Música muisca

Cando os muiscas construían as súas casas (bohíos) cantaban e danzaban mentres construían seguindo o ritmo da música.
A ocarina era un dos instrumentos empregados polos muiscas na súa música.
O xaguar era considerado un animal sagrado, polo que os muiscas imitaban a súa aparencia durante as danzas para obter o agrado dos deuses.

Este artigo describe o uso da música polo pobo muisca. Os muiscas foron unha civilización precolombiana organizada na Confederación muisca antes da conquista española das terras altas centrais (Altiplano Cundiboyacense) da actual Colombia. A música era empregada polos muiscas nos seus rituais relixiosos, para dar a benvida o novo cacique e durante colleita, a sementeira e a construción das casas.

Música muisca

A música dos muiscas era producida nun sentido máxico-relixioso; a música era interpretada durante rituais relixiosos onde os muiscas se reunían para adorar o Sol (Sué), a Lúa (Chía) e outras deidades. A música servía como fonte de esperanza para os guerreiros güechas e para aliviar a dor causada pola morte.[1]

Segundo os cronistas españois, a música dos muiscas era triste e monótona.[2] A xente podía tocar música durante eventos que tomaban un mes completo para compracer aos seus deuses, onde cantaban sobre as guerras libradas e rogaban aos deuses pola vitoria en guerras futuras. Cada vez que se libraba unha guerra, os muiscas bailaban e cantaban.

Durante as épocas de colleita e sementeira na súa agricultura, a xente cantaba e bailaba continuamente. Mentres cantaban, quitaban as rochas soltas dos campos de cultivo. Os sacrificios, ás veces de carácter humano, ían acompañados de música, bailes e cantos. Tamén se facían cando era instaurado un novo caciques como gobernante.[3]

Cando os muiscas construían as súas casas (bohíos), cantaban e bailaban levando a madeira e outros materiais ao ritmo da música. Vestían con diademas de ouro e bebían moita chicha. Durante estes rituais estaban acompañados polo deus da construción e da embriaguez, Nencatacoa.[4]

Instrumentos

Para a súa música, os muiscas empregaban principalmente frautas, tambores e fotutos, instrumentos feitos de caracolas de mar. Tamén usaban ocarinas,[3] así como sikus[5] e copas que facían soar cun seixo no interior.[6]

Danza

As danzas realizábanse durante os períodos de colleita e sementeira seguindo o calendario muisca, e eran realizadas con plumas e disfraces que imitaban a aparencia de animais como o oso de anteollos ou o xaguar.[3] As danzas realizadas durante a construción de casas era danzas mixtas nas cales os homes e as mulleres bailaban collidos das mans.[4]

Notas

  1. Ocampo López, 2007, Ch.V, p.230
  2. Monotonous music of the Muisca Arquivado 10 de maio de 2017 en Wayback Machine. (en castelán)
  3. 3,0 3,1 3,2 Ocampo López, 2007, Ch.V, p.231
  4. 4,0 4,1 Escobar, 1987
  5. Music of the Muisca Arquivado 21 de xaneiro de 2021 en Wayback Machine. - Banco da República - consultado o 5 de maio de 2016 (en castelán)
  6. Duica, 2012, p.4

Véxase tamén

Bibliografía