións de Reekers de "inxustas e non democráticas" e enviou unha carta de queixa ao Departamento de Estado dos Estados Unidos.
Outras polémicas
Os activistas e políticos de Vetëvendosje ignoraron e impugnaron a miúdo os símbolos da República de Kosovo, como a bandeira e o himno. Visar Ymeri, presidente de Vetëvendosje nese momento, negouse a erguerse ao soar o himno cando participaba nun congreso da AKR en 2017 e afirmou que o confundiu cunha melodía de Beethoven[95]. Nunha entrevista antes das eleccións lexislativas de 2019 o presidente de Vetëvendosje, dixo que respectaría os símbolos de Kosovo como primeiro ministro, pero como presidente de Vetëvendosje o himno albanés non é só de Albania, pertence a todos os albaneses e os albaneses tiñan moitas cousas en común, como a bandeira ou a historia. A bandeira de Kosovo non tiña para el nin historia nin valor ningún que non sexa o xeográfico e afirmou que a adopción da bandeira kosovar foi un erro, pero habíaa que aceptar [96].
↑Schwandner-Sievers, S. (2013). "Democratisation through Defiance? The Albanian Civil Organisation ‘Self-Determination’ and International Supervision in Kosovo". En Bojicic-Dzelilovic, V., Ker-Lindsay, J., Kostovicova, D. Civil Society and Transitions in the Western Balkans. Palgrave Macmillan. p. 97. doi:10.1057/9781137296252_6.
↑Sörensen, Jens Stilhoff (2009). State Collapse and Reconstruction in the Periphery. Political Economy, Ethnicity and Development in Yugoslavia, Serbia and Kosovo. Berghahn Books. p. 267.
↑Lellio, Anna Di (2006). The Case for Kosova: Passage to Independence. Anthem Press. p. xii.
↑"Parteiheft Nr. 445"(PDF). vetevendosje.org. 27 de febreiro de 2015-02-27. Arquivado dende o orixinal(PDF) o 14 de marzo de 2015. Consultado o 02 de febreiro de 2023.
↑Yabanci, B. (2016). "Populism and anti-establishment politics in Kosovo: a case study of Lëvizja Vetëvendosje". Contemporary Southeastern Europe3 (2): 17–43.
↑Smajljaj, A. (2020). Populism in a never ending and multiple system transformation in Kosovo: the case of Vetevendosje. Journal of Contemporary Central and Eastern Europe, 28(2-3), 199-223.
↑Strazzari, F., & Selenica, E. (2013). Nationalism and civil society organisations in post-independence Kosovo. In Civil society and transitions in the Western Balkans (pp. 117-134). Palgrave Macmillan, London.
« Guerre des Balkans » redirige ici. Pour les conflits qui ont divisé les Balkans dans les années 1912 et 1913, voir guerres balkaniques. Ne doit pas être confondu avec front yougoslave de la Seconde Guerre mondiale. Guerres de Yougoslavie Sens horaire depuis le haut : La police slovène escorte des soldats de l'Armée populaire yougoslave, lors de la guerre de Slovénie ; un char d'assaut T-72 détruit, lors de la bataille de Vukovar ; missiles serbes surplomba...
Filipino politician This biography of a living person needs additional citations for verification. Please help by adding reliable sources. Contentious material about living persons that is unsourced or poorly sourced must be removed immediately from the article and its talk page, especially if potentially libelous.Find sources: Michael Marcos Keon – news · newspapers · books · scholar · JSTOR (October 2016) (Learn how and when to remove this template m...
دوري كازاخستان الممتاز 2001 تفاصيل الموسم دوري كازاخستان الممتاز النسخة 10 البلد كازاخستان التاريخ بداية:28 أبريل 2001 نهاية:22 نوفمبر 2001 المنظم الاتحاد الأوروبي لكرة القدم مباريات ملعوبة 272 عدد المشاركين 17 دوري كازاخستان الممتاز 2000 دوري كازاخستا...
هوركاجو دي لوس مونتس (بالإسبانية: Horcajo de los Montes)[1] - بلدية - هوركاجو دي لوس مونتس (سيوداد ريال) خريطة الموقع تقسيم إداري البلد إسبانيا [2] المقاطعة مقاطعة ثيوداد ريال خصائص جغرافية إحداثيات 39°19′35″N 4°39′00″W / 39.3264384°N 4.650099°W / 39....
Parlemen Basque Eusko LegebiltzarraParlamento VascoJenisJenisUnikameral PimpinanKetuaBakartxo Tejeria, EAJ/PNV sejak 20 November 2012 KomposisiAnggota75Partai & kursiPemerintah (37) EAJ/PNV (28) PSE–EE (9) Oposisi (38) EH Bildu (18) Elkarrekin Podemos (11) PP (9) PemilihanSistem pemilihanDaftar partai tertutup dari tiga konstituen masing-masing dengan 25 kursi, di mana alokasi kursi memakai metode D'HondtPemilihan terakhir25 September 2016Pemilihan...
Biografi ini memerlukan lebih banyak catatan kaki untuk pemastian. Bantulah untuk menambahkan referensi atau sumber tepercaya. Materi kontroversial atau trivial yang sumbernya tidak memadai atau tidak bisa dipercaya harus segera dihapus, khususnya jika berpotensi memfitnah.Cari sumber: Desy Genoveva – berita · surat kabar · buku · cendekiawan · JSTOR (Pelajari cara dan kapan saatnya untuk menghapus pesan templat ini) Desy GenovevaDesy pada tahun 2019La...
Russian Greco-Roman wrestler Murat Kardanov Medal record Men's Greco-Roman wrestling Representing Russia Olympic Games 2000 Sydney 76 kg World Championships 1993 Stockholm 82 kg World Cups 1992 Besancon 82 kg 1995 Schifferstadt 82 kg European Championships 1993 Istanbul 82 kg 1998 Minsk 76 kg 2000 Moscow 76 kg Murat Nausbievich Kardanov (Russian: Мурат Наусбиевич Карданов; Adyghe: Къардэн Мурат, Нэусби и къуэ) (born January 4, 1971, in Zarag...
Genre of fantasy fiction This article is about the subgenre. For other uses, see Swords & sorcery (disambiguation). Not to be confused with Sword and sandal, a genre of Italian costume adventure epic films Fantasy Media Anime Art Artists Authors Comics Films Podcasts Literature Magazines Manga Publishers Light novels Television Webcomics Genre studies Creatures History Early history Magic Magic item Magic system Magician Mythopoeia Tropes Fantasy worlds Campaign settings Subgenres Bang...
Legends of Bikini BottomPromosi karya seni untuk serial ini menggambarkan SpongeBob (kanan bawah) dan Patrick (kiri bawah) di sebuah gua dengan Madame Hagfish (kiri atas), Ma Angler (tengah), dan putri duyung remaja (kanan atas) pada dinding gua.PemeranTom KennyBill FagerbakkeRodger BumpassClancy BrownMr. LawrenceJill TalleyLori AlanNegara asalAmerika SerikatJmlh. episode6Rilis asliJaringanNickelodeonRilis28 Januari –11 Juni 2011 Legends of Bikini Bottom adalah sebuah serial antologi ...
v · mCommunes de la circonscription électorale de Wil Degersheim Flawil Jonschwil Niederbüren Niederhelfenschwil Oberbüren Oberuzwil Uzwil Wil Zuzwil Canton de Saint-Gall Circonscriptions électorales du canton de Saint-Gall Communes du canton de Saint-Gall Documentation de palette[créer] [purger] Ceci est la documentation du modèle {{Palette Communes de la circonscription électorale de Wil}}. Syntaxe L’utilisation de cette palette se fait par l’ajout, e...
Questa voce sull'argomento calciatori ghanesi è solo un abbozzo. Contribuisci a migliorarla secondo le convenzioni di Wikipedia. Segui i suggerimenti del progetto di riferimento. Mohammed Dauda Nazionalità Ghana Altezza 176 cm Peso 69 kg Calcio Ruolo Attaccante Squadra Eldense CarrieraSquadre di club1 2016-2017 Asante Kotoko20 (8)2017-2019 Anderlecht7 (0)2019→ Vitesse16 (3)2019-2020→ Esbjerg22 (4)2020-2021 Anderlecht17 (1)2021-2022→ F...
لمعانٍ أخرى، طالع ديون (توضيح). ديون (قمر) المكتشف جيوفاني دومينيكو كاسيني[1] تاريخ الاكتشاف 21 مارس 1684، و1684[1] سمي باسم ديوني نصف المحور الرئيسي 377420 كيلومتر الشذوذ المداري 0.0022 فترة الدوران 2.736915 يوم[2] الميل المداري 0.019 درجة ت...
Si propone di dividere questa pagina in due, creandone un'altra intitolata Disturbo sadico di personalità. Commento: Siccome si tratta di due argomenti ben distinti, non devono essere sovrapposti nella stessa voce Segui i consigli sulla dimensione delle voci. Vedi anche la discussione. Un esempio di sadismo è togliere un dente a qualcuno traendone piacere. Il sadismo è una parafilia consistente nella ricerca del piacere provocando sofferenza fisica o morale ad altri soggetti.[1]...
Premio de la Agrupación de Críticos y Periodistas de Teatro Otorgado por Agrupación de Críticos y Periodistas de TeatroUbicación México MéxicoHistoriaPrimera entrega 1995[editar datos en Wikidata] Los Premios de la Agrupación de Críticos y Periodistas de Teatro (también Premios ACPT), son un reconocimiento otorgado a lo más destacado en el ámbito teatral en la ciudad de México, la asociación es encabezada por Gustavo Gerardo Suárez como presidente, y cuenta entre sus&...
Yacht race 36th America's CupDefender New ZealandDefender club: Royal New Zealand Yacht SquadronYacht:Te Rehutai[1]Challenger ItalyChallenger club: Circolo della Vela SiciliaYacht:Luna RossaCompetitionLocation:Auckland, New Zealand[2]Dates:10–17 March 2021[2]Rule:AC75Winner: Royal New Zealand Yacht Squadron [3]Score: 7 3← 2017 2024 → The 36th America's Cup in March 2021 was the latest staging of the America's C...
High HopesSampul remixSingel oleh Panic! at the Discodari album Pray for the WickedDirilis23 Mei 2018 (2018-05-23)Direkam2017–2018Genre Pop[1] pop rock[2] Durasi3:10Label Fueled by Ramen DCD2 Pencipta Brendon Urie Jake Sinclair Jenny Owen Youngs Lauren Pritchard Sam Hollander William Lobban-Bean Jonas Jeberg Taylor Parks Ilsey Juber Produser Jake Sinclair Jonas Jeberg Kronologi singel Panic! at the Disco Say Amen (Saturday Night) (2018) High Hopes (2018) Hey Look Ma, I ...
Questa voce sull'argomento centri abitati di El Salvador è solo un abbozzo. Contribuisci a migliorarla secondo le convenzioni di Wikipedia. TacubacomuneTacuba – Veduta LocalizzazioneStato El Salvador DipartimentoAhuachapán TerritorioCoordinate13°54′00.91″N 89°55′55.4″W13°54′00.91″N, 89°55′55.4″W (Tacuba) Altitudine699 m s.l.m. Superficie149,98 km² Abitanti29 858 (2007) Densità199,08 ab./km² Altre informazioniCod. postaleAH-11 Prefiss...
The history of the New York Rangers hockey team began in 1926 when the National Hockey League (NHL) granted a franchise to Tex Rickard, the founder of the team. The New York Rangers experienced early success, winning the Stanley Cup in only their second season of existence, and would go on to win two more in the next 12 years. After their Stanley Cup win in 1940, the Rangers then suffered through one of the longest championship droughts in NHL history, which became known as the Curse of 1940...