Trilli

Modelo:BiografíaTrilli
Nome orixinalÁlvaro Pérez Campo
Biografía
Nacemento19 de maio de 2003 Editar o valor en Wikidata (21 anos)
Ortigueira, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónfutbolista Editar o valor en Wikidata
Deportefútbol Editar o valor en Wikidata
Posición de xogolateral dereito

Álvaro Pérez Campo, coñecido como Trilli, nado en Ortigueira o 19 de maio de 2003, é un futbolista galego que xoga como lateral dereito no Barcelona Atlètic, da Primeira Federación.

Traxectoria

Fillo de Jorge Pérez, antigo xogador do Parrulo de fútbol sala, naceu en Ortigueira en 2003, xunto aos seus dous irmáns trixéminos, Javier e Raúl. Os tres entraron na canteira do Racing de Ferrol da man do histórico adestrador Cholo, e en 2014 Álvaro fichou polo Deportivo da Coruña.[1] Foi subindo polas diferentes categorías do club coruñés e na tempada 2020/21 debutou co Xuvenil A na División de Honra, contribuíndo a que o equipo acadase a primeira posición do Grupo 1. Deste xeito disputou a Copa de Campións en Marbella, onde o Deportivo eliminou ao Las Palmas, ao Real Madrid e derrotou na final ao FC Barcelona, proclamándose así campión de España. Esa mesma tempada debutou na Terceira División co Fabril, adestrado por Juan Carlos Valerón, que o colocou de titular en cinco encontros.[2]

No verán de 2021 realizou a pre-tempada co primeiro equipo do Deportivo, adestrado por Borja Jiménez, xogando varios partidos amigables. O 29 de agosto debutou co Deportivo en partido oficial, sendo titular no primeiro encontro da tempada 2021/22 da Primeira División RFEF contra o Celta B en Riazor, que acabou con goleada coruñesa por 5-0.[3] Uns días despois lesionouse no músculo psoas-ilíaco xogando coa selección española sub-19, polo que se perdeu o seguinte mes de competición.[4] Xa recuperado encontrouse coa competencia de Víctor García no seu posto, quedando no banco nos seguintes partidos, ata que tamén o valenciano se lesionou, recuperando así Trilli a titularidade. Con todo, unha nova lesión deixouno outra vez fóra do once e obrigouno a pasar polo quirófano.[5][6]

Na tempada 2022/23 apenas contou con oportunidades co adestrador Óscar Cano, que dirixiu o equipo a meirande parte da competición, situación que suscitou críticas ao técnico por parte da afección.[7][8][9] Recuperou protagonismo coa chegada ao banco de Rubén de la Barrera, pero en xullo de 2023 decidiu aceptar unha oferta do Barcelona Atlètic para xogar no filial catalán.[10]

A súa situación deportiva non mellorou na súa primeira campaña no equipo barcelonés, na que disputou só 443 minutos, despois de sufrir varias lesións musculares.[11]

Selección española

Foi internacional coa selección española sub-16, adestrada por Julen Guerrero, coa que disputou a Copa AEGEAN na cidade turca de Esmirna, chegando ata a final, e disputou tamén un amigable contra a selección de Austria.[12][13] En setembro de 2021, uns días despois de debutar oficialmente co Deportivo da Coruña, fíxoo tamén coa selección española sub-19, xogando dous partidos amigables contra México.[14][15]

Véxase tamén

Ligazóns externas

Notas

  1. Miranda, Carlos (14 de agosto de 2021). "El segundo estirón de Trilli". La Opinión A Coruña (en castelán). Consultado o 30 de agosto de 2021. 
  2. "Trilli amplía su contrato con el Deportivo hasta 2024" (en castelán). 6 de agosto de 2021. Consultado o 30 de agosto de 2021. 
  3. "O Dépor arranca a liga en quinta (5-0)". Deportivo da Coruña. 29 de agosto de 2021. Consultado o 30 de agosto de 2021. 
  4. Rodríguez, Diego (7 de setembro de 2021). "Trilli sufre una lesión en el psoas y será baja ante el Calahorra" (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 25 de maio de 2022. Consultado o 25 de maio de 2022. 
  5. Barreiros, Pedro (14 de abril de 2022). "Los problemas en el lateral del Deportivo: el camino de Trilli a Villares". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 25 de maio de 2022. 
  6. Losada, Víctor (15 de agosto de 2022). "El regreso de Trilli, la mejor noticia del Teresa Herrera" (en castelán). Consultado o 3 de setembro de 2022. 
  7. Yordi, Juan (11 de xaneiro de 2023). "El fútbol español pone sus ojos en Trilli". Marca (en castelán). Consultado o 15 de agosto de 2023. 
  8. "Óscar Cano: «Villares, ahora mismo para el equipo es eso. ¿Dónde falta hacer algo? Ahí lo pones»" (en castelán). 8 de xaneiro de 2023. Consultado o 15 de agosto de 2023. 
  9. Silveira, Xane (9 de xaneiro de 2023). "Óscar Cano aclara qué sucede con Trilli: los motivos por los que prefirió reconvertir a Villares" (en castelán). Consultado o 15 de agosto de 2023. 
  10. "¡Oficial! Trilli ficha por el Barça Atlètic" (en castelán). 23 de xullo de 2023. Consultado o 15 de agosto de 2023. 
  11. Gómez, Xurxo (9 de maio de 2024). "Trilli, el agujero del Barça Atlètic y la oportunidad del Deportivo" (en castelán). Consultado o 9 de outubro de 2024. 
  12. "La Selección Sub-16 no puede con Turquía en la final de la Copa Aegean (2-0)" (en castelán). 19 de xaneiro de 2019. Arquivado dende o orixinal o 30 de agosto de 2021. Consultado o 30 de agosto de 2021. 
  13. "España sub-16 cae ante Austria, con Trilli esta vez no banco". 6 de xuño de 2019. Consultado o 30 de agosto de 2021. 
  14. "Barcia y Trilli debutan con la sub 19 en el 5-1 a México en La Nucía". La Opinión A Coruña (en castelán). 4 de setembro de 2021. Consultado o 6 de setembro de 2021. 
  15. "Trilli se lesiona en el psoas con la selección sub-19". La Voz de Galicia (en castelán). 5 de setembro de 2021. Consultado o 6 de setembro de 2021.