A Universidade Autónoma de Barcelona (en catalán: Universitat Autònoma de Barcelona) é unha universidade pública de Cataluña (España), creada en 1968. A maior parte dos seus centros docentes e servizos extra-académicos están no Campus de Bellaterra situado en Cerdanyola del Vallès (Vallès Occidental). Ten tamén centros docentes en Sabadell, Sant Cugat del Vallès, Manresa e na cidade de Barcelona. Conta con 37.166 alumnos e 3.262 profesores.[1]
Forma parte da Rede de Universidades Instituto Joan Lluís Vives.
A UAB imparte 77 titulacións de grao, 328 programas de posgrao e 90 programas de doutoramento.
Centros docentes
- Escola de Enxeñaría
- Escola Universitaria de Deseño e Arte, EINA
- Facultade de Biociencias
- Facultade de Ciencias
- Facultade de Ciencias da Comunicación
- Facultade de Ciencias da Educación
- Facultade de Ciencias Políticas e Socioloxía
- Facultade de Dereito
- Facultade de Economía e Empresa
- Facultade de Filosofía e Letras
- Facultade de Medicina
- Facultade de Psicoloxía
- Facultade de Tradución e Interpretación
- Facultade de Veterinaria
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas