Tundama |
---|
Ficha técnica |
---|
Título orixinal | Tundama |
---|
Director | Diego Yaya Edison Yaya |
---|
Produtor | Edison Yaya |
---|
Guión | Edison Yaya |
---|
Intérpretes | Leonardo Castellanos Zulma Rincón Omar Moyano Óscar Peraffán Magdalena Sánchez |
---|
Música | Diego Yaya Nicolás Jaimes |
---|
Estudio | Dagamedia Audiovisuales |
---|
Estrea | 20 de xullo de 2020 |
---|
Duración | 71 minutos |
---|
Orixe | Colombia |
---|
Xénero | Épico e animación |
---|
Lingua | Muisca e castelán |
---|
Na rede |
---|
|
Tundama é un filme de animación en 3D colombiano estreado o 20 de xullo de 2020. Dirixido por Diego e Edison Yaya, contou coas voces de Leonardo Castellanos, Zulma Rincón, Omar Moyano, Óscar Peraffán e Magdalena Sánchez.[1] A realización do filme tardou arredor de seis anos e contou coa participación de 75 profesionais. Perante a continxencia xerada pola pandemia de COVID-19, Tundama foi unha das primeiras producións cinematográficas colombianas estreadas en formato de autocinema.[2][3][4] É o primeiro filme rodado en lingua muisca,[5] unha lingua que desapareceu c. 1800.[6]
Sinopse
O valente cacique Tundama enfronta a devastadora chegada dos colonizadores españois a América. No medio desta cruenta batalla, dous nenos en busca da súa irmá secuestrada quedan no medio do conflito de culturas e sacan á boia todo tipo de sentimentos que até entón tiñan profundamente agochados.
Personaxes
- Leonardo Castelllanos como Tundama
- Zulma Rincón como Tai
- Omar Moyano como Maldonado
- Óscar Peraffán como Gonzalo Jiménez de Quesada
- Magdalena Sánchez como a nai
- Martha Huertas como a deusa
- Camilo Mejía como Fernán Pérez
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas