Centroesquerda política

En ciencia política, denomínase centroesquerda ao espectro político onde se sitúa a formacións políticas comprendidas entre o centro e a esquerda revolucionaria ou rupturista.[1]

A centroesquerda por tanto oponse non soamente á dereita e á extrema dereita, senón tamén ás ideoloxías e posicionamentos de extrema esquerda.

As ideoloxías de centroesquerda máis comúns en Occidente son o progresismo, a socialdemocracia e o socioliberalismo.

Na maioría de países occidentais, o electorado esencial de centroesquerda compono sectores da clase traballadora urbana, membros da clase media intelectual académica e mesmo a poboación rural en determinados lugares. A diferenza doutros países, nos Estados Unidos os políticos e as propostas políticas de centroesquerda son denominados liberais.

O estudo dos sistemas políticos, mostrou unha tendencia de amplos sectores sociais a autodefinirse no centro ou centroesquerda, xa que ao ser unha posición definida segundo o contexto, a súa ideoloxía varía desde posicións progresistas a outras que algúns consideran neoliberais.

Referencias